post

Solidariedade con traballadores de FerroAtlántica en loita

A CGT de Vigo e Pontevedra organizan autobuses en solidariedade cos traballadores de FerroAtlántica e da comarca CEE-Dumbría, para acudir á manifestación do 8 de xullo, en Santiago, para evitar os Plans da empresa de Villar Mir, que supoñen unha agresón e unha ameaza certa sobre a clase traballadora de toda a rexión. O bus sairá ás 9,30h da Praza de España en Vigo e as 10,30h do Pabellón Municipal de Deportes en Pontevedra.

Os traballadores de Ferroatlántica e a comarca enteira da Costa da Morte están a sufrir unha grave agresión nos seus intereses e dereitos como consecuencia do intento da empresa de proceder á segregación das presas hidroeléctricas da propia empresa metalúrxica en Cee-Dumbría e, acto seguido, desfacerse dos complexos hidroeléctricos, instalados nos ríos Xallas (Dumbría) e Grande do Porto (Vimianzo).

A historia desta empresa iníciase precisamente co aproveitamento eléctrico do río Xallas e, por tanto, este representa a razón de ser e xustificación, política e legal, da aceptación polos veciños das expropiacións necesarias no seu momento para os Saltos, como a asunción do deterioro agropecuario e ambiental, non só dos terreos alagados, senón tamén dos lindeiros. A comunidade veciñal de Cee-Dumbría e o conxunto da clase traballadora que se incorporou ás fábricas e empresas auxiliares coñecen moi ben que a presenza das fábricas na Costa da Morte está ligada de modo necesario e indisoluble aos saltos hidroeléctricos, que durante os últimos case 100 anos veñen fornecéndolle da electricidade necesaria. Baseándose nese mesmo convencemento, Ferroatlántica dispón dunha concesión por 99 anos para a explotación hidroeléctrica de ambos os ríos.

Agora mesmo, Ferroatlántica, que en 2015 anunciou a súa fusión coa multinacional estadounidense Globe Speciality Metals (GSM), está en mans do empresario Juan Miguel Villar Mir, cuxo nome figura como protagonista esencial en todos aqueles casos de corrupción política e empresarial que desde uns anos para acó converteron o país nun lameiro fedorento.

Por estas razóns diversos grupos, colectivos e entidades da comarca, así como o Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría e numerosos Comités das empresas auxiliares, expoñen a necesidade de celebrar en Santiago, o 8 de xullo, unha gran manifestación que evite o intento da Empresa de segregar e desvincular as presas hidroeléctricas da propia empresa metalúrxica, sen outra garantía para os postos de traballo e a propia supervivencia da fábrica na Costa da Morte que fume, promesas e a fraude habitual: anunciar como un feito e acto de vontade o que se decidiu de antemán non cumprir.

Ante esta xusta convocatoria, a CGT considera que esta organización anarcosindicalista está obrigada a facer o maior esforzo posible para facerse presente na manifestación en Santiago o 8 de xullo, para o que pide que o devandito esforzo sexa compartido polo conxunto da sociedade galega, cada un na medida das súas posibilidades

NON Á SEGREGACIÓN DAS HIDROELÉCTRICAS!

CONTRA A ESPECULACIÓN E AS MENTIRAS!

SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE FERROATLÁNTICA!

 

CGT Pontevedra – Comité Local (Pontevedra, 27.06.2015)

 

post

[Vigo] Calendario mobilizacións.

Relación das vindeiras accións sindicais:

Día 23 xuño: Concentración convocada polo comité de empresa de CLECE – Limpeza de CGT – CIG, diante da factoría Citroën, desde as 12:30h ata as 14:30h.

Día 28 xuño: Asemblea do Sindicato de Oficios Varios ás 17:30h da tarde.

Día 30 xuño: Concentración sindical de protesta da CGT ante Hiperxel do Calvario nº233 ás 11:00h.

Día 7 de xullo: Concentración sindical de protesta da CGT ante Hiperxel en C/Gregorio Espino nº 20  ás 11:00h.

