post

Concentración pola xustiza social

A CGT da Cotruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a unha concentración que terá lugar o martes, 6 de xullo, ás 19:30 horas, no Obelisco da Coruña baixo o lema «Pola xustiza social. As persoas antes que o capital».

POLA XUSTIZA SOCIAL: AS PERSOAS ANTES QUE O CAPITAL

A situación da clase traballadora é insostible: catro millóns de persoas no paro e o resto sometidas a horarios interminables, salarios de miseria, contratos precarios, colas da fame, expulsadas das súas vivendas e condenadas a unha existencia moi pouco merecente de ser vivida.

Millóns de horas extraordinarias, pagadas e sen pagar, que servirían para crear centos de miles de postos de traballo. Xornadas de traballo legais que non se reducen desde hai 40 anos. Unhas xubilacións cuns requisitos cada vez máis duros non só para ter dereito a elas, senón tamén cunha idade de xubilación máis tardía e uns sistemas de cálculo pensados só para reducir o seu importe. Mentres milleiros de xoves agardan por un posto de traballo, outros prolongan a súa vida laboral ata que non poden máis e pasan directamente do posto de traballo ás portas da morte. Por todo isto reclamamos traballar menos: menos horas, sen horas extraordinarias e cunha idade de xubilación máis temperá. Traballar menos, para traballar todas e todos.

Temos un salario mínimo de miseria, do que dependen millóns de traballadores e traballadoras, e este ano aínda non subiu. As diferencias salariais son enormes, sen ningunha equidade. Os salarios non cobren, en moitos casos, os gastos mínimos para ter unha vida digna de ser vivida. Os ricos son cada vez máis ricos e continúan enriquecéndose durante esta pandemia. É unha cuestión de xustiza que os traballadores e traballadoras poidan sufragar co seu salario os gastos de vivenda, alimentación, enerxía, abrigo, cultura e ocio sen estar afogados día tras día, mes tras mes. Por todo isto reclamamos un salario mínimo digno e suficiente, o peche dos abanos salariais e a repartición da riqueza equitativamente. En definitiva: estamos polo reparto da riqueza e do traballo.

Por iso non é suficiente a derrogación da reforma laboral de Rajoy. Esta reforma foi nefasta, pero é que é nefasta a xeneralidade da lexislación laboral: contratas, subcontratas e ETT; contratación temporal á carta; despedimentos libres a gusto do empresariado; accidentes de traballo disparados; subsidios de desemprego miserentos e todo tipo de falcatruadas consentidas legalmente por este sistema inicuo e inxusto en beneficio dunha minoría cobizosa e insaciable. Por isto reclamamos a xustiza social, un sistema social xusto no que a clase obreira, a creadora da riqueza, teña o recoñecemento que merece e deixe de padecer esta vida cativa e ruín. Porque humanamente é insostible este sistema que pon o capital por riba das persoas. Porque hai que desmontar toda a lexislación actual e non conformarse coa maquillaxe que poidan supoñer unhas simples modificacións e derrogacións.

Traballar menos para traballar todas e todos

Polo reparto da riqueza e do traballo

As persoas antes que o capital

Pola xustiza social

CGT da Coruña

 

post

Semanario anarcosindicalista La Campana nº 46

Como cada martes, este 29 de junio, ha salido un nuevo número, nº 46, de la revista semanal La Campana (VI Época), editada por CGT-Pontevedra. Sumario:

            Comunicado: ¡No a la reforma de las pensiones del gobierno, patronal y CC OO y UG! – Comunicado de la Coordinadora General de Pensionistas de Madrid

            Editorial: Llamamiento a la solidaridad y apoyo mutuo frente a la brutalidad de una sentencia que criminaliza la acción sindical.

            Lucha social: “Abusos, desprezo e precariedade. Outra vez o Telemarketing avisa do futuro”, por Larri / La Diputación de Burgos impide el ejercicio legal del derecho de huelga / La CGT denuncia un ERE encubierto en Atento

            Actualidad: Ecologistas en acción presenta su Informe 2020 sobre calidad del aire

            Controversia: Antípodo y Odopitán, charlan en torno al caso de Valérie Bacot, que asesinó a su marido

            Reseña de cine: “Night moves” de Kelly Reichart, por Osmundo.

