post

Navantia: folla número 34

Xa saíu o número 34 da Folla da que a CGT edita en Navantia-Ferrol. Nesta ocasión, o artigo de cabeceira fala da actitude da empresa no que atinxe á saúde dxs traballadorxs, que é posposta á produción.

A continuación a Folla fala dos novos ingresos e dos erros nos baremos, que xa empezan a ser un clásico. Segue cunha mención á semana da mobilizade, para a que se fan propostas, trata do escándalo do proceso de selección narrando situacións noxentas concretas e finaliza cunha mención ao cartucho de Nadal.

Pódese consultar ou descargar pinchando nas ligazóns do pe desta noticia.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Buzón Rebelde 32

Publicouse o ógano de difusión da CGT da Coruña en Correos e xa vai polo número 32. Neste número o tema máis importante é o COVID-19 e a desidia de Correos para preservar a saúde dxs traballadorxs. Denúnciase o incremento de casos (13 vencellados ao CTA) e faise unha exposición pormenorizada da situación. Explícase que a máscara por si soa non é suficiente e dase conta do malestar na UR3 con folga incluída. Infórmase dos recortes enRibeira e Oleiros e se reclama respeito e a fin dos malos modos por parte das xefaturas de equipo. Denúnciase o cinismo da empresa con respecto ás distanzas de seguridade e faixe un chamamento á participación activa na prevención nos postos de traballo.

Un número moi interesante que se pode ler ou descargar picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical de CGT en Correos – A Coruña

 

post

Navantia: pandemias, protocolos e teletraballo

Pandemias, protocolos e teletraballo: este é o artigo de cabeceira do número 33 da Folla da CGT, editada pola Sección Sindical Unitaria en Navantia-Ferrol. Continúa cun comentario sobre a subcontratación, cada vez máis presente en Navantia, unha crítica á mobilización de delegados -que en realidade é desmobilizadora-, a cuestión dos novos ingresos, a posibilidade de conxelación salarial para 2021 e a reclamación da presentación do escalafón.

Pódese consultar ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Novos ingresos en Navantia: segue a desfeita

Hoxe houbo unha reunión entre Navantia e os comités de empresa de Fene e Ferrol sobre o proceso de reclamacións á lista provisoria de aprobados na primeira proba das prazas de operarios e empregados júnior 2019.  

Aparte de informar sobre a revisión das reclamacións sobre a nota ou o baremo, que está a piques de rematar, falouse das reclamacións por ser declarado "non apto" ó non acadar 28 puntos no exame teórico. 

As reclamacións alegan que as bases recollen que esa nota mínima no exame só é un requisito para poder obter puntos de baremo, pero non para acceder á segunda proba (psicotécnico). Alegan tamén que as bases recollen explicitamente que á segunda proba pasarán 3 persoas por praza, cousa que non se cumpre nas súas especialidades.  

Que propón facer con esas reclamacións a dirección de Navantia? DEIXALAS SEN RESPONDER. Con que argumento? Que non son reclamacións nin sobre a nota do exame teórico nin sobre a puntuación do baremo.  

Son reclamacións sobre as listas provisorias da primeira fase de persoas que entenden que deberían ser aptas e reclaman que se lles considere como tales nas listas definitivas. Se agora non é o momento para que reclamen, cando vai ser?  

A resposta ás reclamacións non é unha opción, é un dereito dos aspirantes.  Outras reclamacións están sendo respondidas. Navantia non pode negarse a responder algunhas. É totalmente inaceptable nunha empresa pública. A CGT considera a actitude escurantista e prepotente da empresa un auténtico escándalo que non imos aceptar. Esiximos que Navantia responda a tódalas reclamacións presentadas sen excepción.  

Todo isto é un exemplo máis da monumental chapuza deste proceso. Non se pode falar agora do "espíritu" das bases. Se as bases están mal redactadas, terán que asumilo. E as bases poñen o que poñen: os 28 puntos no exame é un requisito para obter puntos de baremo, non para poder pasar á segunda proba. Por tanto, á segunda proba deben pasar 3 persoas por praza.  

Navantia xa ten unha denuncia presentada no xulgado polo proceso de selección nas prazas de titulados universitarios júnior 2019. Actuando así, está comprando boletos para que as prazas de operarios e empregados acaben no mesmo lugar.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Solidariedade coa folga de metal en Cádiz en Navantia Ferrol

Concentración 4 de setembro ás 10:00 na porta do arsenal

Carga de traballo xa en toda Navantia! Basta xa de represión e despidos! Polo fin da subcontratación!

Dende principios de agosto os traballadores das au-xiliares de Navantia Puerto Real e San Fernando están loitando por carga de traballo e o cumprimento do convenio. A resposta da patronal foi a represión e os despidos exemplarizantes de Manuel Balber e Jesús Galván, membros da Coordinadora de Traballadores do Metal (CTM) que xunto a CGT son os sindicatos que están mobilizando. Esta resposta da patronal non só non está atemorizando á plantilla senón que está provocando a extensión da loita. O vindeiro 4 de setembro a CTM e CGT convocamos folga xeral de todo o metal da baía, á que xa se sumou a CGT de Airbus, tamén ameazados de despido e que xa amosaron publicamente a súa soli dariedade. Incorporar a novos sectores, unificar loitas, e non dividilas, ten que ser o camiño para aumentar a presión sobre Navantia e a patronal do metal.

