A CGT rexeita as pretensións de RENFE de que maquinistas de Vigo operen entre Valença e Porto.

RENFE prepara un proceso de formación en idioma portugués e en normativa de circulación ferroviaria portuguesa para habilitar aos seus traballadores e traballadoras de Conducción e Intervención de Vigo para circular cós trenes directos Vigo-Porto-Vigo en todo o seu traxecto, evitando así o cambio de persoal de servizo que agora se realiza en Valença do Minho.
Desde a CGT de Pontevedra se ten remitido carta á Dirección de Recursos Humanos de Viajeros na que mostramos o noso rexeitamento fronte esta decisión, por supor unha reducción considerable dos estándares de seguridade respecto dos trenes de viaxeiros que circulan pola rede ferroviaria española.
Entre as poblacións portuguesas de Valença do Minho e Nine, os trenes circulan baixo bloqueo telefónico e con sinais mecánicas. Esto quere dicir que este tramo, duns 90 Kilómetros, non ten ningún sinal luminoso protexido con balizas de seguridade, dependendo toda a seguridade da circulación no maquinista e nos traballadores e traballadoras portugueses que regulan a circulación do tráfico, mediante a expedición dos trenes entre estacións intercomunicadas por teléfono e a realización manual dos cambios polo persoal de circulación das estacións, que se encontran protexidos por sinais mecánicas que se activan mediante chaves bourés e palancas de accionamento manual. O sistema de seguridade portugués, CONVEL, tan só actúa no vehículo entre Valença e Nine limitando a velocidade do vehículo a 120 Km/h, superada a cal pararía o tren, pero non actúa en caso de rebase dun sinal en indicación de parada, exceso de velocidade ao paso por cambios de vía ou en tramos concretos, pasos a nivel desprotexidos, etc. Read More

 

Concentración por un ferrocarril público e social na Coruña: contra as mentiras do plan municipal de mobilidade

concentración_tren_maría_pita

A Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT da Coruña, ten convocado unha Concentración para este sábado, 21 de setembro, ás 13:20 h na praza de María Pita. A plataforma chama a concentrarse por un ferrocarril público e social, e para denunciar as mentiras do plan de mobilidade e a campaña propagandística que está a desenvolver o Concello da Coruña con motivo da Semana da Mobilidade. A plataforma tamén lembra que o goberno municipal evitou apoiar calquera iniciativa a prol do tren de proximidade ou da utilización da Estación de San Diego, entre outras medidas contrarias á mobilidade sostíbel que dí agora defender.

Volantina

 

A CGT solicita reunión urxente e conxunta dos Comités de RENFE e ADIF na Coruña

Tras agardar un tempo prudencial para ter unha maior información sobre os feitos acaecidos, o pasado 13 de agosto solicitamos aos presidentes de ambos comités e a todas as organizacións sindicais que os componen, unha Reunión urxente cun único punto na Orde do Día: – Resolución e accións a tomar por ambos Comités ante o accidente de Santiago de Compostela de 24 de xullo. Todos os demais sindicatos teñen rexeitado a citada reunión, aludindo a que é demasiado cedo para nos pronunciar sobre os feitos sucedidos.

tren_cgt

A nosa intención ao solicitar esta reunión, era que os comités, cumplindo coa súa responsabilidade, emitiran unha resolución e un pronunciamento público para manifestar o seu parecer sobre o ocurrido, como traballadores e traballadoras coñecedores da realidade das instalacións, dos trenes e a súa seguridade, ante as versións que con máis o menos acerto foron aparecendo. E aínda mais, ante os ataques que se produciron ao noso compañeiro por parte dos máximos responsables de ambas empresas e algúns medios de comunicación, sen que se teña saído na súa defensa.

Non podemos entender a actitude, do resto dos sindicatos con representación no ámbito provincial, impedindo que se celebrara esta reunión e mantendo ao comité nun clamoroso silencio cómplice coas empresas.

Na CGT creemos lamentable esta actitude e así o decimos, para eles é demasiado cedo e para nós é demasiado tarde.

Read More

 

CGT Pontevedra – XVII Congreso

Dende o 17 ata o 20 de outubro, a CGT celebrará o seu XVII Congreso na cidade da Coruña. A CGT de Pontevedra – Arousa convoca a Asemblea para decidir sobre todos e cada un dos puntos da Orde do Día, para o venres, 4 de outubro, as 19:00h, no local do sindicato en Pontevedra. Entretanto, continuarán facéndose os encontros e reunións prepararatorias de debate, que xa viñemos facendo dende finais de xullo, e que agora ampliánse a todos os luns de setembro (días 9, 16, 23 e 30), como sempre, ás 20:00h

CGT Pontevedra – Comité Local