post

Viaxe reivindicativa en tren a Betanzos

O día 16 de decembro a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, da que forma parte a CGT, organiza unha viaxe reivindicativa a Betanzos. En tren, por suposto. Alí haberá ás 12.00 un acto reivindicativo e tamén lúdico, porque tomaremos uns petiscos e teremos algo de música. Ademáis, é feira, e as feiras sempre molan.

Chamamos á participación e difusión do acto, porque as reivindicacións teñen que darse a coñecer.

O tren sae da Coruña ás 10.50, pero quedamos ás 10.15 para facer unha concentración.

Tamén hai tren desde Ferrol ás 8.54, para que tamén participe a xente da zona.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Comunicado de CGT Navantia Ferrol: Peor có IV Convenio

O que o comité dixo no seu día respecto á negociaci ón do convenio, e a asemblea xeral así o aprobou, é moi claro: UN CONVENIO DE TRANSICIÓN PARA NEGOCIAR A RECUPERACIÓN DO PODER ADQUISITIVO E OS ASCENSOS, REGULAR O INTERCENTROS, INCLUiR ARTIGOS XA ACORDADOS E METER ÓS TÉCNICOS SUPERIORES. MÁIS NADA.

A REALIDADE É MOI DISTINTA: POLA VÍA DOS FEITOS CON SUMADOS, SEN CONSULTAR NIN INFORMAR ÓS TRABALLADORES, A BUROCRAC IA SINDICAL ESTÁ REVISANDO ABSOLUTAMENTE TODO O ARTICULADO DO CONVENIO, CO OBXECTIVO DE SACAR ADIANTE AGORA O QUE NON CONSIGUEU SACAR ADIANTE NO IV CONVENIO.

Pero non se trata só de que desaparecen as asimilacións ou de que hai recortes en moitos outros conceptos (ascensos, incapacidade temporal, complemento de xubilación, axudas por familiares con discapacidade…). O máis grave é que este convenio, chamado cinicamente “convenio único”, en realidade fragmentaría ós traballadores porque establece diferentes condicións laborais na plantilla de Navantia, e non só entre os que xa estamos dentro e os futuros ingresos (que terían peores condicións laborais), senón tamén dentro da actual plantilla porque na práctica se plantea a saída do convenio dos titulados medios e os axudantes de enxeñeiro, posto que non lles serían de aplicación toda unha serie de artigos. Isto equivale a dinamitar as futuras negociacións colectivas porque lle permitiría á empresa xogar cos intereses dos distintos colectivos.

OS TRABALLADORES TEMOS ENFRONTE UN CONSENSO ENTRE EMPRESA E BUROCRACIA SINDICAL PARA ELIMINAR OU RECORTAR OS ACTUAIS DEREITOS COLECTIVOS DO CONVENIO. Cando non quede máis remedio por lei ou para que a xente non se rebote, algúns dereitos colectivos se transformarán en dereitos individuais para os que xa estamos en plantilla.

A estratexia para evitar que esta vez a xogada lles saia mal, como lles pasou no IV Convenio, é moi descarada:

  1. Ligar o convenio coas prexubilacións, para así dividir ós traballadores, posto que unha parte terá un interese persoal (saír da empres a) que non ten nada que ver co convenio. Por certo, moito crear expectativas xogando con idades e anos, pero das condicións da prexubilación aínda non dixeron nadade forma oficial.
  2. Enmascarar os recortes, a fin de que entre os prexubilables non xurdan dúbidas polas consecuencias do convenio para os compañeiros que seguirán traballando. Esta é a función das mesas de negociación que se constituirían trala sinatura do convenio, que negociarían cousas tan importantes como ¡a estrutura salarial ou a clasificación profesional! O CONVENIO NON PODE SEGUIR NEGOCIÁNDOSE UNHA  VEZ  ASINADO  PORQUE  OS  TRABALLADORES  NON  PODEMOS CONFIAR NUN COMITÉ QUE NON SÓ OCULTA A INFORMACIÓN, SENÓN QUE SE NEGA A DALA CANDO SE LLE PIDE.
  3. Ofrecer algún diñeiro inmediato (incrementos salariais e prazas de ascenso) ós que se quedan, a fin de que unha parte deles só pense no curto prazo e apoie asinatura. Pero pensar no curto prazo sempre é un erro, como reflicte o coñecido dito de “Pan para hoxe e fame para mañá”.
  4. Levar a decisión ás portas dunhas vacacións, para xustificar facer as cousas ás carreiras.
  5. Votar o convenio en urna, a pesar de que a postura de CCOO sempre foi votar a man alzada na asemblea xeral. De feito, UGT propuxo votar en urna no IV Convenio e CCOO rexeitouno. Desta volta asume as teses da UGT.

