post

[Vigo] Acción sindical contra os abusos en Hiperxel 19-05-2017

Nova mobilización contra os abusos da empresa Hiperxel (Grupo Iberconsa). O pasado venres 19 de maio realizamos unha caravana de protesta con concentracións diante de tres centros de Hiperxel reclamando a admisión das traballadoras despedidas e contra o peche de tres tendas sen previo aviso.

 

post

[Vigo] Caravana protesta contra Hiperxel

 O venres 19 continuamos coas mobilización contra os despedimentos e os peches sen comunicación ao comité de tres tendas Hiperxel do grupo Iberconsa. Saimos de novo en caravana de protesta dende o hiperxel de Torrecedeira (10:30h)  e iremos ao centro de rúa Urzaiz e remataremos na tenda Hiperxel de Dobrada .

 

post

[Vigo] Comunicado: situación laboral en Faurecia.

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos explicar un pouco o esperpento vivido estes días na fábrica de Faurecia, sobre o cal mantivemos un respectuoso silencio ata o seu desenlace, pero visto que algúns non se cansan e sempre teñen un rato para adicarnos unhas pregarias e como temos a sensación que alguén quere vendernos fume… imos aló:
O día 4 de maio de 2017 mantivemos coa Empresa e resto de seccións sindicais a primeira reunión para desenrolar o Plan de accións acordado en Convenio. Nesta xuntanza presentamos un borrador serio e ben elaborado onde se define como debe traballar o mesmo, que é o que tocaba ese día. Para a nosa sorpresa a CIG le, unha vez máis, as “ocorrencias” que presentaron no Convenio, as cales, se pouca cabida tiñan nun Convenio, menos no plan de accións. Pese a elo, a Empresa contéstanos a todos que recollía as propostas e que daría resposta na vindeira reunión convocada para o día 19 de maio.
Pois ben, un rato despois de rematar a reunión a CIG convoca folga por incumprimentos en materia de saúde laboral e ritmos de traballo, dende logo, rachando calquera proceder lóxico de negociación: reivindicar ou solicitar e esperar a que, polo menos, che digan que non para convocar.
Así a todo, nós continuamos ao noso e sen meternos no que facían outros, posto que, ao igual que nós dixemos que seguiriamos a nosa propia axenda e actuariamos cando o consideraramos oportuno tampouco nos iamos meter no que fixeran outros.
Pois ben, o luns 8 de maio fomos chamados a unha reunión coa Dirección e 2 Directivos de RRHH de Faurecia a nivel España, na que pretendían convencernos de que sacaramos un comunicado condeando á folga e de que acudiramos a unha reunión que ía haber o día seguinte na delegación de traballo coas seccións sindicais convocantes da mesma para chegar a un acordo… Obviamente negámonos ante ambas posibilidades porque, en primeiro lugar, entendemos que, por moi mala relación que haxa, non é cuestión nosa criticar unha acción que tomen contra a Empresa, e, en segundo lugar, porque non tiña nin pés nin cabeza. A seguir valoramos a situación, en canto a saúde laboral, e reiteramos que o reforzo de loxística non pode ser retirado unilateralmente, debendo permanecer como ata o de agora ata que no plan de accións se lle atope un novo posto ou se lle dea máis carga de traballo. En concreto, centrámonos na primeira posibilidade, suxerindo a creación dun posto novo de aprovisionamento de caixa kitting para respaldos liña 1, o cal podería mellorar a ergonomía desta liña e repercutir beneficiosamente na restructuración global de tarefas entre coxíns e respaldos e loxística asociada. Ademáis, instamos, unha vez máis, á Empresa a actuar sin maior dilación en rebaixar as alturas dos retornos de loxística liña 1, posto que hai espazo ocupado por dinámicos baleiros ou infrautilizados que pode ser utilizado para redistribuir o resto de mercadoría de xeito que se poidan habilitar retornos máis ergonómicos.
Así chegamos ao 9 de maio, onde estes representantes da CIG e da CUT, preocupados pola saúde laboral, sobre todo, pola “súa”, reuníronse cos que consideraban “ilegal” a Folga. Pois ben, despois de varias horas de dura negociación chegaron a un acordo que solucionará a Saúde Laboral e os ritmos de traballo “dunha hostia dunha vez”. En versión telegráfica, os “compañeiros” conseguiron 2 bloques: o bloque 1 e o bloque 2, e, en versión extendida, crear un Grupo de Traballo que, ao parecer, está no artigo 29 dalgún Convenio no que se analizarán e acordarán a viabilidade dunha serie de puntos, é dicir, que xa lles contestarán, como lles dixeron o 4 de maio.
Polo demáis, dicir que os que tachaban o plan de accións de parche non nos van impoñer nada, nós seguiremos co noso calendario e coas nosas propostas, e non imos permitir que as “ocorrencías” e “caprichos” de ninguén poidan adiar ou entorpecer o normal funcionamento do PLAN DE ACCIÓNS, o cal, QUEREMOS QUE FUNCIONE E SIRVA PARA MELLORAR A SAÚDE DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTA EMPRESA.

