Manifestación en apoio ás persoas fuxidas da masacre

Co lema "Pasaxe segura xa!", diversas organizacións convocan para o próximo sábado, día 27, ás 19:30 horas, unha manifestación que s

Todos somos refuxiados

airá da Praia de Riazor e rematará no Obelisco. A esta convocatoria súmase a CGT da Coruña.

A manifestación faise coincidir na data coa "Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas", que distintas organizacións de toda Europa convocan para esixir vías de accesos seguras ao continente para os milleiros de persoas que cada día se ven obrigadas a cruzar o Mediterráneo e as fronteiras xogándose literalmente a vida, mentres gobernos e estados non fan outra cousa que poñerlles todo tipo de obstáculos.

Non podemos quedar indiferentes ante a indignidade dos chamados "líderes europeos", que se limitan a dar voltas ao redor do problema sen aportar ningunha solución, no mellor dos casos, e a utilizar a xenofobia e a represión dos fuxidos en outros moitos; e non podemos quedar pasivos ante un problema que xa causou milleiros de mortes na guerra, milleiros de mortes na viaxe, máis de 10.000 nenos desaparecidos sen clarexar, etc.

A CGT da Coruña fai un chamamento para que non esquezamos o noso pasado e a nosa actualidade como emigrantes e amosemos a nosa solidariedade acudindo á manifestación.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Concentración diante da mutua «La Fraternidad-Muprespa»

Compañeiras e compañeiros: os sindicatos presentes no Comité de Empresa de Zara Logística o maior almacén de distribución do grupo INDITEX, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración diante da Mutua "La Fraternidad-Muprespa", na Avenida do Exército, número 12, da Coruña. A concentración será o venres, día 26, desde as 10 da mañá.

A protesta ven motivada polos continuos abusos e malos tratos que están a sufrir os traballadores por parte da mutua cando están enfermos: diagnósticos de que o traballador está san sen realizar ningunha proba, obrigalo a traballar enfermo, doenzas músculo-esqueléticas producidas por esforzos diagnosticadas como artroses e sen dar atención médica, citas para amedrentar estando incluso hospitalizado, faltas de respecto por manifestar que se ten dor, inventar mentiras para non pagar os desprazamentos, forzar aos traballadores a pedir baixas no médico da seguridade Social cando teñen doenzas producidas polo traballo coa escusa de que son doenzas crónicas, utilización dos partes de repouso apra evitar IT, etc.

A CGT fan un chamamento a toda a afiliación e simpatizantes para que se apoie a concentración para protestar contra La Fraternidad, por unha situación que sobrepasa todos os niveis de indignidade e abuso.

AMOSA O APOIO AOS QUE LOITAN!
TOD@S CONTRA "LA FRATERNIDAD"

Comité Local da CGT da Coruña

 

Nova Marea Branca en defensa da sanidade pública o 21 de febreiro

a3mareablancacoruc3b1asantiagofinalO vindeiro domingo 21 de febreiro, ás 12:30 horas está convocada unha nova Marea Branca que desta vez poñerá o acento nos incrementos das listas de agarda e nos procesos de privatización da sanidade a través de tratados internacionais como o TISA. Como en anteriores ocasión, a CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).