    En tódalas fases da negociación, manter ós traballadores o máis desinformados posible porque, como é ben sabido, a información é poder. PRETENDEN CONVERTER ÓS TRABALLADORES EN MONICREQUES DUNS APARATOS SINDICAIS QUE TEÑEN OS SEUS PROPIOS INTERESES E QUE UTILIZAN OS DEREITOS DOS TRABALLADORES COMO MOEDA DE CAMBIO NOS SEUS PASTELEOS COAS EMPRESAS, A PATRONAL E O GOBERNO. Pero o comité de empresa representa ó conxunto dos traballadores, e a súa obriga é dar ó conxunto dos traballadores toda a información en tempo e forma. E se non o fai, non está actuando como representante dos traballadores.

    En poucas palabras: UTILIZANDO O CARAMELO DA PREXUBILACIÓN, A BUROCRACIA SINDICAL CHANTAXEA ÓS PREXUBILABLES PARA QUE, A CAMBIO DA SÚA SAÍDA ANTICIPADA, SE CARGUEN O CONVENIO DA BAZÁN, PARA QUE ACEPTEN AGORA PARA OS DEMAIS OS RECORTES QUE NON ACEPTARON NO IV CONVENIO.

    ¿É LÓXICO QUE DECIDAN ESTE CONVENIO TRABALLADORES QUE NON O VAN SUFRIR E QUE, POLA CONTRA, UNHA PARTE DOS QUE SI O SUFRIRÁN (os futuros ingresos) NON POIDAN OPINAR? Non o é porque AS PREXUBILACIÓNS NON FORMAN PARTE DO CONVENIO, SENÓN DO PLAN, como demostra que os sindicatos pidan que cheguen até 2022, cando o convenio remata en 2021.

    A NEGOCIACIÓN CONXUNTA DESTE CONVENIO E DO PLAN NUNCA FOI APROBADA POLOS TRABALLADORES. POLO TANTO, HAI QUE:

    • 1) SEPARAR PLAN (OU SEXA, PREXUBILACIÓNS) E CONVENIO, COMO HISTORICAMENTE DEFENDEU SEMPRE O MOVEMENTO SINDICAL.

     

    • 2) NEGOCIAR UN CONVENIO DE TRANSICIÓN QUE SIGA REMITÍNDOSE Ó XXI CONVENIO DA BAZÁN PARA TODO O QUE NON ESTEA RECOLLIDO NEL. E QUE DURANTE A VIXENCIA DESE CONVENIO TRANSITORIO SE VAIAN ESTUDANDO CON TEMPO E INFORMACIÓN ÓS TRABALLADORES OS TEMAS A DEFINIR NA SEGUINTE NEGOCIACIÓN COLECTIVA.

    HAI MOITO EN XOGO. CHAMAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES A PENSAR POR SI MESMOS E CHEGAR ÁS SÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS. O PEOR ERRO QUE SE PODE COMETER AGORA MESMO É FIARSE DUN COMITÉ DE EMPRESA QUE ESTÁ DEMOSTRANDO COA SÚA ACTUACIÓN QUE NON DEFENDE OS INTERESES DE CLASE DOS TRABALLADORES.

    Sección Sindical Unitaria en Navantia-Ferrol

 

O día 1 de decembro imos a Touro

Galiza está ferida por culpa dun sistema depredador que leva por diante todo o que atopa para encher os petos dos de sempre. Un sistema cruel ao que non lle importa facer dano se con iso consigue satisfacer a cobiza dos que máis teñen. Un sistema que conta coa submisión do poder político, cómplice necesario en toda esta desfeita. Os atentados ao noso país son constantes e veñen xa de lonxe, de moi lonxe, xa desde antes do desecamento da Lagoa de Antela ou da instalación da Celulosa na Ría de Pontevedra. As coiteladas á nosa terra foron, e son, unha constante, e aquí estamos para dicir basta.

Trouxeron unha minería destrutiva que contaminou terra, ríos e rías, e agora pretenden volver traer máis minas para acabar de destruír o que quede. As mesmas empresas que esnaquizan rexións enteiras de Canadá e EEUU coa extracción das Areas Bituminosas e co fracking, queren vir a Galicia a extraer todo o que queiran sen que a Xunta de Galicia teña intención de impedilo e co goberno central ollando para outro lado. Ben o saben aquí en Touro.

Construíron unha celulosa e unha fábrica de cloro na Ría de Pontevedra provocando grandes emisións de nitróxeno e óxido sulfúrico á atmosfera, e de fósforo, cobre, mercurio e zinc á ría e converténdose nunha das industrias máis contaminantes de Galicia, e como iso non abondou, encheron os montes de eucaliptos para satisfacer as súas demandas coa complicidade da Xunta de Galicia e a indiferenza do goberno central. E iso vai ser así moitos anos máis tras a prórroga da súa concesión. E nós dicimos que xa abonda.

