post

Reunión coa dirección de Concentrix o 26/04

La dirección nos informó que por petición del cliente se reduce plantilla en una de las líneas que da soporte a Latam causando la baja de 15 empleados los cuales por causas organizativas no es posible recolocar según la empresa.

Desde la CGT pensamos que la empresa debería hacer lo imposible para recolocar a estos compañeros/as , una empresa con más de 450 empleados debería tener sitio para trabajadores/as que llevan un tiempo dando soporte para un cliente que requiere buen nivel técnico.

Ya hace tiempo que nuestro delegado de la CGT ha hecho saber a dirección que el despido de compañeros/as a lo largo de estas últimas semanas por causas muy cuestionables y da la impresión de esconder en realidad un cierre de soporte, por el que la empresa prefiere despedir a trabajadores /as poco a poco con tal de evitar un ERE que les pueda comprometer a la obligación de recontratarlos más adelante.

Estamos vigilantes de estas maniobras de la empresa,ya que la situación actual es muy complicada por la pandemia, y a pesar de esta crisis Concentrix La Coruña sigue creciendo y esto gracias también al trabajo de nuestros compañeros ahora despedidos.

Pedimos al comité seguirnos en esta dirección y proteger a los trabajadores/as, y también a dirección sentido común y responsabilidad de cara a su mayor valor que somos nosotros los empleados.

Desde aquí recomendamos a los empleados despedidos ahora y a lo largo del último año que estéis atentos a los comunicados sobre la mesa negociadora ya que cuando se alcance resolución en función de la misma pudiera ser que podáis solicitar cobrar esos atrasos a la empresa.

Podéis contactar con la CGT, haremos todo lo posible para ayudaros frente a la empresa que os despide sin piedad.

Es muy importante contar con un sindicato de trabajadores/as en vuestra situación.

lnfo@seccioncgt.ga

Adicionalmente se comentó que en el mes de Mayo se espera que puedan regresar al Site los voluntarios. Veremos con la Comisión de Seguridad y Salud las condiciones para volver a las instalaciones e informaremos en brreve sobre este posible regreso.

Salud y lucha obrera.

Sección Sindical de CGT en Concentrix – A Coruña

 

post

1º de Maio en Ferrol

A Folla da CGT número 60 publica un manifesto sobre o Primeiro de Maio e convoca a manifestación que sairá ás 12:00 horas da avenida de Esteiro. O contido deste número 60 é o seguinte:

  • 1º de Maio: traballar menos para traballar tod@s
  • Fronte común si, pero en defensa da carga de traballo e emprego digno
  • Talentos para Navantia, pero de fóra
  • A desconexión dixital, asinada sen consulta

Para ler ou descargar a Folla, só hai que picar nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

CGT Atento Coruña: os dereitos non se regalan, os dereitos conquístanse

A Sección Sindical da CGT en Atento ven de sacar o seu Boletín Informativo número 8, adicado en exclusiva á próxima celebración do Primeiro de Maio.

Pódese ler ou descargar picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical de CGT en Atento – A Coruña

 

post

Semanario La Campana nº 39

Como cada martes, también este 27 de abril, ha salido un nuevo número, nº 39 de la revista semanal La Campana (VI Época), editada por el Sindicato Único de Trabajadores "Solidaridad Obrera" (SUTSO) de Pontevedra de la CGT. Sumario:

Editorial: "Llamamiento a participar la manifestación del 1º de Mayo y Jornadas Libertarias".

Buzón: La siniestralidad laboral mortal en Galicia … que no cesa

Luchas sindicales: Unísono e ING chantajean a sus plantillas en teletrabajo. El TSJ del País Vasco de clara accidente laboral el infarto sufrido en teletrabajo // Movilización de CGT contra la precariedad laboral y el paro

Semana rojo y negra: I Jornadas Libertarias (27-30 abril) y Manifestación del 1º de Mayo // La tragedia del pueblo palestino continúa. También la indiferencia culpable de los cómplices del crimen

Antípodo y Odopitán: "Amenazas a políticos y enajenación electoral"

Cine: "El sonido del metal"

Poesía: "Los conformistas", de Benjamín Prado

Debate, al Rojo y Negro vivo: La organización mundial del desastre. Vertidos de la central atómica de Fukushima

Memoria libertaria: Comienzo de siglo en Rosario. Del 1º de mayo a la huelga

 NOTA: Todos los números de La Campana, actuales y pasados (1980 – 2021) pueden leerse y descargarse, en la web www.revistalacampana.info. Para mayor información e-mail: lacampanapdf@gmail.com

El Comité Local de CGT-Pontevedra

 

post

Navantia está a cometer unha infracción laboral

O pasado novembro, tras solicitarllo previamente á dirección da empresa e recibir como resposta boas palabras que despois non se transformaron en feitos, a CGT denunciou a Navantia ante a Inspección de Traballo pola non publicación do escalafón no primeiro trimestre de 2020, como recolle o convenio colectivo en vigor.

Esta actuación por parte de Navantia non era ningunha novidade, vénse repetindo nos últimos anos: o último escalafón anual publicado corresponde a 2016.

A nosa denuncia xa ten resposta. A Inspección de Traballo dá a razón á CGT e considera que a non publicación do escalafón por parte de Navantia supón "transgredir os dereitos recoñecidos ós traballador@s no convenio, o que constitúe unha infracción laboral procedéndose regulamentariamente".

A CGT xa se dirixiu a Navantia esixíndolle que nos comunique inmediatamente unha data máxima para a publicación do escalafón. Esperemos que non se atrevan a ignorar a resolución da Inspección.

A dirección de Navantia comete irregularidades arreo, como a CGT vén denunciando repetidamente e como ás veces logramos demostrar.

É impresentable que unha empresa pública cometa ilegalidades. O Goberno do PSOE-Podemos debe tomar medidas de inmediato para poñer freo ós reaccionarios que ostentan responsabilidades en RRHH de Navantia, cuxas arbitrariedades e ilegalidades desprestixian á esquerda ante os traballador@s.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Primeiro de Maio na Coruña

O Primeiro de Maio a CGT da Coruña, xunto coa CUT e o SE, convoca de novo a manifestación do Día do Traballo. O inicio terá lugar na Praza de Pontevedra, ás 12:30, e rematará na Praza de España.

Hai que esixir que se reparta o traballo e a riqueza

O 1º de Maio sempre ten que ser un día reivindicativo e de loita como garantía dos dereitos: ao traballo digno; a unha xornada laboral que posibilite conciliar o traballo coa vida; a un salario e prestacións sociais suficientes, ben cando se ten emprego e tamén cando non se ten; a pensións adecuadas para vivir con dignidade, para loitar contra as reformas laborais, os desafiuzamentos ou as leis mordaza.

O empobrecemento material de millóns de traballadores e traballadoras, a través de mecanismos como o recorte masivo das rendas salariais, está a xerar unha das sociedades máis desiguais do mundo. Segundo datos do Banco de España, o 25% da poboación vivía xa en risco de pobreza ou exclusión social antes da pandemia. A situación cando esta termine pode ser catastrófica. Isto supón que 4,5 millóns de fogares non poden facer fronte a necesidades tan básicas como pagar un alugueiro ou unha hipoteca, manter quentes as súas casas ou sinxelamente comer todos os días.

Catro millóns de persoas en paro, ás que o Estado lles nega o seu dereito máis esencial como clase traballadora: o dereito a "gañarse a vida". Tampouco lles recoñece o Estado o dereito a unhas prestacións sociais suficientes para vivir dignamente.

Fronte a iso, o ano pasado realizáronse case 25 millóns de horas extraordinarias, das que non se pagaron máis de 11 millóns. E resulta especialmente demoledor o dato que no caso das mulleres máis da metade das horas extraordinarias non fosen retribuídas.

A pandemia, ademais, evidenciou outras vergoñas do sistema. Púxose o interese económico por encima da vida das persoas; protexéronse intereses particulares por encima das necesidades da inmensa maioría; algunhas administracións miraron cara a outro lado cando se incumprían sistematicamente distintos preceptos legais; manga ancha cuns e nada para o resto. O sistema sanitario, ferido de morte tras as continuas privatizacións, colapsou e, a teor dos feitos -que son túzaros-, a sanidade privada demostrou a súa enorme incapacidade.

Veñen tempos difíciles, tempos convulsos, tempos onde os intereses das elites tratarán de impoñerse novamente á clase traballadora. Con todo, non podemos permitir que a crise a paguen, unha vez máis, os e as de sempre. Porque sería intolerable que permitísemos, como sociedade, un novo rescate ás entidades financeiras mentres as condicións de vida da clase obreira seguen degradándose a velocidade de vertixe.

Este 1º de Maio ten que seguir sendo o día en que millóns de traballadores e traballadoras digamos BASTA e enchamos as nosas vidas cotiás, non de sufrimento nin desesperación, senón de LIBERDADE, impoñendo a gobernos, empresarios e poderosos, outra Orde Social, outro sistema, onde a repartición do traballo e da riqueza, faga que unha VIDA DIGNA para todas as persoas sexa posible aquí e agora.

VIVA O 1º DE MAIO!

VIVA A LOITA DA CLASE TRABALLADORA!

CGT da Coruña

 

post

A saúde en Atento

@s compañeir@s de CGT en Atento da Coruña veñen de facer públicos dous boletíns informativos referentes á saúde laboral.

  • O primeiro, adicado ao Día da Saúde no Traballo, sinalando os incumprimentos ao respecto da empresa.
  • O segundo trata do COVID-19, esixindo que a empresa se tome en serio a saúde d@s traballador@s .

Pódense ler ou descargar os boletíns picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical da CGT en Atento – A Coruna

 

post

Os novos ingresos en Navantia

A Folla da CGT ven de publicar o seu número 62, con novas de actualidade candente na empresa. Nesta publicación contén a seguinte interesante información:

  • Irregularidades nos ingresos de operarios e empregados sénior 2019
  • Infracción de Navantia no asunto do escalafón
  • Mocazos de Facenda polas «retribucións en especie»
  • Represión sindical en Cándido Hermida
  • Memoria histórica

Pódese abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Pontevedra: 1º Maio – Xornadas libertarias e Manifestación

CGT, 1º DE MAIO 2021

Xornadas Libertarias (27 – 30 abril) e Manifestación (1 Maio)

            A CGT invita a todos os entes, colectivos e militantes do movemento social reivindicativo e solidario de Pontevedra, a acudir e participar nos actos organizados pola CGT de Pontevedra, con motivo do 1º de Maio nesta cidade, baixo o lema:

¡Solidariedade e Apoio mutuo! … A loita continúa

XORNADAS LIBERTARIAS – ABRIL 2021

Martes, 27 abril, 20,00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12): mesa redonda e charla-coloquio: "Contra a precariedade e o abuso laboral". Participan: traballadoras de Execl, Atento e Teleperformance de CGT-A Couña

Mércores, 28 abril, 20,00h, na sede do Ateneo Libertario (r/ Pasantería, 1, 3º andar)): Charla-coloquio: "Apoio mutuo, como factor da evolución", polo Ateneo Libertario de Pontevedra – Clube de lectura

Xoves, 29 abril, 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12): Foro de cine: "I Compagni", de Mario Monicelli. Coloquio.

Venres, 30 abril, 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12): Charla-coloquio: Razón e historia do 1º de Maio (1886 – 2021). Presentación de "El crimen de Chicago", de Ricardo Mella. Ponente: Miguel Ángel Cuña

A Exposición, gráfica e documental "100 anos de Kropotkin", organizada polo Ateneo Libertario, continúa exposta na Sala VerSus, de 18:00h a 21:00h., de martes a venres, ámbolos dous inclusive.

CHAMAMENTO

MANIFESTACIÓN do 1º DE MAIO 2021

(saída da r/ Loureiro Crespo, 1 (frente ó Hospital), ás 13:00h)

¡SOLIDARIEDADE E APOIO MUTUO!

Porque reivindicamos traballo:

Loitemos xuntos, todos e todas unidos, contra o paro, a precariedade e a exclusión social

Porque defendemos os servizos públicos e o disfrute colectivo dos bens e da riqueza socialmente construídos:

Loitemos xuntos, todos unidos, contra os recortes, o desmantelamento e a privatización dos servizos públicos e servizos sociais básicos; Defendamos a Sanidade Pública, o Ensino Público, o Sistema Público de Pensións.

Porque o noso ben máis preciado é a liberdade e as nosas reivindicacións máis profundas son a igualdade e a solidariedade:

            Loitemos xuntos, todos unidos, asambleariamente, sin xefaturas nin burocracias, de abaixo arriba, contra toda brecha, fractura, privilexio, discriminación ou subordinación dunhas persoas a outras.

Porque consideramos que TODAS e cada UNHA das loitas -sanidade, pensións, condicións de traballo e salariais, mordazas, paro, precariedade, discriminación…- son soio diferentes aspectos de UNHA e  a MISMA loita:

¡Participemos neste 1º de Maio 2021 en Pontevedra!

CGT Pontevedra – Comité Local

 

post

Queremos Asemblea en Navantia

Mañá hai unha saída á rúa dentro do calendario de mobilizacións pola carga de traballo. A CGT chama a tódolos traballador@s a participar.
Antes de saír, haberá unha CONCENTRACIÓN ÁS 10:00 DIANTE DE DIRECCIÓN. O motivo de concentrarnos en Dirección é que o comité de empresa vaille entregar á empresa un escrito en relación coas irregularidades detectadas nas prazas de operarios e empregados sénior.
En dito escrito se pide que as persoas que teñen as mesmas circunstancias laborais reciban o mesmo tratamento, e non que unhas sexan admitidas e outras non.
Pero hai outro problema: os códigos de profesión/ocupación recollidos nas bases impiden que moitos traballadores se poidan presentar, incluídos traballadores da factoría subcontratados.
CONSIDERAMOS INACEPTABLE QUE UN PROFESIONAL SIRVA PARA TRABALLAR AQUÍ CONTRATADO POR UNHA COMPAà‘ÍA, PERO QUE NON SIRVA PARA TRABALLAR AQUÍ CONTRATADO POLA PROPIA NAVANTIA SIMPLEMENTE PORQUE NO SEU CONTRATO SÓ PON "ELECTRICISTA" OU "CALDEREIRO", E PARA PODER PRESENTARSE ÁS PRAZAS DEBERÍA POà‘ER "ELECTRICISTA NAVAL" OU "CALDEREIRO INDUSTRIAL".
Mañá ás 10:00 diante de Dirección debe realizarse unha Asemblea sobre este tema, Asemblea que debe server para decidir cal é a alternativa dos traballadores ante esta situación.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol