post

[Ferrol] Análise do convenio de Navantia: Marco Xeral

O comunicado sindical do día 5 sobre o convenio afirmaba dúas cousas: 1) Que o día anterior se asinara unha acta final da mesa negociadora; 2) Que se iniciaba o proceso de aprobación do resultado alcanzado.

A pesar dos esforzos por que os textos non se difundan, o texto difundiuse e o seu contido xerou un serio malestar entre os traballadores. A consecuencia disto, a negociación reabreuse, dando como resultado o novo texto do día 10. Pero ESTE TEXTO DO 10 TAMPOUCO É O DEFINITIVO, como recoñeceron tanto o comité de Cartagena nun correo do luns como o comité de San Fernando nas asembleas de onte.

Por tanto, é evidente que os negociadores sindicais se equivocaron ó dar por pechada a negociación o día 4. Os defensores deste convenio/plan están a anunciar unha catástrofe se non se aproba, como xa fixeron no IV Convenio. Entón, os traballadores non lles fixemos caso, o IV Convenio non se asinou e non pasou nada. Agora a situación é moito máis favorable: hai carga de traballo, non está o PP no goberno, o PSOE ten unha situación política moi débil… Se o convenio mellorou entre os días 4 e 10 exclusivamente a causa do malestar nas factorías, ¿CANTO NON PODERÍA MELLORAR SE NOS MOBILIZÁSEMOS? Pero non só se trata do convenio. A taxa de reposición pactada está lonxe da aprobada pola asemblea (recuperar o nivel de emprego de 2005). De feito, o plan nin sequera contempla as baixas por xubilación que se están a producir este ano. Este plan supón outro recorte de persoal. Non podemos contentarnos. Temos que reivindicar MÁIS EMPREGO e que todos os novos ingresos sexan por CONCURSO-OPOSICIÓN, como corresponde a unha empresa pública.

Pero ademais de máis emprego, hai que reivindicar t amén MELLOR EMPREGO. Estes días están a oírse por boca dos defensores deste convenio/plan argumentos propios do PP, no senso de que as condicións laborais son secundarias. Pero non o son. Dende unha posición sindical de clase, é INACEPTABLE que este convenio conteña dous convenios en un, posto que establece unhas condicións inferiores para os novos ingresos.

PEORES CONDICIÓNS PARA OS NOVOS INGRESOS

  • DOUS NIVEIS DE INGRESO CUNHA PERMANENCIA EN CADA UN DELES DE 2 ANOS. AGORA SÓ HAI UN E A PERMANENCIA É DE 6 MESES PARA OS CONTRATOS DE FORMACIÓN E DE 2 MESES PARA O RESTO (art. 31 XXI Co nvenio)
  • NON COBRARÁN DISPOÑIBILIDADE ESPECIAL
  • NON COBRARÁN POLIVALENCIA
  • NON COBRARÁN A PAGA DE COMEDOR-ECONOMATO
  • NON TERÁN COMPLEMENTO DE XUBILACIÓN
  • DEPENDENDO DO QUE SE APROBE NAS CINCO COMISIÓNS A CREAR TRALA SINATURA DO CONVENIO, PODERÍAN PERDER MOITAS MÁIS COUSAS. OS CRITERIOS DE INCORPORACIÓN DOS NOVOS INGRESOS E AS MODALIDADES DE CONTRATACIÓN TAMÉN QUEDAN PARA UNHA COMISIÓN

Ademais, perderán os dereitos que perdemos todos po rque desaparecen do convenio único:

DEREITOS QUE PERDEMOS TODOS

  • A MOBILIDADE ENTRE FACTORÍAS DA MESMA ZONA XEOGRÁFICA SERÁ OBRIGATORIA
  • PÉRDENSE AS ASIMILACIÓNS E HAI RECORTES NOS ASCENSOS
  • O COMPLEMENTO DA BAIXA POR DOENZA COMÚN NON INCLUI RÁ OS TRABALLOS ESPECIAIS
  • A AXUDA POR FAMILIARES CON DISCAPACIDADE DEPENDERÁ DA PORCENTAXE DE DISCAPACIDADE E INTRODÚCENSE NOVAS CONDICIÓNS
  • DESAPARECE A GARANTÍA DO POSTO DE TRABALLO E O COMPROMISO DA EMPRESA DE NON PRESENTAR DURANTE A VIXENCIA DO CONVENIO NINGÚN ERE, AGÁS POR MOR DE SAÍDAS ANTICIPADAS (art. 73 XXI Convenio)

Ademais destas cousas, que xa están claras, quedan pendentes de definir nas futuras cinco comisións aspectos fundamentais do convenio:

