post

Primeiro de Maio na Coruña: manifestación

O próximo Primeiro de Maio, a CGT da Coruña voltará saír ás rúas para reivindicarse como clase, convocando, conxuntamente coa CNT, a CUT e o Sindicato da Elevación, unha manifestación que partirá ás 12:30 horas, da Praza de Pontevedra e rematará no Campo da Leña.

O texto da CGT di o seguinte:

BASTA DE MENTIRAS, INXUSTIZA E EXPLOTACIÓN!!!

Compañeiras e compañeiros:

        A situación da nosa clase, da clase traballadora, non fai máis que deteriorarse. A suba imparable dos prezos das subsistencias, xunto cunhas miserentas subas salariais nos convenios colectivos, estannos abocando á pobreza máis extrema, pobreza que se estende imparablemente incluso entre quen ten contrato fixo a tempo completo. Millóns de persoas no paro, entre as que máis da metade non teñen ningún tipo de prestación, ou millóns con contratos cativos a tempo parcial, fan que a estatística boiante non sexan máis ca un espellismo mentirán que só reflicte a realidade dun reducido número de persoas.

        A isto temos que sumarlle novas decisións desde o Goberno, decisións como a de revogar a reforma laboral de Rajoy só en aspectos mínimos e colaterais, mentres outros fundamentais seguen vixentes, como o despedimento sinxelo e barato, o tratamento dos despedimentos improcedentes, e outros. Tamén o Goberno presentou unha reforma das pensións que provocará, a medio prazo, a diminución das pensións iniciais ao incrementar, progresivamente, o número de anos que se terán en conta para calcular a pensión e aumentar tamén o número de anos precisos para ter dereito a un 100 % daquela. Esta reforma, presentada como un gran avance co aval do sindicalismo institucional, é un novo retroceso para os traballadores e traballadoras e un empurrón máis cara ás pensións privadas ás que so poderán acceder uns poucos privilexiados.

        Non só é que os logros dos que presume este goberno sempre sexan moi inferiores ás expectativas e ás promesas coas que lle pediron o voto ó corpo electoral, senón o certo é que eses logros son mentira, fachada de cartón pedra e agocho da verdadeira natureza da súa acción de goberno. As leis e normas que aproban sempre van en beneficio da casta capitalista responsable da degradación do planeta e da internacionalización da guerra e do saqueo universais, con centos de millóns de persoas en situación de fame ou miseria, vítimas da guerra e da explotación da clase traballadora.

Non podemos esquecer o papel que o sindicalismo institucionalizado está xogando en toda esta situación: ademais de avalar as decisións prexudiciais do goberno, está asinando cunha patronal cobizosa subas salariais miserentas, que nin se achegan á suba do custo da vida: alimento, vestido, teito, enerxía, ocio e cultura é o menos ao que se pode aspirar nesta vida para que sexa merecente de ser vivida.

        Non podemos seguir así, aturando como normais os enganos e a explotación. A CGT da Coruña fai un chamamento para que nos organicemos e loitemos contra esta situación. Non é unha maldición divina que sexa imposible de combater. Sabemos que o esforzo será grande, pero só así conseguiremos que a clase traballadora, a auténtica creadora da riqueza, ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade e acabe con este sistema económico e social inicuo e inxusto. A mobilización é a arma que temos e tamén a nosa forza. Por iso, este Primeiro de Maio debe ser o día en que amosemos que xa non imos aturar máis as mentiras, inxustizas e explotación, e que despois deste día a nosa mobilización será constante e contundente.

A Coruña, maio de 2023

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!!

VIVA A CLASE OBREIRA!!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Pontevedra: VIII Xornadas Libertarias / Manifestación 1º Maio

CGT Pontevedra: VIII Xornadas Libertarias, Manifestación 1º Maio e Encontro fraternal e anarcosindicalista. Do luns, 24 de abril ao 1º de Mayo, terán lugar en Pontevedra as VIII Xornadas Libertarias, organizadas pola CGT, co seguinte programa:

VIII XORNADAS LIBERTARIAS, CGT

24 ABRIL ao 1º MAIO, 2023

24 abril, 19:00h: Inauguración da Exposición: “Salvador Seguí – La lucha anarcosindicalista por el fin de la explotación social y obrera”. Charla-coloquio: A figura de Salvador Seguí no centenario do su asesinato. Lugar: Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Baixo)

26 abril, 20:00h: Charla-coloquio: “De los Sistemas nacionales de salud a los Sistemas de beneficencia”. Ponente: Antonio Gómez Liébana, CAS, integrante de CAS. Lugar: Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Baixo)

27 abril, 20,00h:        Charla-coloquio: “¿Qué celebramos cada 1º DE MAYO? – Comentarios actuales a la Crónica “El crimen de Chicago” (1886), de Ricardo Mella”. Ponente: Miguel Ángel Cuña. Lugar: Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Baixo)

28 abril, 20:00h: Proxección do filme: “Recursos humanos”, de Laurent Cantet (Francia, 1999). Lugar: Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Baixo)

29 abril, 20:00h: Representación Teatral “Salvador Seguí, El hombre que caminó sobre la utopía”. por Moisés Mato, Teatro del abrazo. Lugar: Sede sindical da CGT (r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta)

1º MAIO, 12,45h: MANIFESTACIÓN (Saida do Hospital Provincial ata Subdelegación do goberno)

1º MAIO, 14,30h: Encontro fraternal e anarcosindicalista: 14,30h na sede de CGT

Comité Local – CGT PONTEVEDRA

 

post

Salvador Seguí, o home que camiñou sobre a utopía

Dentro dos actos que a CGT da Coruña celebrará cara este Primeiro de Maio, temos o gusto de anunciarvos a representación da obra de teatro Salvador Seguí, o home que camiñou sobre a utopía. A representación terá lugar o día 30 de abril, ás 12:30 horas, no local dos Maracos, na Estación de Trens de San Diego da Coruña.

Dirixida por Moisés Mato (creador do Teatro da Escoita), a obra transpórtanos aos acontecementos cruciais que transcorreron tras o asesinato de Salvador Seguí. A través do seu protagonista, un obreiro que toma a palabra en asamblea, repasa os momentos máis importantes da vida do Noi del Sucre.

Moisés Mato é director de teatro e actor, activista da non-violencia e dinamizador cultural. O espazo é limitado, polo que non poderán entrar quen cheguen de últimos.

Comité Local da CGT da Coruña