            Poesía: “De la cárcel”, por Andrés Carranque de Ríos

            Debate al Rojo y Negro: Boicot a Amazon, cómplice de la ocupación israelí de Palestina

            Memoria libertaria: El camino de pasión de Zensl Mühsam / y 2

Todos los números de La Campana, actuales y pasados (1980 – 2021) pueden leerse y descargarse, en la web www.revistalacampana.info. Para mayor información e-mail: lacampanapdf@gmail.com

El Comité Local de CGT-Pontevedra

 

post

Concentración contra os despidos en Atento

Mañana martes 29 de junio a las 11:00 horas, tendrá lugar una nueva concentración delante de la tienda de Movistar en plaza Pontevedra, 12 para protestar por los despidos que Atento y Movistar están llevando a cabo en las últimas semanas en diferentes centros de atención de llamadas. Despidos basados en mentiras que luego son reconocidos como improcedentes y que le sirven a Atento y Movistar para deshacerse de lxs trabajadorxs con mayor antigüedad, explotando aún más a quienes siguen trabajando ya que tiene que hacer además de su trabajo el de lxs despedidxs, y si vuelven a contratar lo hacen con peores condiciones, incluso a través de ETT, para realizar el mismo trabajo.

No es la primera vez que Atento despide a más de 30 trabajadorxs, lxs dos últimxs la pasada semana) en un plazo de no más de 90 días incurriendo con ello en un ERE fraudulento. En esta ocasión están de nuevo rondando el número de despidos dentro de ese plazo, aunque parece que están haciendo los cálculos con más cuidado para parar de despedir antes de que se pueda considerar un ERE para continuar luego con los despidos cuando el contador de tiempo se pone de nuevo a cero.

En esta ocasión la concentración será estatal y se llevará a cabo simultáneamente en todas las plataformas de atención de llamadas donde la CGT tiene representación y en ella volveremos a exigir el fin de los despidos y la readmisión de lxs despedidxs.

Sección Sindical de CGT en Atento – A Coruña

 

post

70 Follas da CGT en Navantia

Puntualmente ven de saír o número 70 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria do noso sindicato en Navantia. O sumario deste número é o que segue:

  • Teletraballo e conciliación
  • A Xunta non é a nosa aliada
  • O paro técnico e a irresponsabilidade de Navantia
  • Valoración da asemblea posterior á culebra
  • Prazas 2020-2021

Pódese abrir ou descargar este número picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Paros en Teleperformance da Coruña

⛔⛔⛔ CONVOCADOS PAROS EN TELEPERFORMANCE ⛔⛔⛔

👉🏼 Meses y meses jugando con nuestras nóminas, descontándonos dinero por fallos en sus sistemas mientras ellos se llenan los bolsillos a base de nuestro esfuerzo. No lo sigamos permitiendo.

✊🏼 Todxs unidxs seremos más fuertes‼️‼️‼️

📆 Lunes, 28 de junio🕛 De 12:30 a 13:30 h y de 16 a 17 h (Dentro de estas franjas horarias os podéis deslogar y dejar de coger llamadas sin tener que dar aviso a nadie)

📣 Concentración en TP de 12:30 a 13:30 h

Sección Sindical de CGT en Teleperformance – A Coruña

 

post

Concentración contra Atento e Movistar

La @CGT sigue organizando a lxs trabajadorxs contra los ataques de @AtentoCorp y @movistar_es, responsables de la destrucción y precarización de miles de puestos de trabajo, bajo el paraguas de unas leyes echas a medida de la patronal.

Este martes 29 nos vemos a las 11:00 horas.