ASPECTOS FUNDAMENTAIS A DEFINIR NAS COMISIÓNS

  • PLAN DE EMPREGO
  • CLASIFICACIÓN PROFESIONAL, NOVA ESTRUTURA SALARIAL E ENCADRAMENTO DE TODO O PERSOAL EN AMBAS
  • CRITERIOS DA PROMOCIÓN
  • HOMOXENEIZACIÓN DOS CONCEPTOS RETRIBUTIVOS FIXOS E VARIABLES, E DOS CONCEPTOS SOCIAIS (becas, comedor-economato, cartucho de Nadal…)
  • SEGURO COLECTIVO DE FALECEMENTO INDICADORES DE PRODUTIVIDADE
  • PROTOCOLO DE SUBCONTRATACIÓN

Pero este convenio aínda é peor porque en realidade son TRES CONVENIOS EN UN, posto que toda unha serie de artigos non serían de aplicación ós técnicos superiores:

ARTIGOS QUE NON SE LLES APLICARÍAN ÓS TÉCNICOS SUPERIORES

  • RÉXIME DE QUENDAS
  • TRABALLOS NOCTURNOS
  • TEMPO POR TEMPO
  • PROLONGACIÓN DE XORNADA CONTROL DE PRESENZA
  • DISPOÑIBILIDADE ESPECIAL E POLIVALENCIA
  • VIAXES E DIETAS
  • INCAPACIDADE PERMANENTE TOTAL, ABSOLUTA OU GRAN INVALIDEZ
  • COMPLEMENTO DE XUBILACIÓN

Ademais, terían CRITERIOS DISTINTOS NA PROMOCIÓN E NO RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS

Como se ve, só con isto xa é evidente que hai RETROCESOS MOI IMPORTANTES PARA OS TRABALLADORES. Ademais, hai que sumar toda unha serie de modificacións negativas que sofren diferentes artigos, cuxa análise máis po rmenorizada faremos pública proximamente. ¡E hai que ter en conta que o texto aínda está incompleto! ¿ONDE ESTÁN OS ANEXOS? ¿ONDE ESTÁN AS TÁBOAS? QUE, NESTAS CIRCUNSTANCIAS, O COMITÉ DE EMPRESA POÑA EN MARCHA O PROCESO PARA A SÚA APROBACIÓN É

IMPRESENTABLE.

ESIXIMOS QUE O COMITÉ DEA A COÑECER TODA A INFORMAC IÓN COMO PRIMEIRO PASO, A CONVOCATORIA DUNHA ASEMBLEA XERAL E, Ó SEU DEBIDO MOMENTO, A VOTACIÓN SEPARADA DO PLAN E DO MAL CHAMADO CONVENIO “ÚNICO”.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

2018-12-12 Análise do convenio Marco xeral

 

post

Concentración solidaria en Atento

A CGT convoca o 11 de decembro, martes, unha concentración solidaia ás 13:00 horas, diante do centro de traballo da Coruña (Juan Flórez 80-82), polas sancións a seis representantes sindicais en Atento-Madrid por distribuir información sindical.

O que pretende Atento é intimidar aos traballadores e traballadoras que fan fronte ás súas continuas prácticas de acoso e abuso e frear a actividade da CGT. Pero non nos dan medo e imos seguir denunciando e informando das deplorables condicións de traballo neste sector tan precario. E imos seguir loitando por un traballo digno ata conseguilo.

Sección Sindical CGT en Atento-Coruña

 

post

Ferrol: Por unha Asemblea Xeral en Navantia

Que este convenio está sendo atípico, ou incluso histórico, non se pode dubidar: mínima información, falta de asembleas, ausencia total de mobilizacións para exercer presión, recortes nos dereitos conquistados durante décadas de loita…

  • É moi evidente que, tras fracasar no IV Convenio, estamos ante un novo intento de impoñer pola vía dos feitos consumados un cambio fundamental na dinámica sindical, para acabar co protagonismo dos traballadores na xestión dos nosos asuntos colectivos. Este cambio interesa tanto á empresa como á burocracia sindical.

Interesa á empresa, para que os negociadores sindicais se separen o máis posible dos traballadores, a fin de que as opinións destes non contrarresten os esforzos que ela exerce para que a visión empresarial penetre na cabeza dos sindicalistas. Por iso lle chaman “negociación” a xuntanzas que foron meras proxeccións de power-points, se enclaustran en Los Peñascales, etc.

Interesa á burocracia sindical, para librarse da molesta interferencia dos traballadores e ter as mans libres para argallar o que lles conveña ós seus aparatos sindicais, que teñen os seus propios intereses alleos ós intereses da clase obreira.

O 26 e o 31 de outubro houbo asembleas xerais. En ambas, o comité dixo que trala seguinte xuntanza de negociación convocaría outra. Aínda estamos esperando. E quizais teñamos que seguir esperando porque algún membro do comité de empresa xa recoñeceu que non hai intención de convocala. Unha semellanza máis co IV Convenio.

