Concentración en defensa do ferrocarril público e social na Coruña

cgt_ferrocarrilOs traballadores e traballadoras ferroviarias das empresas ADIF e RENFE están chamados a secundar Folga os vindeiros días 31 de xullo e 1 de agosto. En coincidencia con esas datas, a CGT da Coruña convoca unha Concentración contra a privatización do ferrocarril, contra a venda do público e por un ferrocarril público e social. Terá lugar o xoves 31 de xullo na estación de tren da Coruña, ás 11 horas.

 

A CGT convoca folgas no ferrocarril

cartel_huelgas_verano_2014CGT convoca folgas en ADIF e Renfe os días 31 de xullo e 1 de agosto ante a situación que vive o ferrocarril e en concreto

  1. A segregación das empresas ferroviarias, ca división de RENFE e ADIF en 4 e dúas empresas respectivamente, o que aumenta a descoordinación na seguridade na circulación e unha peor atención os clientes.
  2. Licitación do corredor de Levante para as operadoras privadas.
  3. Á falta de cadro de persoal para prestar o servizo en condicións de seguridade e calidade. En Galiza esta falta de persoal está supoñendo que en Xuño mais de 100 trens rexionais circulasen sen revisor, que os maquinistas portugueses teñan que suplir os españois na fronteira, que os cursos de formación estanse a impartir en días de lecer dos traballadores ou que en longa distancia non podan circular trens especiais por falta de maquinistas.
  4. Centralización das Bases de Mantemento de Infraestructura e á súa eliminación.
  5. Mobilizade forzosa para e externalización de cargas de traballo a empresas privadas.
  6. Falta de propostas de solución para as Terminais de contenedores e para a Canle de Venda das estacións de ADIF e que venden os billetes de RENFE.
  7. Falta de solucións para o persoal da extinta  FEVE  en canto ás habilitacións, á plena integración e garantías de futuro das e os traballadores.
  8. Novo regulamento de circulación que queren impoñer, sen atender ningunha das alegacións dos sindicatos, pretendendo minguar drasticamente os requisitos necesarios para garantir a seguridade na circulación.

Read More

 

CGT Pontevedra, 24 xullo: Reivindicación por Palestina

A CGT de Pontevedra convoca unha concentración, polo fin do apartheid e o xenocidio do pobo palestino. Terá lugar o día 24 xullo, na Praza da Peregrina, ás 20:00h e consistirá nunha lectura de textos-denuncia da situación actual e recital de poesía palestina. Micrófono libre (ás organizacións, colectivos e persoas interesadas): “¡Palabras contra a guerra! Non ó despoxo e asesinato do pobo palestino! Non non noso nome!» Read More

 

Concentracións, paros e manifestación contra o ERE en Atento na Coruña

imaxe_0'0Os traballadores e traballadoras de Atento seguen a loitar contra un ERE que supón o despedimento de máis de 800 persoas nos centros de traballo de toda España. Na Coruña trátase do despido de 49 persoas, nunha empresa que ten millonarios beneficios, reprime e maltrata aos empregados e empregadas, e mantén unhas condicións de traballo e salariais de miseria.

O persoal da Coruña está loitando contra esta situación desde hai meses e ven promovendo mobilizacións nos últimos tempos, tanto concentracións como manifestacións, paros por quendas e de 24 horas, etc.

Esta semana é crucial, porque se está a esgotar o prazo forzoso de negociación. A CGT rexeita este ERE por ser fraudulento, por facerse con argumentos falsos e sen causa ningunha. Por isto, a CGT convoca a todos os traballadores e traballadoras, e a toda a clase obreira coruñesa, a dúas concentracións diante da sede da empresa na rúa Juan Flórez da Coruña, ás 12:00 e ás 18:00 horas de mañá, día 22, martes.

O próximo xoves, día 24, a CGT convoca un paro de 24 horas para enfrontarse a esta agresión da empresa e unha manifestación que sairá ás 12:00 horas desde o cento de traballo.

 

Folga e manifestación na Coruña contra o ERE en Atento

ere_noO martes 15 de xullo, os traballadores e traballadoras da empresa Atento, filial de Movistar ata finais de 2012, están chamadas a un paro de 24 horas en todo o estado para amosar o seu rexeitamento mais enérxico ao ERE presentado pola empresa, que pretende despedir a mais de 800 traballadores e traballadoras, 49 deles na Coruña. Coincidindo coa xornada de folga, a CGT ten convocado unha manifestación a partir das 12:00 horas que sairá desde Atento, na rúa de Juan Florez 80- 82.

O ERE encóntrase en proceso de negociación e ata hoxe se celebraron tres reunións nas que a empresa trata de xustificar o despedimento argumentando falsas causas económicas, productivas e organizativas. A CGT denuncia que Atento xera beneficios e que a carga de traballo é cada vez maior nos últimos meses, ao tempo que responsabiliza a Movistar de precarizar cada vez mais as condicións laborais e destruir emprego estable a través de empresas como Atento ou Extel. Lembramos que o plantel de ambas contratas leva realizando mobilizacións desde xaneiro, reclamando o cesamento das presións, abusos, ameazas e despedimentos inxustos e arbitrarios, todo isto froito das directrices que marca Telefónica.
Read More

 

15 de xullo: Folga en Atento contra o ERE

ERE DESPIDOS 0,0Como resultado das Asembleas de traballadoras e traballadoras realizadas o pasado día 4 de Xullo en todos os centros de traballo a nivel estatal, a CGT convoca Folga de 24 horas para o vindeiro día 15 de xullo, en coincidencia coa cuarta reunión da Comisión negociadora.

Dende a CGT entendemos que non é momento de medias tintas, é moito o que nos xogamos e, entre todos e todas, debemos loitar para frear este ERE inxusto e inxustificado.

Tras a campaña de mobilizacións que levamos a cabo dende principios de ano, e que culminou coa folga de 24 horas do pasado 23 de xuño, os traballadores e traballadoras teñen trasmitido, a través das asembleas convocadas, que non hai que afrouxar o paso na loita. Se a situación era mala o día 23 de xuño, a día de hoxe é crítica.

Agardamos que todos os sindicatos con representación en Atento esteamos unidos pola defensa dos 823 postos de traballo que Atento quere destruír.

Ademais, os vindeiros martes 8 de xullo e xoves 10 de xullo haberá concentracións diante da empresa ás 11 e ás 18 horas.

Agora, máis que nunca… Non ao ERE en Atento, nin un paso atrás.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

 

O ERE presentado en Atento supón 823 despedimentos

no_ere_atento_azagraNo día de hoxe, xoves 3 de xullo, celebrouse en Madrid a primeira reunión do período de consultas do ERE (Expedente de Regulación de Emprego) que a dirección de Atento Teleservicios España ten presentado. A partir de hoxe ábrese un prazo de negociación non superior a un mes no que, según a lei, débese traballar para “evitar ou reducir” os 823 despedimentos que a empresa pretende executar.

Para a CGT esos 30 días son o prazo que temos os traballadores e traballadoras para obrigar a ATENTO a retirar este ataque salvaxe aos nosos postos de traballo. Desde a CGT non aceptamos nin asumimos as causas que hoxe expuxo a dirección da empresa.

A propuesta da empresa por provincias é: Barcelona, 131 despidos; Lleida 25 despidos; Madrid, 187 despidos; Cáceres, 11 despidos; Bilbao, 69 despidos; Córdoba, 36 despidos; Sevilla 63 despidos; Jaén, 45 despidos; León, 48 despidos; Toledo 92 despidos; Valencia, 67 despidos; e A Coruña, 49 despidos.

Os criterios que propoñen para seleccionar aos compañeiros/as son subxectivos, arbitrarios e fácilmente manipulables. Como exemplo, pretende que aspectos como o TMO, ou estar de baixa por enfermidade sexan criterios obxectivos para despedir. Os criterios poden variar ao longo destes 30 días, polo que nestes momentos non hai ningunha lista de compañeiros/as que vaian a ser despedidos/as. Se teñen fixado os martes e os xoves como día de reunións durante todo o mes de xullo.

CGT ten convocado Asembleas de traballadores e traballadoras en todos os centros de traballo para decidirmos colectivamente as medidas a levar cabo. Animamos a todos e todas a asistir e participar. Read More