CGT Pontevedra, Xornadas Libertarias

Continúan en Pontevedra as Xornadas Libertarias – Xuño 2013. O mércores, 20 xuño , ás 20:00h, no Salón de Actos do edificio sindical (r/ Pasantería, 1) terá lugar a Mesa Redonda sobre «Novos movimientos sociais». Interveñen representantes do 15 M, Mareas cidadás (Marea laranxa) e Plataforma pola Auditoria Cidadá da Débeda. Ó remate das exposición dos tres ponentes, poden participar no debate, “a micrófono libre”, todas as persoas interesadas.

Comité Local – CGT Pontevedra

 

Manifestación en Madrid por un ferrocarril público e social. Non á privatización

cartel_ferrocarril_mani_madrid_20130629A CGT ten convocado manifestación en Madrid para o vindeiro día 29 de xuño, que sairá ás 12 horas da Estación de Atocha e rematará na Porta do Sol. As mobilizacións, que ata agora se viñan plantexando descentralizadamente, pretenden non só a defensa dos empregos ferroviarios, ante os ERE’s anunciados en RENFE e ADIF, os recortes en Cremonini, polo futuro dos traballadores e traballadoras de Contratas Ferroviarias, Servizos Auxiliares, Comfersa, etc…, as habilitacións para o persoal da extinta FEVE, senón tamén a protesta pola inminente liberalización do ferrocarril, as supresións de trens de media distancia, o peche de liñas, a fragmentación de ADIF e RENFE.
Para a CGT sobran os motivos para a mobilizacións, por iso chama á participación masiva na manifestación do 29 de xuño, e anuncia a convocatoria de folgas en todo o sector ferroviario nos meses de xullo e agosto.
Dende a CGT da Coruña se está a organizar o desprazamento de compañeiros e compañeiras á manifestación de Madrid, polo que os traballadores e traballadoras interesadas deben poñerse en contacto, o antes posible, coas Seccións Sindicais ou directamente coa Federación Local para anotarse.

Mais información: Sindicato Federal Ferroviario da CGT

 

Xornadas libertarias en Pontevedra

Mañán, martes, 18 de xuño, ás 20:00h, na sede da CGT, comenzan en Pontevedra as «Xornadas Libertarias – Xuño 2013», coa charla-debate sobre a «Reforma Laboral», na que actuará como ponente o compañeiro Desiderio Martín, membro do Gabinete de Estudios da Comité confederal da CGT, e na que poden participar, “a micrófono libre”, todas as persoas interesadas.

Charla-Debate
A ininterrumpida reforma laboral ou cómo chegamos ata eiquí”:

– Máis de 6 millóns de persoas en paro
– Empobrecemento xeral da clase traballadora
– Precarización do emprego e as condicións laboráis e de vida.
– Impunidade do saqueo da poboación e a destrución do patrimonio público e a privatización da sanidade, educación, xustiza, dependencias e servizos públicos.

CGT Pontevedra – Comité Local

 

Comezan os despidos da fusión Santander-Banesto. Graciñas, CC.OO.-UGT-FITC-SEB

O Banco Santander vai despedir, en menos de 15 días, a máis de 300 traballadores, contando coa vergoñenta colaboración do holding sindical CC.OO.-UGT-FITC-SEB cando asinaron o lamentable acordo laboral de fusión que permite tantos despidos como lle pete á empresa.

En Galicia as direccións de Recursos Humanos, tanto do Banesto como do Santander, comezaron a chamar aos comañerios (todos eles de idades inferiores a 50 anos) para comunicarlles, mediante unha carta, a baixa «voluntaria» na empresa, cunha indemnización de 50 días por ano (máximo 42 mensualidades). De non aceptar, xa os avisan de que os van botar igual, aplicando a reforma laboral. A falta de respecto á dignidade dos traballadores é tal que teñen a desvergoña de citalos nos departamentos de Recursos Humanos do xeito seguinte: se traballas no Santander, vas pola sentencia ao Banesto e se traballas no Banesto, danche a puntilla no Santander, sen permitir, ademáis, que sexan acompañados por un representante sindical. Read More

 

Manifestación na Coruña en defensa do ferrocarril público e social

A CGT da Coruña chama a participar activamente na manifestación que terá lugar o vindeiro xoves, 20 de xuño, en protesta polos recortes de servizos ferroviarios en Galicia e contra o plan de privatización do ferrocarril, convocada polos comités de empresa de Renfe e Adif.

A manifestación partirá, ás 20 horas, da Estación de San Diego (fronte á Casa do Mar) e finalizará na Estación de San Cristobo.

CGT da Coruña

mani_ferrocarril_pancarta

 

Acto na Coruña «Que non nos rouben o tren!»

 

mani_ferrocarril_cartel

O vindeiro mércores, día 19, ás 20 horas, na Praza de Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón da Coruña terá lugar un novo acto en defensa dun ferrocarril publico e social. Baixo o título «Que non nos rouben o tren!!!»,  o acto contará coas intervencións de dous compañeiros do Sector Ferroviario da CGT, Alberto Díaz e Ángel Valladares, e de Paco Rodríguez (ex deputado do BNG).

CGT da Coruña

 

 

Xornadas libertarias de Debate ó Vermello e Negro vivo

A CGT de Pontevedra organiza para este mes de xuño as xornadas de “Debate ó vermello e negro vivo”, nas que poden participar “a micrófono libre” todas as persoas interesadas. Todos os actos comenzan as 20:00h e celebraranse na sede da CGT (r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) agás a Mesa Redonda sobre os novos Movementos sociais que terá lugar no Salón de actos do edificio sindical (R/ Pasantería – Baixo). Está é a programación:

Read More

 

Asemblea xeral

O día 12 de xuño, mércores, ás 19:30 horas, comezará a Asemblea Xeral da CGT da Coruña, que terá como punto principal o debate e aprobación, se procede, das propostas que enviará este Sindicato ao resto da organización para o próximo Congreso Confederal, que fará o XVII e terá lugar na Coruña o mes de outubro.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Máis de 2000 manifestantes polo Peche de Celulosas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAUn ano máis a CGT de Pontevedra renovou o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na XVIII Marcha anual polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. Na longa marcha de aproximadamente tres kilómetros, uns chegados desde Marín e outros desde a Alameda de Pontevedra, unhas dous mil persoas concentrámonos diante de Celulosas. Durante a marcha, a CGT repartiu uns mil panfletos nos que destacaba súa posición nesta longa loita contra a única empresa de Celulosa en todo o estado, condenada por delito ecolóxico.

Este é o texto repartido: Read More