As cousas hai que facelas como se deben facer. O  PRIMEIRO  É  QUE TÓDOLOS TRABALLADORES DISPOÑAMOS DO TEXTO ÍNTEGRO DO CONVENIO, INCLUÍDOS ANEXOS, TÁBOAS E ACTAS. Unha vez que houbo ocasión e tempo para que se lea e analice, DESPOIS DEBE HABER UNHA RONDA DE ASEMBLEAS DE TALLO PARA QUE O COMITÉ ACLARE DÚBIDAS (que a día de hoxe son moitísimas). O proceso debe CULMINAR NUNHA ASEMBLEA XERAL QUE MANTEÑA UN DEBATE GLOBAL E TOME UNHA DECISIÓN. Así se fixeron sempre as cousas e así se deben facer agora. E se facer as cousas ben implica que a decisión quede para xaneiro, nada o impide, agás, quizáis, que o cobro dos obxectivos d algúns directivos dependa de que o plan/convenio se asine este ano. Pero os intereses persoais dos directivos da empresa non xustifican a chapuza sindical que se está a ver.

Estamos ante un convenio histórico. Pero á historia pasan tanto as cousas boas como as cousas malas. SERÍA REALMENTE HISTÓRICO, EN SENTIDO NEGATIVO, QUE O COMITÉ DE EMPRESA NON CONVOCASE UNH A ASEMBLEA XERAL. E POR ISO MESMO SERÍA INACEPTABLE.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Comunicado da SS Unitaria de CGT en Navantia Ferrol: o acordado para a Industria Auxiliar é manifestamente mellorable

A situación resúmese así:

  • 1) Os acordos aplicaranse en tres tramos: 40% á publicación no convenio provincial, 70% o 1 de xaneiro de 2019 e 100% en novembro de 2019.
  • 2) Os acordos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Transitoria. Esta disposición terá vixencia ata o 30 de xuño de 2020.
  • 3) Paralelamente, as compañías teñen que constituír unha asociación patronal. O prazo para facelo son catro meses.
  • 4) Unha vez constituída, esta asociación patronal e os sindicatos ratificarán os acordos, momento en que os mesmos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Adicional, que terá a mesma vixencia có resto do convenio. (O convenio provincial remata o 31 de decembro de 2019, pero manterá a súa vixencia mentres non se asine outro, segundo recolle o seu artigo 4).

É dicir, a solución acadada onte non é definitiva porque os acordos entran no convenio, pero como Disposición Transitoria con vixencia ata o 30 de xuño de 2020. Por tanto, se a asociación patronal acaba por non constituírse ou se, aínda constituíndose, non ratificase os acordos, estes desaparecían do convenio o 30 de xuño de 2020. Noutras palabras: os acordos entran no convenio provincial de forma provisoria.

A cuestión é: era este o único resultado posible? Non. Por que? Porque hai carga de traballo, e isto é favorable ós traballadores. Pero ademais de haber carga de traballo, ten que haber dúas cousas máis: 1) Vontade dos traballadores de loitar; 2) Vontade sindical de organizar a loita. A primeira haina, e dabondo, como quedou moi claro na asemblea xeral de compañías do venres 19 de outubro, que evidenciou un ambiente moi crítico coas limitacións do acordo (tres tramos, actualización das cantidades ó ano 2014, etc.). A segunda é obvio que falta.

Unha estratexia de mobilización firme, con implicación da principal e buscando a confluencia cos traballadores das outras factorías de Navantia, nalgunha das cales tamén hai un gran ambiente de loita da industria auxiliar, como se demostrou na exitosa folga do metal na bahía de Cádiz o pasado 13 de xuño, permitiría obter moito máis. ¿Ou acaso este acordo limitado alcanzouse grazas á negociación? En absoluto, alcanzouse grazas á folga de outubro do ano pasado. É máis, todo este asunto levaría un ano resolto se CCOO, UGT, MAS e os comités da principal chegan a apoiar a folga daquela, no canto de colaborar abertamente coa patronal para tentar afundila. En vez de aceptar acordos limitados, hai que darlle unha oportunidade á loita, o único camiño para que os traballadores logremos avances.

Tampouco se entenden tantas presas por ratificar isto. Despois de todo un ano de negociación, tendo que esperar aínda outro ano máis para poder cobrar o 100%, a que veñen tantas presas de celebrar hoxe ás 10:00 unha asemblea xeral para ratificar un preacordo acadado onte ás 21:30 horas? De verdade que non se podería explicar e debater primeiro en asembleas parciais, moito máis participativas, e que a asemblea xeral decisoria fose mañá ou pasado? Vese que, como en Navantia co convenio, tampouco na industria auxiliar hai moita vontade sindical de que os traballadores teñan tempo a ler con tranquilidade, pensar por si mesmos e chegar ás súas propias conclusións.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia Ferrol.

 

post

Manifestación luns, 10 de setembro: a loita continúa en Atento A Coruña

Dentro da campaña continua de mobilizacións das traballadoras e traballadores da empresa Atento da Coruña, que se veñen sucedendo desde finais do mes de maio, a totalidade do Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, convoca unha manifestación o próximo luns, día 10 de setembro, ás 18:00 horas, e que sairá das portas do centro de traballo na rúa Juan Flórez. A saída da manifestación coincidirá co inicio do paro de dúas horas convocado para a tarde. Tamén está convocado outro paro pola mañá e outro pola noite, todos de dúas horas, un por quenda.

Os motivos da manifestación son os que se veñen facendo públicos nos últimos tempos: contra a política antilaboral da empresa que se traduce en despedimentos con causa falsa ou por absentismo xustificado (o último despido, hai dez días, foi a un compañeiro por estar enfermo de máis), acosos permanentes, sancións inxustas, presións, cargas de traballo excesivas, imposicións das quendas de vacacións e total desprezo pola dignidade dos traballadores e traballadoras.

Atento cumpre agora 20 anos de existencia na Coruña. Durante estes 20 anos caracterizouse polos soldos miserentos, por espremer ata a última gota á plantilla, por despedimentos masivos ou individuais permanentes que reduciron o persoal á metade nos últimos anos, e pola utilización de todas as argucias legais para machucar calquera intento de oposición en defensa dos intereses obreiros.

Pero Atento non conseguiu facer calar as voces que se alzan contra a explotación e, nestes 20 anos, atopouse con quen loitou contra o seu voraz instinto depredador. Hoxe, a loita continúa a pesar de todos os seus intentos.

Sección Sindical de CGT Atento – A Coruña

 

 

post

Luns, 16 de xullo, paro de 24 horas en Atento Coruña

Desde hai moito tempo a CGT leva loitando contra os constantes abusos de Atento: despedimentos, sancións, ameazas, presións, carga de traballo excesiva, controis esaxerados… A finais do mes de maio o comité de empresa, do que a CGT forma parte, iniciou unhas mobilizacións con paros semanais dunha hora cada luns. Ante a actitude chulesca da empresa, que se limitou a ignorar as nosas esixencias, o comité de empresa convocou nesta ocasión un paro de 24 horas o luns 16 de xullo, co obxectivo de deixar o centro de traballo vacío.
Se tampouco así atenden ás nosas reivindicacións continuaremos coas mobilizacións xa convocadas para todos os luns de forma indefinida, consistente en paros de 0 a 1, de 12 a 13 e de 18 a 19 horas con concentracións diante da porta do centro ás 12 e ás 18 horas.
Sección Sindical da CGT en Atento-A Coruña

 

post

Solidariedade coas despedidas no Hotel Bahía de Vigo

A CGT da Coruña fixo onte unha concentración en solidariedade coas traballadoras despedidas do Hotel Bahía de Vigo. A principios do mes de maio, a dirección deste hotel decidíu despedir a 23 camareiras de habitación e subcontratar a Nortempo, unha empresa de traballo temporal a realización destas tarefas.

Nesta ocasión concentrámonos ante o Hotel Blue da Coruña, que forma parte de Sercotel, a mesma cadea hoteleira que o Bahía, e que non se pode desentender das prácticas antilaborais dos seus socios.

A CGT da Coruña seguirá apoiando ás compañeiras de Vigo e non parará ata que sexan repostas con todos os dereitos laborais, sociais e salariais. Nin o Hotel Bahía, nin Nortempo, nin Sercotel terán descanso ata que o conflito se amañe.

SE TOCAN A UNHA TOCAN A TODAS!

HOTEL BAHÍA DESPIDE, SERCOTEL E NORTEMPO SON CÓMPLICES!

Comité Local da CGT da Coruña

 

Hace un año de los 179 despidos en Atento

Un año después del conflicto surgido por los 179 despidos en la empresa 13032008009-small.JPGAtento, filial de Telefónica dedicada a la atención al cliente y ubicada en la calle Juan Flórez, el TSJ de Galicia confirma las sentencias de los juzgados de lo social de A Coruña declarando la improcedencia de los despidos, pero no la nulidad, que conllevaría la readmisión de los trabajadores.

El pasado 20 de marzo de 2007, días después de haber despedido de forma improcedente a 18 trabajadores en situación de baja por enfermedad, Atento despidió fraudulentamente a 179 compañeros más, con contrato de obra en el servicio 1004 (Línea de Atención Personal), argumentando una falsa disminución del volumen de llamadas recibidas para reducir la plantilla, cuando en realidad se trataba de trasladar el trabajo a países de América Latina y a Marruecos para abaratar costes. Read More