post

 

O comunicado sindical do día 5 sobre o convenio afirmaba dúas cousas: 1) Que o día anterior se asinara unha acta final da mesa negociadora; 2) Que se iniciaba o proceso de aprobación do resultado alcanzado.

A pesar dos esforzos por que os textos non se difundan, o texto difundiuse e o seu contido xerou un serio malestar entre os traballadores. A consecuencia disto, a negociación reabreuse, dando como resultado o novo texto do día 10. Pero ESTE TEXTO DO 10 TAMPOUCO É O DEFINITIVO, como recoñeceron tanto o comité de Cartagena nun correo do luns como o comité de San Fernando nas asembleas de onte.

Por tanto, é evidente que os negociadores sindicais se equivocaron ó dar por pechada a negociación o día 4. Os defensores deste convenio/plan están a anunciar unha catástrofe se non se aproba, como xa fixeron no IV Convenio. Entón, os traballadores non lles fixemos caso, o IV Convenio non se asinou e non pasou nada. Agora a situación é moito máis favorable: hai carga de traballo, non está o PP no goberno, o PSOE ten unha situación política moi débil… Se o convenio mellorou entre os días 4 e 10 exclusivamente a causa do malestar nas factorías, ¿CANTO NON PODERÍA MELLORAR SE NOS MOBILIZÁSEMOS? Pero non só se trata do convenio. A taxa de reposición pactada está lonxe da aprobada pola asemblea (recuperar o nivel de emprego de 2005). De feito, o plan nin sequera contempla as baixas por xubilación que se están a producir este ano. Este plan supón outro recorte de persoal. Non podemos contentarnos. Temos que reivindicar MÁIS EMPREGO e que todos os novos ingresos sexan por CONCURSO-OPOSICIÓN, como corresponde a unha empresa pública.

Pero ademais de máis emprego, hai que reivindicar t amén MELLOR EMPREGO. Estes días están a oírse por boca dos defensores deste convenio/plan argumentos propios do PP, no senso de que as condicións laborais son secundarias. Pero non o son. Dende unha posición sindical de clase, é INACEPTABLE que este convenio conteña dous convenios en un, posto que establece unhas condicións inferiores para os novos ingresos.

PEORES CONDICIÓNS PARA OS NOVOS INGRESOS

  • DOUS NIVEIS DE INGRESO CUNHA PERMANENCIA EN CADA UN DELES DE 2 ANOS. AGORA SÓ HAI UN E A PERMANENCIA É DE 6 MESES PARA OS CONTRATOS DE FORMACIÓN E DE 2 MESES PARA O RESTO (art. 31 XXI Co nvenio)
  • NON COBRARÁN DISPOà‘IBILIDADE ESPECIAL
  • NON COBRARÁN POLIVALENCIA
  • NON COBRARÁN A PAGA DE COMEDOR-ECONOMATO
  • NON TERÁN COMPLEMENTO DE XUBILACIÓN
  • DEPENDENDO DO QUE SE APROBE NAS CINCO COMISIÓNS A CREAR TRALA SINATURA DO CONVENIO, PODERÍAN PERDER MOITAS MÁIS COUSAS. OS CRITERIOS DE INCORPORACIÓN DOS NOVOS INGRESOS E AS MODALIDADES DE CONTRATACIÓN TAMÉN QUEDAN PARA UNHA COMISIÓN

Ademais, perderán os dereitos que perdemos todos po rque desaparecen do convenio único:

DEREITOS QUE PERDEMOS TODOS

  • A MOBILIDADE ENTRE FACTORÍAS DA MESMA ZONA XEOGRÁFICA SERÁ OBRIGATORIA
  • PÉRDENSE AS ASIMILACIÓNS E HAI RECORTES NOS ASCENSOS
  • O COMPLEMENTO DA BAIXA POR DOENZA COMÚN NON INCLUI RÁ OS TRABALLOS ESPECIAIS
  • A AXUDA POR FAMILIARES CON DISCAPACIDADE DEPENDERÁ DA PORCENTAXE DE DISCAPACIDADE E INTRODÚCENSE NOVAS CONDICIÓNS
  • DESAPARECE A GARANTÍA DO POSTO DE TRABALLO E O COMPROMISO DA EMPRESA DE NON PRESENTAR DURANTE A VIXENCIA DO CONVENIO NINGÚN ERE, AGÁS POR MOR DE SAÍDAS ANTICIPADAS (art. 73 XXI Convenio)

Ademais destas cousas, que xa están claras, quedan pendentes de definir nas futuras cinco comisións aspectos fundamentais do convenio:

ASPECTOS FUNDAMENTAIS A DEFINIR NAS COMISIÓNS

  • PLAN DE EMPREGO
  • CLASIFICACIÓN PROFESIONAL, NOVA ESTRUTURA SALARIAL E ENCADRAMENTO DE TODO O PERSOAL EN AMBAS
  • CRITERIOS DA PROMOCIÓN
  • HOMOXENEIZACIÓN DOS CONCEPTOS RETRIBUTIVOS FIXOS E VARIABLES, E DOS CONCEPTOS SOCIAIS (becas, comedor-economato, cartucho de Nadal…)
  • SEGURO COLECTIVO DE FALECEMENTO INDICADORES DE PRODUTIVIDADE
  • PROTOCOLO DE SUBCONTRATACIÓN

Pero este convenio aínda é peor porque en realidade son TRES CONVENIOS EN UN, posto que toda unha serie de artigos non serían de aplicación ós técnicos superiores:

ARTIGOS QUE NON SE LLES APLICARÍAN ÓS TÉCNICOS SUPERIORES

  • RÉXIME DE QUENDAS
  • TRABALLOS NOCTURNOS
  • TEMPO POR TEMPO
  • PROLONGACIÓN DE XORNADA CONTROL DE PRESENZA
  • DISPOà‘IBILIDADE ESPECIAL E POLIVALENCIA
  • VIAXES E DIETAS
  • INCAPACIDADE PERMANENTE TOTAL, ABSOLUTA OU GRAN INVALIDEZ
  • COMPLEMENTO DE XUBILACIÓN

Ademais, terían CRITERIOS DISTINTOS NA PROMOCIÓN E NO RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS

Como se ve, só con isto xa é evidente que hai RETROCESOS MOI IMPORTANTES PARA OS TRABALLADORES. Ademais, hai que sumar toda unha serie de modificacións negativas que sofren diferentes artigos, cuxa análise máis po rmenorizada faremos pública proximamente. ¡E hai que ter en conta que o texto aínda está incompleto! ¿ONDE ESTÁN OS ANEXOS? ¿ONDE ESTÁN AS TÁBOAS? QUE, NESTAS CIRCUNSTANCIAS, O COMITÉ DE EMPRESA POà‘A EN MARCHA O PROCESO PARA A SÚA APROBACIÓN É

IMPRESENTABLE.

ESIXIMOS QUE O COMITÉ DEA A COà‘ECER TODA A INFORMAC IÓN COMO PRIMEIRO PASO, A CONVOCATORIA DUNHA ASEMBLEA XERAL E, Ó SEU DEBIDO MOMENTO, A VOTACIÓN SEPARADA DO PLAN E DO MAL CHAMADO CONVENIO "ÚNICO".

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

2018-12-12 Análise do convenio Marco xeral

Comparte esta entrada ...