post

O TS obriga a que NAVANTIA admita a candidata excluida un proceso selectivo por “exceso” de madurez e coñecemento

Cando aínda resoan os ecos do escándalo a nivel estatal pola filtración dun exame das oposicións a RTVE, o Tribunal Supremo ven de inadmitir o recurso de Navantia contra a sentencia do TSXG pola que obrigaba a empresa a admitir a unha traballadora excluída do proceso selectivo de operarias universitarias sénior por “exceso de madureza persoal e exceso de coñecemento profesional”.

A traballadora obtivera na proba de selección unha puntuación de 20 sobre un máximo de 21 puntosposibles na proba. Houbo persoas que con tan só 2 puntos superaron a proba, pero unha candidata con 20 puntos foi excluída.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ditou sentencia cualificando os argumentos de Navantia como “retórica [que] non ten nin un mínimo sustento nos criterios de selección da convocatoria”, afirmando que a actitude da empresa tiña sido “arbitraria e contraditoria”, polo que Navantia vulnerou os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ó emprego público, polo que foi condenada a convocar á demandante “para a última fase do proceso selectivo (…) sen que isto afecte ós contratos de traballo que xa puidesen terse celebrado coas persoas seleccionadas”.

Dende a Sección Sindical unitaria da CGT en Navantiaxa se viña denunciando casos graves de irregularidades como o baremo inxusto nas prazas de operarios júnior, a utilización que non outorga a mesma puntuación a títulos académicos iguais, a utilización dun falso psicólogo lle dar aparencia “científica” ás súas argalladas e arbitrariedades, ou os enchufes en Compras.

Tralo pronunciamento do TS, debe agora convocar á compañeira excluída ao recoñecemento médico, ultima fase do proceso selectivo, cumprindo a lei e acatando a sentenza, ou seguir insistindo no delito. A decisión que tome retratará á dirección de Navantia.

Sección Sindical Navantia CGT