Día 8 de xullo: Manifestación en Santiago de Compostela, en apoio da sección sindical da CGT en Ferroatlántica, cos concellos da comarca de CEE – Umbria, contra segregación da fábrica de Carburos e a hidroeléctrica de Ézaro. Fretaranse autobuses

 

post

[Vigo] Mobilización diante do Hotel Bahía 16-06-2017

Á patrona non lle gustou que contaramos a verdade sobre como trata as súas traballadoras, as cales preparan habitacións no hotel Bahía nunhas condicións draconianas con despidementos e sancións arbitrarias como o realizado á compañeira embarazada.
Hoxe, grazas a mobilización acadamos unha reunión coa dirección do hotel para solucionar as condicións laborais das traballadoras. Pedimos a readmisión , a aplicación do convenio de hostelería e a regulación horaria.

 

post

[Vigo] A CGT propón a mellora do ferrocarril rexional en lugar do despilfarro da variante de Cerdedo

Dende o sector ferroviario da CGT en Galicia acabamos de presentar unha proposta para mellorar o servizo ferroviario rexional en Galicia centrado na mellora do servizo de proximidade entre os distintos núcleos urbanos en lugar de destinar o groso dos investimentos á construción do Ave e, concretamente, á variante de Cerdedo que consideramos un malgasto. Como alternativa a esta variante, suxerimos  a continuación do túnel da estación de Urzaiz que inclúa a variante de Porriño e ligazón directamente co eixo atlántico a Portugal e tamén coa liña do Miño.

      Rolda de prensa 13-06-2017

Esiximos que se invista no ferrocarril convencional que pode alcanzar velocidades de 200 quilómetros hora se se modifica o trazado e electrifícanse as liñas.

Na rolda de prensa de hoxe, Alberto Díaz, coordinador das plataformas do ferrocarril da CGT, sinalou que está a investirse mal e califico o servizo de alta velocidade como elitista e excluínte, posto que non permite o transporte de mercadorías. As melloras que plantexou permitirían conectar Vigo e Ourense a través da liña do Miño nuns 70 minutos. Invístindo na saida sur de Urzaiz para conectar con Ourense polo Miño acortaríanse vos tempos, logo instalando un intercambiador en Ourense e chegaría a Madrid en 4 horas, un tempo moi competitivo.

Ademais da saída sur de Urzaiz cara a Vos Valos, tamén propoñemos a mellora da infraestrutura ferroviaria da liña do Miño coa instalación dunha dobre vía ata As Neves e mellorando o trazado entre esta localidade pontevedresa e Ourense.

Suxerimos a implantación dun tren de proximidade entre Vigo, Pontevedra e a universidade que inclúa paradas nos apeadeiros de Chapela, Vos Valos e o polígono das Gándaras. E a construción dun ramal ferroviario para mercadorías entre Guixar e Bouzas. Outra reclamación é a construción da estación intermodal en Urzaiz e a revisión de horarios e frecuencias no eixo atlántico. Non esquecemos as reivindicacións laborais, criticamos os recortes en persoal que se están levando a cabo en Renfe e Adif.

 

post

A Coruña. Solidariedade con Fredie de Atento

Tras o paréntese que supuxo a concentración do martes pasado en Madrid con compañeiros e compañeiras de todos os centros de traballo de Atento, continúan as mobilizacións locais para protestar pola salvaxe sanción a Fredie de suspensión de 60 días de emprego e soldo.

A CGT convoca para o día 13, martes, á afiliación e simpatizantes, a unha concentración diante do centro de traballo de Atento na Coruña, ás 20:00 horas.

60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO PATRONAL

Comité Local da Coruña

 

 

post

CGT Pontevedra: Solidaridad con Palestina

Organizado por CGT y el semanario anarquista pontevedrés La Campana, con la colaboración de la Fundación Cuña-Casasbellas (Sala VerSus), tendrán lugar durante la semana del 12 al 16 de junio, los actos en Solidaridad con Palestina y con la huelga de hambre que han llevado a cabo recientemente (abril – mayo 2017) centenares de presos palestinos en diferentes cárceles israelíes.

PROGRAMACIÓN

Lunes, 12 junio, Sala VerSus, 20,15h – Presentación de la “Semana de Solidaridad con Palestina” y Charla-coloquio de Iván Prado (Pallasos en Rebeldía): “Abu Sakha, payaso palestino detenido arbitrariamente y encarcelado en 2015. Denuncia de las políticas de represión israelíes”.

Martes, 13 junio, Sala VerSus, 20,15h – Recital poético-musical de poesía palestina (poemas Yabra I. Yabra, Mahmoud Darwix, Muin Basisu, Tawfiq Zi-Yad y Fadwa Tuqan).

Miércoles, 14 junio, Sala VerSus, 20,15h – Proyección de tres cortometrajes (“God on our side”, “Apartheid in Palestina”, “Hebrón, prisioneros en nuestras casas”) y un largometraje (“El cumpleaños de Laila”), intercalados con tres breves recitales videográficos de la poetisa palestina Rafeef Ziaadah (“Las tonalidades de la ira”, “Nosotros enseñamos amor, señor” y “Haadel”).

Jueves, 15 junio, Sala VerSus 20,15h – Ponente: Miguel Ángel Cuña. Charla–coloquio:

“¿De dónde esta piedra que el niño lanza?

¿De dónde el fusil que le apunta?

¿De dónde la huelga de hambre del palestino preso?

¿De donde el muro que lo cerca?.”

Viernes, 16 junio, Plaza de la Peregrina (Pontevedra) 20:15h – Concentración, “No en nuestro nombre”, en Solidaridad con el pueblo palestino y denuncia de la indigna actuación del Estado israelí y de quienes se lo consienten y resultan ser cómplices.

CGT Pontevedra – Comité Local

 

post

[Vigo] Mobilización Eroski 08-06-2017

Este xoves 8 de xuño de novo voltamos a percorrer as rúas demandando que cesen os despedimentos arbitrários no holding EROSKI CENTER – FAMILIA e que se readmitan as nove traballadoras despedidas.
Conxuntamente con UGT e CIG saimos ás 11h da Praza de Fernando o Católico e recorremos as rúas de Vigo ata o Centro Familia do Mercado do Progreso.
Seguimos!!

 

post

Compostela. Ana readmisión!

En resposta ao despedimento de Ana por parte de Unipost polo feito de estar ambarazada, continúan as mobilizacións:

  • * Luns, 12 de xuño, desde as 18:00 horas, andaina informativa no barrio de Vista Alegre, que é onde vive Ana.
  • * Venres, 16 de xuño, desde as 19:00 horas, manifestación que comezará na Praza Roxa e rematará na Praza do Toural coa lectura dun manifesto.
  • * Martes, 20 de xuño, desde as 10:00 horas, acompañamento a Ana so SMAC. Están convidados os veciños e entorno cercano a Ana, para que poidan amosar o seu apoio nese horario.

A CGT fai un chamamento para que se dea o máximo apoio a estes actos.

CGT Unipost Compostela

 

post

[Vigo] Convocatoria Asemblea Sindicato Oficios Varios

Asemblea do Sindicato de Oficios Varios

A toda a afiliación:

Pola presente, convócase a todos os afiliados á Asemblea do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, que terá lugar o vindeiro mércores día 14 de xuño, nos locais do sindicato a partir das 17h da tarde, a fin de debater a orde do día do Pleno da CXT de Galicia, coa seguinte Orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Apertura do Pleno

2. Elección de Mesa

3. Modificación de Estatutos de CXT de Galicia no referido a Sectores Laborais de Galicia.

Na confianza de que asistades, a fin de debater con garantía todos os puntos contidos na citada Orde do día, aproveitamos para saudarvos atentamente. Un forte abrazo e un saúdo libertario.

En Vigo, ao 6 de xuño de 2017.

Fdo. Secretaría de Acción Sindical de Oficios Varios