post

CGT Vigo será punto de información para regularización de migrantes

O sindicato de Oficios Varios da CGT en Vigo será punto de información e tramitación no proceso de regularización de persoas migrantes.

Imagen informativa titulada '¿Cómo nos organizamos?'

Ofrece dos formas de contacto para asuntos de regularización:

1. Por correo electrónico a regularizacion.vigo@cgtgalicia.com, detallando que se debe enviar un email por solicitante (excepto menores a cargo), la documentación escaneada, separada y con nombre, y el asunto debe incluir el nombre completo, teléfono e email de contacto.
2. Atención presencial los sábados de 11:00 a 13:00 (excepto el 25 de abril) en el local del sindicato en la calle Teixugueiras, 24, entresuelo, 36212 Vigo, sin necesidad de cita previa.

Con motivo da aprobación do proceso de regularización extraordinaria aprobada polo Goberno do Estado Español, o sindicato de Oficios Varios de Vigo será unha entidade de información e tramitación para facilitar o acceso ao procedemento, de forma gratuíta e sen ningún tipo de contraprestación, a todas aquelas persoas que o precisen.

As canles de contacto e facilitación serán:

  1. Presencial: todos os sábados de 11.00 a 13.00 no local do sindicato (Teixugueiras, 24 entrechán, 36212, Vigo)
  2. Telemática: por medio da posta a disposición dun correo electrónico onde as persoas poidan directamente remitir a documentación escaneada co fin de tramitarlles a solicitude: regularizacion.vigo@cgtgalicia.org

Inda que esta reforma queda moi limitada no tempo e nos requisitos, parécenos fundamental amosar a nosa solidariedade, apoio e compromiso coas compañeiras migrantes que veñen de sufrir o racismo institucional que representa a Lei de estranxeiría, que mercantiliza as súas vidas e as priva dos dereitos máis fundamentais. É por iso que poñemos a disposición de calqueira persoa que o precise, os medios que dende esta organización sindical poidamos ofrecer.

Achegamos o folleto informativo preparado para a ocasión: