post

La Campana tañe de nuevo, nº 56 (VI Época)

Ha salido un nuevo número, nº 56, de la revista semanal La Campana (VI Época, 14 12 2021), editada por CGT-Pontevedra. Sumario:

Editorial: “La reiterada estafa a la clase trabajadora de las reformas laborales, va a continuar”

Lucha sindical y social: “Solidaridad con Joan Cogollos. La Ley mordaza continúa su andadura criminal” // “Eólica, asi non. 11 decembro: Concentración en Pontevedra” // “As persoas antes que o capital. 11 decembro: Manifestación de CGT en Vigo”

Actualidad: “Solidaridad con acusados de enfrentarse a la compañía petrolera Shell” // “FEINDEF’21: la guerra como negocio”, por Colectivo Justo Fierro

Inmigración: “Una matanza, ¡ejecutada en nuestro nombre!, pero silenciada”, por David Soliño

Internacional: “No quinto aniversario do asesinato de Moshin Fikri. O Hirak segue vivo”, por Larri

Reseñas de cine: “The velvet unnderground” de Todd Haynes, por Osmundo Barros

Poesía: “Fin de jornada” y “Adolf Hitler completamente solo”, de Kurt Bartsch

Memoria libertaria: “¡Ni altar ni juzgados! ¡Abolición de los registros matrimoniales!”, por M Genofonte

NOTA: Todos los números de La Campana, actuales y pasados (1980 – 2021) pueden leerse y descargarse, en la web www.revistalacampana.info. Para mayor información e-mail: lacampanapdf@gmail.com

El Comité Local de CGT-Pontevedra

 

post

CGT Ferrol – Acto público

A importancia da folga do Metal na provincia de Cádiz está fóra de toda dúbida. Só hai que pensar no enorme eco acadado nos medios de comunicación.

Non foi para menos. Nesa folga vimos un nivel de combatividade, masividade e solidariedade do resto da clase traballadora descoñecido desde hai décadas.

De feito, algún medio chegouna a cualificar de “estoupido popular”. Estivo bastante atinado: esa folga foi moito máis ca unha folga. Foi unha auténtica REBELIÓN OBREIRA contra a precariedade, contra os baixos salarios, contra a degradación das condicións de vida e traballo da clase obreira.

Por iso foi vista con tanta simpatía en todo o Estado español. E por iso foi tan rapidamente abortada por CCOO e UGT, que se esforzan en manter esta paz social dos cemiterios na que estamos instalados.

Para dar a coñecer esta loita exemplar e chea de dignidade obreira, a CGT de Navantia-Ferrol, xunto co Sindicato de Estudantes e Esquerda Revolucionaria, organiza un ACTO PÚBLICO no que falará Antonio Muñoz, traballador das compañías auxiliares de Navantia San Fernando, membro da CGT e un dos dirixentes da folga.

Lugar: Centro Cívico de Caranza (avda. Castelao, s/n)

Día: XOVES 16 de decembro

Hora: 19:30

 

post

Navantia: Folla 86

Hoxe saíu un novo número da publicación da CGT de Navantia, que ten o seguinte contido:

  • Conversión de eventuais en fixos
  • Sen información sobre Turbinas
  • A empresa róubanos nos pases
  • Prazas operarios-empregados
  • Horas sindicais de novembro

Pódese ler ou descargar esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Desconvocada a folga en Abai

Abai dá marcha atrás, entre todxs conseguimos que se garanta o sistema de vacacións de sempre.

Queda DESCONVOCADA a folga e a concentración do día 9 de decembro.

A resistencia e a mobilización ten os seus froitos.

Compartimos o comunicado do Comité de Empresa, do que forma parte importante a CGT:

Sección Sindical de CGT en Abai – A Coruña