1 Octubre a Santiago – Defensa de las Pensiones Públicas

La CGT de Pontevedra llama a toda la clase trabajadora pontevedresa a participar en la manifestación del próximo lunes, 1 de octubre, en Santiago de Compostela y a subirse al bus organizado por MODEPEN y en el que participa la CGT, que saldrá de Marín (puerta de la Escuela Naval) y Pontevedra (frente al Pabellón Municipal) a las 10,30h. A continuación el llamamiento que la CGT, bajo el lema «La lucha continúa» está repartiendo en Pontevedra, tras el acuerdo suscrito por todas las fuerzas políticas parlamentarias en la Comisión del Pacto de Toledo. Read More

 

post

Luns, 17 de setembro, paro de 24 horas en Atento A Coruña

Tras máis de 3 meses de continuas mobilizacións das traballadoras e traballadores de Atento Coruña en protesta polos despidos, sancións e as nefastas condicións laborais que están a padecer, o pasado martes a empresa reuniuse co comité de empresa para tratar as reivindicacións da plantilla.

 

Atento comunicou o comité de empresa a sua intencións de non rematar cos despidos e as sanción cando e como considere necesario, aínda que non exista motivo real que os xustifique, tamén indicou que non pode facer nada en canto a mellorar as condicións do traballo en temas como que as aplicacións informáticas non fallen a diario ou que @s traballador@s dispoñan de un tempo administrativo entre chamada e chamada para poder cumplimentar os datos das mesmas.

 

Por todo isto, o comité de empresa, del que a CGT forma parte, decidiu proseguir adiante coas mobilizacións convocadas. A próxima será un paro de 24 horas o próximo luns 17 de setembro.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

 

 

post

[Compostela] Marcha pola dignidade dos medios públicos

O vindeiro sábado, 8 de setembro, vai ter lugar a I Marcha pola dignidade dos medios públicos. Marcha convocada de xeito conxunto polo Comité Intercentros da CRTVG e polo Comité de Empresa da CRTVE en Gz.

Dende esta Sección Sindical, como non podía ser doutro xeito, animámosvos a que participedes nesta mobilización.

Unha vez mais temos que insistir na necesidade de que, nunha sociedade que se considere democrática, deben existir uns medios de comunicación públicos que sexan plurais, independentes e fiables.

Se tamén temos en conta o contexto actual, onde nos chega información por multitude de canais, en moitos casos sen contrastar, ou deliberadamente falsas (fake news) é indispensable contar cuns medios públicos de comunicación fortes e independentes, que sexan un referente informativo.

Xa levamos demasiado tempo denunciando as inxerencias dos Gobernantes tanto na CRTVG como na CRTVE: manipulando os contidos, tanto presionando as persoas traballadoras como metendo a tixeira directamente, quitándonos o noso traballo para darllo a Empresas Externas, reducindo a plantilla, non contratando para cubrir baixas/vacacións,… en definitiva, facendo todo o preciso para reducir o Público (de todos/as) en beneficio do Privado (dos seus), da igual o seu custo económico e social, “que amigos son de xestionar o Público, os que queren privatizalo todo (El Roto)”.

Por todo isto, dende a CGT en RTVE Gz apostamos pola unidade de acción, non so dos Sindicatos, non só das persoas traballadoras da CRTVG e da CRTVE, senón da sociedade en xeral.

Únete e loita, vémonos o sábado 8.

Sección Sindical de CGT en RTVE  en Galicia

 

post

Manifestación luns, 10 de setembro: a loita continúa en Atento A Coruña

Dentro da campaña continua de mobilizacións das traballadoras e traballadores da empresa Atento da Coruña, que se veñen sucedendo desde finais do mes de maio, a totalidade do Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, convoca unha manifestación o próximo luns, día 10 de setembro, ás 18:00 horas, e que sairá das portas do centro de traballo na rúa Juan Flórez. A saída da manifestación coincidirá co inicio do paro de dúas horas convocado para a tarde. Tamén está convocado outro paro pola mañá e outro pola noite, todos de dúas horas, un por quenda.

Os motivos da manifestación son os que se veñen facendo públicos nos últimos tempos: contra a política antilaboral da empresa que se traduce en despedimentos con causa falsa ou por absentismo xustificado (o último despido, hai dez días, foi a un compañeiro por estar enfermo de máis), acosos permanentes, sancións inxustas, presións, cargas de traballo excesivas, imposicións das quendas de vacacións e total desprezo pola dignidade dos traballadores e traballadoras.

Atento cumpre agora 20 anos de existencia na Coruña. Durante estes 20 anos caracterizouse polos soldos miserentos, por espremer ata a última gota á plantilla, por despedimentos masivos ou individuais permanentes que reduciron o persoal á metade nos últimos anos, e pola utilización de todas as argucias legais para machucar calquera intento de oposición en defensa dos intereses obreiros.

Pero Atento non conseguiu facer calar as voces que se alzan contra a explotación e, nestes 20 anos, atopouse con quen loitou contra o seu voraz instinto depredador. Hoxe, a loita continúa a pesar de todos os seus intentos.

Sección Sindical de CGT Atento – A Coruña