Fixeron unha política forestal nefasta para o país que incide no abandono do rural e provoca terribles lumes forestais ano tras ano, moitos deles en parques naturais de gran valor como o Xurés, Invernadeiro ou o Caurel, por non falar dos recentes incendios en Mondariz ou os do ano pasado, que deixaron catro persoas mortas e innumerables danos materiais e ambientais. E para combater o lume, temos bombeiros forestais precarizados que tamén levan anos loitando polos seus dereitos mentres Feijoó fai fotos apagando lumes cunha mangueira. Lumes nunca máis!

Encheron de centrais eléctricas os nosos ríos, esnaquizaron cascadas e prexudicaron a salmóns, troitas e outros animais, puxeron centrais térmicas que encheron a nosa terra de choiva ácida e cóbrannos a electricidade a prezo de ouro, coma se os recursos foran seus, coma se o franquista Villar Mir fora o dono dos nosos ríos. E a pesar de todo isto nin sequera foron quen de dar unha solución á enerxía no peche de Alcoa. Estáfannos e dicimos que chove, pero xa chegou, non podemos permitilo, temos que paralos.

Todo isto é froito das políticas ao servizo do poder económico e de costas á xente, a nós. E se non nos mobilizamos firme e permanentemente, non imos poder darlle a volta a esta desfeita. Aquí, na loita desde abaixo, unitaria, constante e diversa, poderemos paralos. Por iso estamos aquí, para iso son as Marchas da Dignidade, para sumar forzas contra un inimigo que cada vez ten máis poder porque nós estámolo permitindo. Temos que loitar contra o inimigo común que nos está asoballando, que está desfacendo a nosa terra, os nosos dereitos e as nosas vidas. As Marchas seguiremos loitando para que isto non aconteza e berrando polo pan, traballo, teito e dignidade.

 

post

Continúan as mobilizacións de Alcoa [A Coruña]

O persoal de Alcoa continúa coas súas mobilizacións en defensa dos postos de traballo. Así, este sábado, 17 de novembro, ás doce horas, concentraranse na Praza de M.ª Pita da Coruña.

A CGT apoia as mobilizacións dos compañeiros e compañeiras de Alcoa e fai un chamamento para que toda a clase obreira coruñesa, afiliación e sipatizantes, se xunten ese sábado para berrar tod@s xunt@s que ALCOA NON SE PECHA!

A solidariedade é necesaria, a solidariedade é imprescindible, a solidariede é obrigada.

Coiité Local da CGT da Coruña

 

 

post

Exposición gráfica y recital «Mujeres Libres»

El 16 de noviembre, tendrán lugar en Pontevedra (Sala VerSus, c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, a las 20:15h), la inauguración de la Exposición fotográfica y documental “Mujeres Libres – Abril 1936, guerra civil, clandestinidad y Exilio). Y el lunes siguiente, 19 de noviembre (en Teatro Principal, a las 20:15h), el recital poético-musical “Romancero de Mujeres Libres”, a cargo del grupo de recitación Hipofanías y el grupo musical asturiano Reverso. Read More

 

post

Comunicado da SS Unitaria de CGT en Navantia Ferrol: o acordado para a Industria Auxiliar é manifestamente mellorable

A situación resúmese así:

  • 1) Os acordos aplicaranse en tres tramos: 40% á publicación no convenio provincial, 70% o 1 de xaneiro de 2019 e 100% en novembro de 2019.
  • 2) Os acordos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Transitoria. Esta disposición terá vixencia ata o 30 de xuño de 2020.
  • 3) Paralelamente, as compañías teñen que constituír unha asociación patronal. O prazo para facelo son catro meses.
  • 4) Unha vez constituída, esta asociación patronal e os sindicatos ratificarán os acordos, momento en que os mesmos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Adicional, que terá a mesma vixencia có resto do convenio. (O convenio provincial remata o 31 de decembro de 2019, pero manterá a súa vixencia mentres non se asine outro, segundo recolle o seu artigo 4).

É dicir, a solución acadada onte non é definitiva porque os acordos entran no convenio, pero como Disposición Transitoria con vixencia ata o 30 de xuño de 2020. Por tanto, se a asociación patronal acaba por non constituírse ou se, aínda constituíndose, non ratificase os acordos, estes desaparecían do convenio o 30 de xuño de 2020. Noutras palabras: os acordos entran no convenio provincial de forma provisoria.