 

post

[Vigo] Convocatoria mobilización Hiperxel*5maio

Este venres 5 de maio temos concentracion diante do Hiperxel (Iberconsa) de dobrada ás 11h polo peche de tres tendas sen previo aviso e o despedimento de tres traballadoras. A patronal desta empresa esta presionando para que as traballadoras asinen as liquidacións, citándoas ás agachadas , de noite e nos locais pechados onde non hai nin luz.

 

post

[Vigo] Manifestación 1 de maio 2017

PAN〰TRABALLO〰TEITO〰IGUALDADE

A CGT chama este 1 de Maio a todas as persoas, organizacións e colectivos sociais, ás persoas migrantes, ás pensionistas, ás estudantes, ás mulleres, ás desafiuzadas das súas casas e dos seus empregos, ás represaliadas por loitar, á clase traballadora en xeral, a Manifestarse desde a dignidade de clase para exercer o dereito á protesta que pretenden eliminar, a través de Sentenzas condenatorias para quen loita e Sentenzas do máximo tribunal español (o Tribunal Supremo), que legalizan o esquirolaje empresarial cando as persoas traballadoras convocan Folgas para defenderse das agresións empresariais.

Esiximos neste 1 de Maio:
✔️A derrogación das dúas últimas Reformas Laborais
✔️A derrogación das leis Mordaza e a Amnistía Social para todas as persoas encarceradas, procesadas, despedidas dos seus empregos ou multadas por loitar.
✔️ A Renda Básica como garantía de supervivencia
✔️O Non rotundo ao pago da Débeda ilexítima.
✔️Os Servizos Públicos como Dereitos Esenciais das persoas
✔️Empregos estables con salarios e condicións dignas.

O 1 de Maio a CGT esta nas rúas, en confluencia cos movementos sociais e colectivos en loita ou coas súas propias enerxías e xentes, reivindicando un cambio de modelo social baseado na repartición da riqueza, o apoio mutuo, a igualdade e a autoxestión.

Vémonos o 27 nas marchas

 

post

[Vigo] Mobilización contra os recortes en CLECE

Mobilización contra os recortes e reiterados incumplimentos dos acordos por parte de CLECE, empresa contratada para a limpeza na factoría de PSA en Vigo.

 

post

[Vigo] Manifestación contra os despedimentos Eroski 28-04-2017

Mobilización conxunta de CGT, CIG e UGT polos despedimentos arbitrários de 8 traballadores/as da empresa Eroski.  A manifestación percorreu as rúas de Vigo dende a Travesía cruce con Vía Norte no Eroski Vista Alegre ata o Cash no Troncal.

Manifestación percorrendo as rúas de Vigo.

 

post

[Vigo] Calendario de mobilizacións.

✔️ Venres 28 – Eroski
Mobilización conxunta de CGT, CIG e UGT polos despedimentos arbitrários de 8 traballadores/as da empresa Eroski.  A manifestación sairá ás 11h da Travesía cruce con Vía Norte no Eroski Vista Alegre ata o Cash no Troncal.
✔️ Xoves 27 – Hiperxel
Concentración en Iberconsa (Hiperxel) na Riouxa ás 10:30 polo despedimento de tres traballadores e o peche de tres tendas sen informar o comite de empresa.

 

post

[Vigo] Acción conxunta 1º de maio

O 1º de Maio, a CGT, con outros sindicatos do bloque combativo, Cut, Steg, S. Ferroviario, S. de Elevación e S. de Xornalistas, sairá de novo á rúa, a reivindicar “Pan, Traballo, Teito e Igualdade”, porque a loita está na rúa, e non nos despachos. A manifestación partirá da Praza Fernando o Católico ás 11h da mañá, e finalizará na chaira da Praza do Rei, no Cortello de Vigo, diante do Campamento Dignidade, que desde hai xa dous meses, vén loitando para ser recibidos a fin de afrontar a procura de solucións aos Desafiuzamentos, unha alternativa de vida para os Sen Teito que viven na rúa e analizar os problemas do Albergue Municipal da C/Valterra. Con esta medida, pretendemos mostrar a nosa Solidariedade, Compañeirismo, Apoio Mutuo e o compromiso de non cejar no noso empeño de seguir loitando ata a vitoria.

Convidamos a todos os colectivos sociais, a sumarse a esta manifestación, que poñerá en valor esta xornada de loita que tanto significado para a clase traballadora en xeral, e para o Anarcosindicalismo en particular. Xornada de loita, que non festiva, que ha de ser un acicate para recobrar máis forza, a fin de camiñar cara ao 27 de Maio, outra xornada de loita que ha de levarnos a Madrid, coas Marchas da Dignidade.

Saúde

 

post

[Vigo] Acción Sindical – Caravana protesta Mercadona 7-4-2017

O venres 7, realizamos unha xornada de protesta contra a represion e despedimentos inxustificados que Mercadona está a realizar por toda España. Montamos unha caravana de protesta coa que visitamos distintos centros de Vigo.

Mercadona despide a traballadores de máis de 10 anos de antiguedade laboral con acusacións de roubo totalmente ficticias. Logo nas portas dos SMACS recoñece a improcedencia. Unha maniobra coa que pretende é eliminar aos traballadores que reclaman os seus dereitos.

Mercadona conta como sindicatos amarelos e lamentablemente tamén coa complicidade de CCOO e UGT.