Este sábado todxs a manifestación en solidariedade con Emilio Cao

15036577_1154541131250305_261589009818902121_n

 

 

 

 

Este sábado 3 de decembro, todxs a manifestación en solidariedade con Emilio Cao e contra a Lei Mordaza. A Columna Galega das MMdD chama a sair á rua contra a represión.
Os buses de Vigo sairan ás 10 da mañan da praza dos Cabalos. Parada en Ponteareas. O retorno será despois da manifa mais ou menos as 13:30 para chegar a comer a Vigo. Prezo da pasaxe ida e volta 6 €.
Eu tamén son Emilio Cao #VémonosNasRúas no Carballiño
@redesCGTvigo

 

Comunicado sobre o preacordo do convenio Comercio de Alimentación – Pontevedra

cajera-supermercado-113Onte de madrugada a mesa de negociación chegou a un principio de acordo cos empresarios para a firma do convenio de Comercio de alimentación de Pontevedra: Este acordo será levado á asemblea do domingo 4 para ser ratificado polos traballadores e  traballadoras e desconvocar a folga.
O acordo chegou unha vez a patronal retiro a súa intención de negociar a conxelación da antigüidade, o acordo é por 4 anos con subidas salariais de 2016 e 2017 do o,1% e 2018 e 20119 do 1’5% e 16 días de vacacións no período de verán.
Pensamos que acordo alcanzado apenas redunda en revertir as precarias condicións laborais, de manterse o calendario de mobilizacións podíase conseguir melloras reais e tan necesarias no social como no económico para as traballadoras do sector.

@redesCGTvigo

 

Folga no sector do comercio da alimentación.

photo_2016-11-29_23-50-44

Dende CGT apoiamos a folga do sector do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra convocada para os días 5 e 7 de decembro para reclamar as necesarias melloras nas condicións laborais. En dito sector, que engloba a máis de 12.000 traballadoras, temos un gran número de afiliadas e presenza de delegadxs nos comités de empresa das principais compañias como Gadis, Froiz ou Hiperxel.

#VémonosNasRúas

@RedesCGTVigo

 

 

 

 

28 de novembro, folga no sector do telemárquetin

conveniotelemarketingmaniO luns, 28 de novembro, as traballadoras e traballadores do sector estamos chamados a unha xornada de folga de 24 horas en todo o Estado, como continuación ás mobilizacións iniciadas pola CGT hai varios meses polo bloqueo na negociación do convenio e para esixir un convenio que garanta unhas condicións laborais dignas, nun sector no que a maior parte dos contratos son a tempo parcial, os salarios son miserables e a estabilidade laboral e a conciliación familiar, inexistentes

Durante a xornada de loita as traballadoras e traballadores darán a coñecer as súas lamentables condicións laborais e as súas reivindicacións a partir das 12 en diversos puntos da cidade (Praza de Pontevedra, Obelisco, Praza de España, Catro camiños -diante do Corte Inglés-, diante da estación de autobuses e nas Conchiñas). Tras a repartición terá lugar unha comida-charla na que as traballadoras e traballadores do sector poñerán en común os seus problemas.

Sector de Telemárquetin – CGT da Coruña

 

O Santander castiga a quen concilia. Nova concentración en solidariedade con Carlos

concentracionsantanderA CGT da Coruña convoca unha nova concentración o próximo venres, 2 de decembro, ás 13:00 horas, diante da Dirección Territorial de Galicia do Banco Santander, sita no Cantón Grande da Coruña, na zona do Obelisco.

Carlos, que ten xornada reducida porque ten que coidar da súa filla pequena, foi trasladado forzosamente a 120 quilómetros da súa casa, nunha decisión repugnante do Banco Santander, que o único que quere es desfacerse dun traballador incómodo.

Despóis de meses de loita o xuízo foi fixado para o día 12 de decembro, luns, sen que a empresa amosara ningunha intención de recuar na súa inicua decisión.

BASTA XA DE ACOSO NO BANCO SANTANDER!

SE TOCAN A UN, TOCAN A TOD@S!

Comité Local da CGT da Coruña

 

Todos somos Emilio Cao. Ao Carballiño o día 03 de decembro

cartel-emilio-caoO día 22 de marzo de 2014, Emilio Cao Mota, un rapaz do Carballiño, acudiu á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade en Madrid.

A pesar de que a manifestación foi pacífica, os antidisturbos interviron, golpearon, detiveron indiscriminadamente e provocaron unha situación de violencia que só se pode explicar desde a intención do goberno de criminalizar a protesta. Emilio foi detido, como outros miles de persoas que está sendo reprimidas polo Estado nestes últimos anos. No seu caso, a fiscalía pide a disparatada pena de cinco anos e oito meses de prisión por uns delitos que non cometeu.

Por Emilio, e por tantos máis sometidos a a represión e inxustiza, as Marchas da Dignidade de Galicia convoca a todos a acudir á manifestación que se celebrará no Carballiño o sábado, 3 de decembro, para reclamar que non se cometa semellante atrocidade. A CGT da Coruña apoia esta manifestación e convoca aos seus afiliados e simpatizantes para que participen.

PAN TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!

TOD@S Á RÚA FRONTE Á REPRESIÓN!

EU TAMÉN SON EMILIO CAO! 

Comité Local da Coruña da CGT

 

Concentración contra os desafiuzamentos na Audiencia Provincial

stop-desafiuzamentosA CGT acordou apoiar e difundir a concentración que o venres, día 18, ás 12:00 horas, convoca Stop Desafiuzamentos da Coruña diante da Audiencia Provincial, para denunciar a actitudes dos xuíces da provincia que, sen atender ás sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo, seguen aplicando a lexislación española, moito máis lesiva para as persoas que teñan dificultades en pagar.

A CGT anima aos seus afiliados e simpatizantes a que acudan a esta concentración e que apoien as mobilizacións das organizacións contrarias aos desafiuzamentos das persoas.

Comité Local da CGT da Coruña