A cuestión é: era este o único resultado posible? Non. Por que? Porque hai carga de traballo, e isto é favorable ós traballadores. Pero ademais de haber carga de traballo, ten que haber dúas cousas máis: 1) Vontade dos traballadores de loitar; 2) Vontade sindical de organizar a loita. A primeira haina, e dabondo, como quedou moi claro na asemblea xeral de compañías do venres 19 de outubro, que evidenciou un ambiente moi crítico coas limitacións do acordo (tres tramos, actualización das cantidades ó ano 2014, etc.). A segunda é obvio que falta.

Unha estratexia de mobilización firme, con implicación da principal e buscando a confluencia cos traballadores das outras factorías de Navantia, nalgunha das cales tamén hai un gran ambiente de loita da industria auxiliar, como se demostrou na exitosa folga do metal na bahía de Cádiz o pasado 13 de xuño, permitiría obter moito máis. ¿Ou acaso este acordo limitado alcanzouse grazas á negociación? En absoluto, alcanzouse grazas á folga de outubro do ano pasado. É máis, todo este asunto levaría un ano resolto se CCOO, UGT, MAS e os comités da principal chegan a apoiar a folga daquela, no canto de colaborar abertamente coa patronal para tentar afundila. En vez de aceptar acordos limitados, hai que darlle unha oportunidade á loita, o único camiño para que os traballadores logremos avances.

Tampouco se entenden tantas presas por ratificar isto. Despois de todo un ano de negociación, tendo que esperar aínda outro ano máis para poder cobrar o 100%, a que veñen tantas presas de celebrar hoxe ás 10:00 unha asemblea xeral para ratificar un preacordo acadado onte ás 21:30 horas? De verdade que non se podería explicar e debater primeiro en asembleas parciais, moito máis participativas, e que a asemblea xeral decisoria fose mañá ou pasado? Vese que, como en Navantia co convenio, tampouco na industria auxiliar hai moita vontade sindical de que os traballadores teñan tempo a ler con tranquilidade, pensar por si mesmos e chegar ás súas propias conclusións.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia Ferrol.

 

post

O FERROCARIL CONTRA A PRECARIZACIÓN

Hai un plan a longo prazo transversal a todos os sucesivos gobernos pra desmantelar o sector público reducindo o persoal de traballadores e traballadoras. Logo da incapacidade deste persoal jibarizada de atender o servizo fabrícase a escusa perfecta para ir descortizando o público e ir externalizando e Hai un plan a longo prazo transversal a todos os sucesivos gobernos pra desmantelar o sector público reducindo o persoal de traballadores e traballadoras. Logo da incapacidade deste persoal jibarizada de atender o servizo fabrícase a escusa perfecta para ir descortizando o público e ir externalizando e privatizando os anacos arrincados. Entrevistamos a Juancho, compañeiro dá CXT Ferrocarril Vigo e delegado sindical en RENFE, con motivo da folga convocada pola CXT para o mércores 31 de outubro tanto para RENFE como para ADIF. Unha mobilización da que se desmarcaron UXT e CCOO pero na CXT cre que valerá para dar un aviso á cidadanía sobre a situación de ambas as compañias., sobre a paulatina deterioración do este servizo público.

 

post

Navantia, as auxiliares e Alcoa maniféstanse na Coruña

Navantia Ferrol, as súas empresas auxiliares e Alcoa, manifestaránse conxuntamente polas rúas da Coruña o día 31, mércores. A mobilización comezará ás 10:00 horas no edificio sindical e rematará diante da sede da patronal, na praza de Luís Seoane.

A orixe desta protesta parte da negativa da patronal de incluír os acordos asinados no 2001 polas empresas auxiliares de Navantia no convenio provincial do metal se non se aceptan condicións novas non pactadas.

No caso de Alcoa, a protesta é unha das mobilizacións provocadas polo anuncio do peche do centro de traballo coruñés, que deixa na rúa a 600 persoas, entre contratos directos e indirectos.

A CGT da Coruña manifesta o seu apoio á mobilización e fei un chamamento a que a afiliación, simpatizantes e pobo traballador se una á protesta.

NON DEIXES QUE PISEN A@S COMPAÑEIR@S!

ALCOA NON SE PECHA!

NAVANTIA E AS AUXILIARES EN LOITA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Palestra pública coa CGT na Coruña

O próximo  luns, día 29, organizada polo Forum Propolis, da Coruña, celebrarse unha palestra pública sobre a situación do traballo en Galicia, no que participará a CGT (representada polo compañeiro José del Río), xunto coa CUT e o SE.
O acto comezará ás 20:30 horas e terá lugar no local do propio Forum  Propolis, situado na rúa Barcelona.
Estades tod@s convidad@s.
Comité Local da CGT da Coruña