Por isto, dende a CGT en Navantia Ferrol nos su-mamos a esta xornada de loita para solidarizarnos cos compañeiros, que están dando un exemplo de como se responde ás agresións patronais, e do camiño que debe mos seguir para defende-los postos de traballo. Tamén facermos nosas ás reivindicacións esixindo carga de traballo para tódalas factorías, o fin da subcontratación e a readmisión dos despedidos.

Hai que rompela estratexia patronal do ‘divide e vencerás"

A ameaza de peche patronal e despidos masivos, lan zada durante os 5 días de folga en Cádiz, demostran o nerviosismo da patronal. Ante a extensión da loita están empregando a vella táctica do ‘divide e vencerás", separar ós traballadores da principal e das auxiliares, coma fixeron na folga de auxiliares de 2017, e enfrontar as plantillas das distintas factorías. A división e o enfrontamento entre traballadores só beneficia á patronal, para laminarnos un a un e encontrar menos resistencia.

A pasada semana saía en prensa que ante a folga que estaba paralizando a produción en Cádiz, Navantia que ría desviar carga de traballo a outras factorías, a ninguén se lle escapa que se referían a Ferrol. A patronal trata de aproveitarse da necesidade de carga de traballo que temos en Ferrol para utilizarnos como esquirois para rompelas mobilizacións. Non podemos permitilo. Fronte a táctica da división impulsada pola patronal, a única resposta ten que ser a unidade e a extensión das mobilizacións de Cádiz a Ferrol baixo as consignas: carga de traballo xa, fin da subcontratación e readmisión dos despedidos en Cádiz.

O comité de empresa debe romper o silencio e poñerse a carón dos traballadores

Se os traballadores están a dar un exemplo de loita, non podemos dicilo mesmo dos comités de empresa de Navantia. A actitude das direccións de CCOO e UGT na baía está sendo un pilar fundamental da estratexia patronal, empezando polo comité de empresa de Puerto  Real cuia presidenta cualificou de "salvaxes" as mobilizacións, sumándose así á campaña de criminalización da loita e comportándose coma voceiro da patronal.

O silencio atronador do comité intercentros e dos comités de empresa das factorías non fan máis que reforzar esta campaña. CCOO e UGT teñen que poñer fin inmediatamente a esta situación; nin un só comunicado ou acto de apoio cara os compañeiros en loita, nin unha soa declaración censurando as palabras e o comportamento antiobreiro do comité de Puerto Real, ningunha referencia ou publicidade desta loita nas fac- torías do grupo. Dende a CGT chamamos ó comité de empresa de Ferrol a dar un xiro de 180 graos, desmarcándose destas declaracións e poñéndose a carón dos traballadores en loita.

Hai que pasar á acción, o 4 de setembro paro e concentración ás 10 h

En Ferrol somos coñecedores e sufridores de tódolos motivos que levaron ás 5 xornadas consecutivas de paro e a vindeira folga do metal: a falta de carga de traballo e a subcontratación coa que os empresarios das auxi- liares parasitan Navantia.

Ambos motivos van da man, a carga de traballo está completamente ligada á defensa dunha Navantia 100% pública, na que acabemos coa subcontratación. Navan tia entrega cada ano centos de millóns de euros de diñeiro público á patronal, mentres condena á maioría dos traballadores á precariedade. Con estes cartos se poderían garantir unhas condicións dignas de traballo, máis emprego e proxectos industriais sólidos e cons- tantes no tempo. Temos que acabar coa subcontrata ción incorporando ás plantillas a Navantia coas mes mas condicións e dereitos.

Por isto dende a CGT convocamos a unha concentración de 10.00 a 10.30 o vindeiro venres 4 de setembro na porta do arsenal coincidindo coa folga do metal de Cádiz, e invitamos ó resto de sindicatos a sumarse á mobilización e a esixir carga de traballo e unhas condicións dignas en tódalas factorías de Navantia, así coma a readmisión inmediata dos compañeiros despedidos en Puerto Real e o fin das represalias.

Sección Sindical Unitaria CGT Navantia-Ferrol

 

post

Servicio Atención a Domicilio (SAD), jornada formación

            Organizada por CGT y las Secciones sindicales de SAD-CGT en las empresas Idades (Pontevedra) y Preto de min (Moaña), el sábado 19 de septiembre, a las 11:00h y 17:00h, en la sede de CGT (Edificio sindical de Pontevedra, c/ Pasantería 1) tendrá lugar una Jornada formativa en torno a la "Acción sindical y análisis del II Convenio SAD".  El acto, convocado bajo el lema "Trabajo y Dignidad. La lucha de todos los tiempos" está abierto a todas las trabajadoras y trabajadores del sector Ayuda al Domicilio que quieran asistir y se anoten. En el mismo participarán como invitadas, compañeras de otras provincias, representantes de Secciones sindicales de SAD-CGT. Se garantiza el cumplimiento de todas las cautelas y normas de prevención sanitarias exigidas en las actuales circunstancias.

Comité Local CGT-Pontevedra