O día 1 de decembro imos a Touro

Galiza está ferida por culpa dun sistema depredador que leva por diante todo o que atopa para encher os petos dos de sempre. Un sistema cruel ao que non lle importa facer dano se con iso consigue satisfacer a cobiza dos que máis teñen. Un sistema que conta coa submisión do poder político, cómplice necesario en toda esta desfeita. Os atentados ao noso país son constantes e veñen xa de lonxe, de moi lonxe, xa desde antes do desecamento da Lagoa de Antela ou da instalación da Celulosa na Ría de Pontevedra. As coiteladas á nosa terra foron, e son, unha constante, e aquí estamos para dicir basta.

Trouxeron unha minería destrutiva que contaminou terra, ríos e rías, e agora pretenden volver traer máis minas para acabar de destruír o que quede. As mesmas empresas que esnaquizan rexións enteiras de Canadá e EEUU coa extracción das Areas Bituminosas e co fracking, queren vir a Galicia a extraer todo o que queiran sen que a Xunta de Galicia teña intención de impedilo e co goberno central ollando para outro lado. Ben o saben aquí en Touro.

Construíron unha celulosa e unha fábrica de cloro na Ría de Pontevedra provocando grandes emisións de nitróxeno e óxido sulfúrico á atmosfera, e de fósforo, cobre, mercurio e zinc á ría e converténdose nunha das industrias máis contaminantes de Galicia, e como iso non abondou, encheron os montes de eucaliptos para satisfacer as súas demandas coa complicidade da Xunta de Galicia e a indiferenza do goberno central. E iso vai ser así moitos anos máis tras a prórroga da súa concesión. E nós dicimos que xa abonda.

Fixeron unha política forestal nefasta para o país que incide no abandono do rural e provoca terribles lumes forestais ano tras ano, moitos deles en parques naturais de gran valor como o Xurés, Invernadeiro ou o Caurel, por non falar dos recentes incendios en Mondariz ou os do ano pasado, que deixaron catro persoas mortas e innumerables danos materiais e ambientais. E para combater o lume, temos bombeiros forestais precarizados que tamén levan anos loitando polos seus dereitos mentres Feijoó fai fotos apagando lumes cunha mangueira. Lumes nunca máis!

Encheron de centrais eléctricas os nosos ríos, esnaquizaron cascadas e prexudicaron a salmóns, troitas e outros animais, puxeron centrais térmicas que encheron a nosa terra de choiva ácida e cóbrannos a electricidade a prezo de ouro, coma se os recursos foran seus, coma se o franquista Villar Mir fora o dono dos nosos ríos. E a pesar de todo isto nin sequera foron quen de dar unha solución á enerxía no peche de Alcoa. Estáfannos e dicimos que chove, pero xa chegou, non podemos permitilo, temos que paralos.

Todo isto é froito das políticas ao servizo do poder económico e de costas á xente, a nós. E se non nos mobilizamos firme e permanentemente, non imos poder darlle a volta a esta desfeita. Aquí, na loita desde abaixo, unitaria, constante e diversa, poderemos paralos. Por iso estamos aquí, para iso son as Marchas da Dignidade, para sumar forzas contra un inimigo que cada vez ten máis poder porque nós estámolo permitindo. Temos que loitar contra o inimigo común que nos está asoballando, que está desfacendo a nosa terra, os nosos dereitos e as nosas vidas. As Marchas seguiremos loitando para que isto non aconteza e berrando polo pan, traballo, teito e dignidade.

 

post

Continúan as mobilizacións de Alcoa [A Coruña]

O persoal de Alcoa continúa coas súas mobilizacións en defensa dos postos de traballo. Así, este sábado, 17 de novembro, ás doce horas, concentraranse na Praza de M.ª Pita da Coruña.

A CGT apoia as mobilizacións dos compañeiros e compañeiras de Alcoa e fai un chamamento para que toda a clase obreira coruñesa, afiliación e sipatizantes, se xunten ese sábado para berrar tod@s xunt@s que ALCOA NON SE PECHA!

A solidariedade é necesaria, a solidariedade é imprescindible, a solidariede é obrigada.