Sección Sindical de CGT en Atento – A Coruña

 

post

Al aire, nº 45 del semanario La Campana (VI Época)

Como cada martes, este 22 de junio, ha salido un nuevo número, nº 45, de la revista semanal anarcosindicalista La Campana (VI Época), editada por CGT-Pontevedra. Sumario:

            Comunicado: Exposición y homenaje a Eduardo Guzmán

            Editorial: Cumbre del G7: “de vuelta en el negocio de gobernar el mundo” (Presidente de EE UU)

            Defensa do territorio: Entrevista coas compañeiras Iria Graña e Alba Rivas, de SOS Suido Seixo

            Actualidad: Marruecos: 70 días sin noticias del preso saharaui Mohamed Lamin Haddi

            Controversia: Antípodo y Odopitán, charlan en torno al próximo recibimiento de los zapatistas en Vigo.

            Reseña de cine: “Sound of noise” de Ola Simonsson, por Osmundo.

            Poesía: “Trabajo de mujer”, por Maya Angelou

            Debate al Rojo y Negro: Ante el duelo interminable de los ahogados, la actitud de las empresas periodísticas no es otra que el mayor desprecio a la vida y la dignidad

            Memoria libertaria: El camino de pasión de Zensl Mühsam / 1

Todos los números de La Campana, actuales y pasados (1980 – 2021) pueden leerse y descargarse, en la web www.revistalacampana.info. Para mayor información e-mail: lacampanapdf@gmail.com

El Comité Local de CGT-Pontevedra

 

post

Concentración en Teleperformance

BASTA XA DE ABUSOS

Miércoles, 23 de junio.

📌Delante de Teleperformance.

🕧 De 12:30 a 13:30 h.

▶️ Descuentos en nóminas.

▶️ Formaciones deficientes.

▶️ Portal del Empleado como herramienta de comunicación.

▶️ Compensación gastos de teletrabajo.

▶️ Falta de información a la RLT.

✊🏼 Sobran los motivos y faltan soluciones por parte de la empresa

‼️💪🏼Podéis acudir y apoyarnos fuera de vuestro horario laboral, descansos, pvd’s,… No hay paros ni huelga convocados.

Sección Sindical de CGT en Teleperformance

 

post

Navantia: un nivel de exclusión inaceptable

PRAZAS DE EMPREGADOS OPERARIOS SENIOR 2019

Rematou a segunda análise das inscricións nas prazas de operarios e empregados sénior 2019. Na primeira detectáranse dous erros:

  1. Aplicación de criterios distintos en casos idénticos (cuns admitidos e outros non).
  2. O requisito de coincidencia literal da profesión dos contratos con algunha das profesións recollidas nas bases deixaba fóra a moitos profesionais.

Nesta segunda análise corrixiuse o primeiro, pero non o segundo. O resultado só pode cualificarse de DESFEITA: a media de non admitidos é do 90,2%.

ProfesiónPrazasInscriciónsAdmitidos
Listas anuladas
Admitidos
Agora
% excluídos
Administrativo56472151997,1%
Axustador-montador6274623288,3%
Calorifugador1679395,5%
Chapista111027991,8%
Deliñante5275917473,1%
Electricista9324652093,8%
Fresador-mandrinador484371878,6%
TOTAL311.78150617590,2%

A que se debe isto? Fundamentalmente a dous factores:

  1. Rexeitouse a posibilidade de ter en conta a información en poder de Navantia para comprobar a experiencia laboral.
  2. Insistiuse en facer unha comparación literal das profesións dos contratos coas profesións das bases. Algúns exemplos dos problemas causados por isto:
  • Un contrato de “calorifugador” ou de “administrativo” non serve para presentarse ás prazas de “Calorifugador” e de “Administrativo” porque as profesións “calorifugador” e “administrativo” a secas non aparecen nas bases.
  • Un contrato de “electricista” ou de “caldereiro” non serve para presentarse ás prazas de “Electricista” ou de “Chapista” porque as bases recollen que a profesión ten que ser “electricista naval” ou “caldereiro industrial” respectivamente. Ou sexa, cun contrato de “electricista” podes traballar como electricista nun buque de Navantia, pero non podes presentarte a estas prazas.
  • Outro caso rechamante. Contrato: “Fresador CNC”. Profesión nas bases: “Operador de máquina fresadora con control numérico (metais)”. Non era admitido co argumento de que podía traballar a madeira. A CGT sinalou que o seu contrato non era de Cándido Hermida, senón dunha coñecida compañía auxiliar do metal. Seguiu sen ser admitido.

