post

CGT entra en centros sanitarios Quirónsalud de Pontevedra

La CGT irrumpe con fuerza en las elecciones sindicales de los centros sanitarios de IDCQ Hospitales y Sanidad de Pontevedra ("Hospital Quirónsalud – Miguel Domínguez", "Instituto de Neurorehabilitación", "Centro médico" y "Centro de rehabilitación") tras lograr este mismo lunes su candidatura el 40% de los votos totales de la plantilla y conseguir cinco representantes en el Comité de Empresa, de un total de 13.

            Este logro de una Sección sindical que se presentaba por primera vez las elecciones en la empresa, culmina en realidad todo un proceso de actividad y consolidación iniciado el 28 de mayo de 2019, cuando se reunieron en asamblea la afiliación de la CGT para constituir la Sección sindical de la CGT.

            Todo comenzó cuando el Grupo Hospitales Miguel Domínguez de Pontevedra fue adquirido por el Grupo Hospitalario Quirón-IDC (Quirónsalud), con la promesa de subrogación de toda la plantilla en las mismas condiciones económicas y laborales que venían disfrutando, lo que hizo efectivo con fecha del 1 de enero 2018.

            Sin embargo, el 4 de junio de ese mismo año, se firmó entre la empresa (ahora ya Quirónsalud) y el Comité, liderado por CC OO con mayoría absoluta, un nuevo Convenio para el periodo 2017-2020, que puso al alcance de la empresa vulnerar las condiciones económicas de la subrogación. Lo que efectivamente procuró llevar a cabo de inmediato, con la complicidad, inicialmente silente, del Comité de empresa.

La firma de este nuevo Convenio representó un gravísimo daño a los derechos e intereses de decenas de trabajadoras y trabajadores, cuyos salarios se vieron desde ese momento congelados. Y, con todo, lo peor de todo ello, fue que todo eso se hiciese sin ofrecer información veraz, entre engaños y ocultamientos, a la plantilla afectada.

            En respuesta a este conflicto, a petición de un grupo de trabajadoras, se hizo presente la CGT de Pontevedra en una asamblea, interviniendo en el debate para animar a la plantilla a organizarse y lograr una nueva mayoría en el Comité, que anulase los perjudiciales artículos impuestos en el convenio actual. La Sección sindical de CGT, con su éxito de hoy, obtuvo el reconocimiento y el apoyo de una gran parte de la plantilla para la lucha que se avecina.

CGT Pontevedra.

 

post

[A Coruña] Faleceu Mariquiña Villaverde

A compañeira Mar y Luz (Mariquiña) Villaverde Otero foi enterrada onte no cemiterio civil sito en san Amaro, ao falecer aos 86 anos de idade.

Mariquiña era filla de José Villaverde Velo, que fora secretario xeral da Confederación Rexional Galaica entre 1931 e 1933, paseado, coma moitos outros, pola barbarie fascista no verán do 1936.

A compañeira participou activamente na reconstrución da CNT durante a década dos 70 e posteriores e tamén se integrou na CGT tras as divisións orgánicas internas. Cando se xubilou como traballadora do metal, deixou a un lado a actividade sindical e a súa dedicación foi a de colaboración coas organizacións memorialísticas, participando en todo tipo de actos de este cariz.

Como mostra da súa firmeza, aínda está na memoria de moitos coruñeses o seu enfrontamento contra a desidia municipal cando, tras o falecemento da súa nai, a tamén libertaria Palmira Otero de Ois, ao dirixirse ao cemiterio civil para proceder ao seu enterro, se atopou coas portas pechadas dado que se pretendía chegar á sepultura atravesando o cemiterio católico, camiño moito máis cómodo para a empresa funeraria. Mariquiña non aceptou que se fixera pasar por baixo da cruz que figura na porta do cemiterio católico e a comitiva estivo detida ata que apareceron as chaves axeitadas para abrir o cemiterio civil directamente.

O enterro foi sinxelo. Sin discursos, somente roto o silenzo xeral polo son dunha frauta da que saían as notas de «A la barricadas».

Foi Mariquiña unha muller moi querida e desde a CGT da Coruña só nos podemos unir á dor dos seus familiares e amigos pola súa perda, que é colectiva.

CGT da Coruña

 

post

A Coruña contra a desigualdade

A CGT da Coruña convoca para o martes, 30 de xuño, ás 19:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno, unha concentración contra a desigualdade social. Para a CGT, a desigualdade é unha das iniquidades máis características do noxento sistema político-económico actual.

Para nós, son imprescindibles uns servizos públicos de calidade e universais; é necesario a redución de xornada e a desaparición de horas extras; non se poden seguir permitindo despedimentos deixando que as clases máis humildes paguen esta crise e non se pode repetir o da crise anterior na que a clase obreira rematou máis pobre e os capitalistas máis ricos.

Por todo isto estaremos nas rúas o día 30, para berrar

CONTRA AS DESIGUALDADES SOCIAIS

 

post

Solidariedade con Nissan na comarca de Ferrol

A federación do Metal da CGT ten convocadas diversas accións contra o peche da Nissan e en solidariedade cos seus traballadores e traballadoras. Hoxe, luns 22, a acción prevista a nivel estatal era celebrar concentracións diante dos concesionarios da Nissan. No marco desta campaña, delegados da CGT en Navantia-Ferrol e en Emafesa realizamos hoxe unha concentración no concesionario da Nissan na nosa comarca, que está situado no polígono da Gándara.

Así mesmo, adiantámosvos que o xoves 25 pola tarde celebraremos unha concentración en Ferrol, sobre a que vos mandaremos un comunicado específico porque, neste caso, ademais queremos que tamén sirva para solidarizarnos cos traballadores e traballadoras de Alcoa e das empresas da comarca que están ameazadas co peche, como Noa ou Cándido Hermida.

CGT en Ferrol

 

post

Navantia: sobre a situación dos novos ingresos

Prazas universitarias júnior 2019: O luns publicouse a lista definitiva de admitidos ás probas. A empresa anunciou que se poría en contacto con esas persoas antes de mañá para informalas do día e a hora das probas. Tamén se comprometeu a que, antes de publicar a lista definitiva de aprobados, a comisión de Emprego poderá revisar calquera aspecto dos seus expedientes.

Prazas sénior 2019 (operarios, empregados e universitarios): A intención é ir avanzando, aínda que a prioridade sindical é rematar o proceso das prazas júnior. A empresa enviou onte a súa proposta para as prazas de operarios e empregados. Está pendente de análise.

Prazas de 2019 que quedaran para 2020: A proposta sindical é que se aborden conxuntamente coas prazas sénior de 2019.

Prazas de técnicos de Prevención e Medio Ambiente (júnior e sénior): A semana pasada publicáronse de novo partindo de cero, aínda que houbo que corrixir algún erro (as titulacións esixidas eran diferentes en Fene e en Ferrol). O prazo de inscrición rematará o día 19.

Prazas de operarios-empregados júnior 2019: A empresa plantexou que os exames fosen on-line; a comisión de Emprego rexeitouno. Pero a empresa segue a amosar unha actitude ambigua, así que haberá que estar vixiantes.

Así mesmo, estableceuse un proceso extraordinario de reinscrición para que os non admitidos poidan achegar a documentación que lles faltaba, inscribirse só nunha especialidade, etc. Os que xa están admitidos non teñen que facer nada. Non se permitirá a inscrición de ninguén que non se inscribise cando estivo aberto o prazo en setembro. Aínda que non se lle queira chamar así, na práctica é o período de subsanación de erros que a CGT defendeu con insistencia fronte a outros sindicatos, que, cun discurso neoliberal, esquecían tódolos problemas da aplicación informática e opinaban que a subsanación de erros sería darlles oportunidades a quen o fixera mal.

O proceso para reinscribirse é así: iniciouse este luns e rematará ás 15:00 h. de mañá, xoves 18. Se non houbo fallos, tódolos afectados deberon recibir un correo da empresa coas instrucións (indicar por correo electrónico o nome e a especialidade á que se quere optar, achegando o  título, o certificado de vida laboral e, se esta supera os 3 anos, tamén os contratos de traballo). Ademais, se lles indica que, antes do 10 de xullo, teñen que subir ó seu perfil no Portal de Emprego de Navantia toda a documentación.

Pero está volvendo a haber problemas informáticos: algúns dos correos de reinscrición están sendo rexeitados. A CGT fixo unha comprobación e o problema non era da persoa que quería reinscribirse, senón de Navantia.

É incrible que hai corenta anos, usando papel e lapis, se fixesen exames para centos e centos de persoas sen ningunha incidencia, e que hoxe en día todo sexan problemas. Evidentemente, isto non é a causa dos medios técnicos modernos, senón unha consecuencia máis da política de subcontratación, que, entre outras cousas, dificulta a intervención nuns procesos postos en mans alleas.

Navantia ten que tomar medidas para resolver o problema, como alongar prazos ou habilitar a presentación en man da documentación. Están en xogo 85 postos de traballo. Os aspirantes non se merecen tódalas voltas e reviravoltas que dou e, infelizmente, segue a dar a convocatoria destas prazas.

Seccióon Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Ferrovial, concentración na Coruña

A CGT da Coruña, conxuntamente con CCOO e SF, convocan unha concentración o próximo venres, 19 de xuño, ás 11 da mañá na estación de ferrocarril de San Cristóbal (A Coruña).

            O motivo da convocatoria é amosar a solidariedade co cadro de persoal de Ferrovial, persoal que se ven dedicando á prestación de servizos a bordo dos trens e para os que non ningún plan de volta ao traballo tras a finalización do período de alarma. 2.000 postos de traballo están en xogo.

            Convócase a toda a afiliación, en especial aos representantes sindicais, a que acodan á concentración para amosar a solidariedade debida con estxs traballadoxs.

            A SÚA NORMALIDADE NON CONTA CXS TRABALLADORXS NIN COAS SÚAS FAMILIAS

            VIVA A LOITA OBREIRA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Concentración Alcoa A Coruña

A CGT da Coruña acordou solidarizarse cos traballadores de ALU IBÉRICA LC (Antigua Alcoa na Coruña), que se están a mobilizar en defensa dos postos de traballo e pola continuidade da empresa. Neste senso, convócase á afiliación e simpatizantes á concentración que terá lugar, mañá, 06 de xuño, sábado, ás doce do mediodía na Praza de María Pita, covocada polo Comité de Empresa.

Viva a loita da clase obreira!

Comité Local da CGT da Coruña