Coiité Local da CGT da Coruña

 

 

post

Exposición gráfica y recital «Mujeres Libres»

El 16 de noviembre, tendrán lugar en Pontevedra (Sala VerSus, c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, a las 20:15h), la inauguración de la Exposición fotográfica y documental "Mujeres Libres – Abril 1936, guerra civil, clandestinidad y Exilio). Y el lunes siguiente, 19 de noviembre (en Teatro Principal, a las 20:15h), el recital poético-musical "Romancero de Mujeres Libres", a cargo del grupo de recitación Hipofanías y el grupo musical asturiano Reverso. Read More

 

post

Comunicado da SS Unitaria de CGT en Navantia Ferrol: o acordado para a Industria Auxiliar é manifestamente mellorable

A situación resúmese así:

  • 1) Os acordos aplicaranse en tres tramos: 40% á publicación no convenio provincial, 70% o 1 de xaneiro de 2019 e 100% en novembro de 2019.
  • 2) Os acordos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Transitoria. Esta disposición terá vixencia ata o 30 de xuño de 2020.
  • 3) Paralelamente, as compañías teñen que constituír unha asociación patronal. O prazo para facelo son catro meses.
  • 4) Unha vez constituída, esta asociación patronal e os sindicatos ratificarán os acordos, momento en que os mesmos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Adicional, que terá a mesma vixencia có resto do convenio. (O convenio provincial remata o 31 de decembro de 2019, pero manterá a súa vixencia mentres non se asine outro, segundo recolle o seu artigo 4).

É dicir, a solución acadada onte non é definitiva porque os acordos entran no convenio, pero como Disposición Transitoria con vixencia ata o 30 de xuño de 2020. Por tanto, se a asociación patronal acaba por non constituírse ou se, aínda constituíndose, non ratificase os acordos, estes desaparecían do convenio o 30 de xuño de 2020. Noutras palabras: os acordos entran no convenio provincial de forma provisoria.

A cuestión é: era este o único resultado posible? Non. Por que? Porque hai carga de traballo, e isto é favorable ós traballadores. Pero ademais de haber carga de traballo, ten que haber dúas cousas máis: 1) Vontade dos traballadores de loitar; 2) Vontade sindical de organizar a loita. A primeira haina, e dabondo, como quedou moi claro na asemblea xeral de compañías do venres 19 de outubro, que evidenciou un ambiente moi crítico coas limitacións do acordo (tres tramos, actualización das cantidades ó ano 2014, etc.). A segunda é obvio que falta.

Unha estratexia de mobilización firme, con implicación da principal e buscando a confluencia cos traballadores das outras factorías de Navantia, nalgunha das cales tamén hai un gran ambiente de loita da industria auxiliar, como se demostrou na exitosa folga do metal na bahía de Cádiz o pasado 13 de xuño, permitiría obter moito máis. ¿Ou acaso este acordo limitado alcanzouse grazas á negociación? En absoluto, alcanzouse grazas á folga de outubro do ano pasado. É máis, todo este asunto levaría un ano resolto se CCOO, UGT, MAS e os comités da principal chegan a apoiar a folga daquela, no canto de colaborar abertamente coa patronal para tentar afundila. En vez de aceptar acordos limitados, hai que darlle unha oportunidade á loita, o único camiño para que os traballadores logremos avances.

Tampouco se entenden tantas presas por ratificar isto. Despois de todo un ano de negociación, tendo que esperar aínda outro ano máis para poder cobrar o 100%, a que veñen tantas presas de celebrar hoxe ás 10:00 unha asemblea xeral para ratificar un preacordo acadado onte ás 21:30 horas? De verdade que non se podería explicar e debater primeiro en asembleas parciais, moito máis participativas, e que a asemblea xeral decisoria fose mañá ou pasado? Vese que, como en Navantia co convenio, tampouco na industria auxiliar hai moita vontade sindical de que os traballadores teñan tempo a ler con tranquilidade, pensar por si mesmos e chegar ás súas propias conclusións.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia Ferrol.

 

post

O FERROCARIL CONTRA A PRECARIZACIÓN

Hai un plan a longo prazo transversal a todos os sucesivos gobernos pra desmantelar o sector público reducindo o persoal de traballadores e traballadoras. Logo da incapacidade deste persoal jibarizada de atender o servizo fabrícase a escusa perfecta para ir descortizando o público e ir externalizando e Hai un plan a longo prazo transversal a todos os sucesivos gobernos pra desmantelar o sector público reducindo o persoal de traballadores e traballadoras. Logo da incapacidade deste persoal jibarizada de atender o servizo fabrícase a escusa perfecta para ir descortizando o público e ir externalizando e privatizando os anacos arrincados. Entrevistamos a Juancho, compañeiro dá CXT Ferrocarril Vigo e delegado sindical en RENFE, con motivo da folga convocada pola CXT para o mércores 31 de outubro tanto para RENFE como para ADIF. Unha mobilización da que se desmarcaron UXT e CCOO pero na CXT cre que valerá para dar un aviso á cidadanía sobre a situación de ambas as compañias., sobre a paulatina deterioración do este servizo público.