Buscamos tódalas profesións nas que figura “control numérico” na base do SEPE. Atopamos tres: “Programador de máquinas con control numérico, en xeral”, “Operador de torno con control numérico (metais)” e a que figura nas bases: “Operador de máquina fresadora con control numérico (metais)”.

Argumentamos que non había ningunha profesión que relacionase a un fresador de control numérico coa madeira, e que, por tanto, ese contrato tiña que corresponder forzosamente á profesión das bases. Non serviu de nada. Quedou excluído por faltar no contrato a palabra “metais”.

É razoable excluír a traballadores con experiencia na profesión por causas como as expostas aquí arriba? Na nosa opinión, NON.

Infelizmente, temos que dicir que moitos destes debates non só foron coa empresa, senón tamén co resto dos sindicatos (a excepción do caso dos administrativos, nos que a CIG coincideu coa CGT, pero en calquera caso quedamos en minoría na comisión).

A CGT non cuestiona que para presentarse ás prazas haxa que cumprir uns requisitos. Pero os requisitos non poden interpretarse cunha RIXIDEZ que nalgúns casos roza o ABSURDO, nin converterse nunha FORMALIDADE máis importante cá REALIDADE.

Cando hai un 90% de non admitidos, incluídos moitos profesionais con experiencia dabondo no sector naval, é que algo está mal. Chamamos ó resto dos sindicatos a facer unha reflexión para darlle unha solución a este problema.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Comedor, economato e becas en Navantia

Unir, non dividir

O luns haberá asemblea xeral para decidir os criterios de aplicación do artigo 41 do convenio (conceptos sociais). Haberá quen só vexa cartos. Pero é moito máis. A cuestión a decidir é esta: ¿TEN DEREITO Ó ARTIGO 41 TODO O PERSOAL EN ACTIVO ADSCRITO Ó CONVENIO OU NON? No comité hai dúas posturas: 1) Todos teñen dereito ós conceptos sociais (CGT e CCOO). 2) Non todos teñen dereito (MAS, CIG e UGT).

Non é a primeira vez que se trata o tema. Debateuse polas becas a finais de 2019 e polo comedor-economato en 2020. En ámbalas ocasións, MAS, CIG e UGT defenderon que, mentres non rematase a Comisión central de Política Salarial, a aplicación dos conceptos sociais non podía sufrir modificacións e que, polo tanto, só correspondían ó persoal do III Convenio, excluíndo así a tódolos novos ingresos. “Esqueceron” convenientemente que en abril do 2019, catro meses despois da sinatura do convenio,  eses criterios supostamente inmodificables foron modificados por unanimidade do anterior comité, para que os prexubilados cobrasen o comedor, que nunca o cobraran. E volve demostrarse hoxe, cando, cambiando a postura que mantiñan ata hai uns días, agora defenden que os novos ingresos GP-3 e GP-4 si teñen dereito, pero os GP-1 e GP-2 non.

MAS, CIG e UGT aínda non deron unha explicación seria de por que o artigo 41 non se aplica a tódolos traballadores. Porque dicir que ese era “o espírito do convenio” non é serio.

