Concentración na Mutua «La Fraternidad» (Posposto)

Posponse sen data a concentración na Mutua «La Fraternidad», debido á convocatoria, por parte dela, dunha reunión a semana que ven, na que se vai dar resposta aos puntos importantes das reivindicacións dos traballadores.

Ante o maltrato que están a sofrir, por parte da mutua "La Fraternidad-Muprespa" os traballadores de Zara Logística, os sindicatos presentes no Comité de Empresa, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración o próximo mércores, día 25, ás 10:00 horas, ás portas da sede da Mutua, situada na Avenida do Exército, 12, da Coruña.

A CGT fai un chamamento aos seus afiliados e simpatizantes para que se sumen a esta concentración e se poida parar así, a práctica antiobreira de "La Fraternidad".

Comité Local da Coruña

 

En defensa da Sanidade Pública … nova Marea Branca

mareabranca_nov2015A CGT anima a participar activamente o vindeiro domingo 15 de novembro nunha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.

As mobilizacións terán lugar simultaneamente na Coruña, Pontevedra e Compostela, ás 12:30 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en na Praza do Toural en Compostela.