  • ¿Son as compensacións de comedor e economato masa salarial? Non. No seu momento, o seu importe se estableceu nun 2% da masa salarial do persoal do convenio (daquela, só operarios e empregados). Pero a partir de aí pasou a ser un concepto máis das táboas salariais totalmente desvencellado da evolución da masa salarial. Por iso as 2.000 prexubilacións de 1999 e 2005 non diminuíron a súa contía.
  • ¿Son as compensacións de comedor-economato propiedade dun grupo específico de traballadores? Non. Son un dereito do convenio para tódolos traballadores adscritos a el. Por iso tamén o  cobraron aqueles que ingresaron na empresa despois da desaparición de comedor e economato. Plantexar que só é dalgúns é darlle á empresa a escusa perfecta para converter o comedor-economato nun dereito individual. O cal, ademais de inxusto, implicaría que, cada vez que alguén perda o dereito a esa compensación, eses cartos non se redistribuirían entre todos (como ocorre agora precisamente por ser un dereito colectivo), senón que Navantia quedaría con eles. Estas son as intencións da empresa, como demostra que no libro do convenio (páx. 75) xa non aparece a contía do comedor-economato.

Cal é o problema agora? Que como o ámbito de aplicación do convenio se ampliou ós TS e hai novos ingresos, algúns sindicatos temen que o importe per cápita baixe. Para evitalo, primeiro argumentaron que os cartos pertencen só ó persoal do anterior convenio. Por iso o ano pasado se opuxeron a que o cobrasen os operarios e empregados contratados trala sinatura do convenio (Sestao e eventuais). Se agora cambiaron de postura é porque sentiron a presión dos operarios júnior, que fixeron unha “visita” ó comité. Máis oportunismo, imposible.

MAS, CIG e UGT xustifican a súa proposta corporativista como unha forma de presionar á empresa para que poña máis cartos. Escusas. A famosa Comisión tiña 9 meses para rematar trala sinatura do convenio en decembro de 2018. Dous anos e medio despois, “ni está ni se la espera”.

¿Fixeron, ou propuxeron facer algo, durante todo este tempo para presionar á empresa? Non. E como non están dispostos a enfrontarse coa empresa, se lles ocorre “presionala” negándolle os seus dereitos a unha parte dos traballadores, transformando o enfrontamento entre traballadores e empresa nun enfrontamento entre traballadores, que é xustamente o que lle interesa á empresa. A dirección debe de estar morta de risa vendo como lle axudan a crear divisións na plantilla.

O convenio non é propiedade de determinados traballadores. Este é un enfoque individualista. O convenio é de tódolos traballadores incluídos nel. UN SINDICATO DE CLASE NON PODE NEGARLLE A UN TRABALLADOR OS DEREITOS QUE O CONVENIO LLE DÁ.

O MÁIS GRAVE DO ACTUAL CONVENIO É A DOBRE ESCALA DE DEREITOS (máis dereitos para os antigos e menos para os novos ingresos). Hai que combatela a morte. Pero a proposta de MAS, CIG e UGT vai exactamente en sentido contrario. Este debate é unha primeira mostra das consecuencias negativas que trae  a existencia de  diferentes condicións laborais dentro dunha plantilla. Pero en vez de loitar contra a dobre escala, MAS, CIG e UGT alentan afondala, o que crearía unha división no cadro de persoal que a medio-longo prazo provocará que todos teñamos menos dereitos, xusto o que quere a empresa.

O papel do movemento sindical non é dividir os traballadores, senón o contrario: POÑER DE MANIFESTO OS INTERESES COMÚNS QUE NOS UNEN A TOD@S. Isto empeza por non negarlle a ninguén os dereitos que ten, e continúa por sumar forzas para dar unha batalla conxunta para conquistar novos dereitos, incluídos algúns que agora só teñen algúns TS.

A maioría dos TS que están en convenio (novos ingresos do plan, xente procedente do convenio ou ingresos da rúa nos últimos tempos) non teñen nada que ver con aqueles TS de hai tres ou catro décadas, que formaban unha elite privilexiada que se elevaba moi por encima dos traballadores do convenio. Hoxe, Navantia non só non lles dá privilexios, senón que os trata a patadas. Por exemplo, teñen que prolongar xornada sen cobrar nin un euro máis. NAVANTIA NOS QUERE DIVIDIDOS PARA SACARNOS DEREITOS A TOD@S. NON COLABOREMOS CON ELA. A UNIÓN DOS TRABALLADORES É O FACTOR MÁIS IMPORTANTE.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol