post

Paros e mobilizacións en Teleperformance

O Comité de Empresa de Teleperformance na Coruña, no que está representada a CGT, ante os contínuos incumprimentos dos acordos e compromisos cxs traballadorxs acordou a convocatoria de concentracións e paros. O calendario é o seguinte:

  • 11 e 23 de xuño: concentracións de 12:30 a 13:30 diante do centro de traballo de Agrela
  • 28 de xuño: paros parciais de 12:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:00, con concentracións simultánea diante das instalacións

Podese ler o comunicado completo picando nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical da CGT en Teleperformance-A Coruña

 

post

Cara a folga no BBVA

Ante a postura da patronal sobre o ERE que suporá a destrución de casi 4.000 postos de traballo, a CGT, cos sindicatos CIG, ELA, SCAT, LAB, SEC e CIC, convocan folga que en Galicia concrétase no día 26 de maio, coa correspondente manifestación que se iniciará ás 11:30 no Cantón Pequeno, número 18.

Quen estea interesadx, pode picar na seguinte ligazón para ter máis información:

Sección Sindical CGT A Coruña

 

 

post

Concentración en Teleperformance

O Comité de Empresa de Teleperformance, do que forma parte a CGT, acordou convocar unha concentración diante da empresa o día 21 de maio, ás 12:30 horas.

Os motivos e reivindicacións concretas pódense ver descargando o comunicado íntegro, ao que se accede picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical de CGT en Teleperformance – A Coruña

 

 

post

Queremos Asemblea en Navantia

Mañá hai unha saída á rúa dentro do calendario de mobilizacións pola carga de traballo. A CGT chama a tódolos traballador@s a participar.
Antes de saír, haberá unha CONCENTRACIÓN ÁS 10:00 DIANTE DE DIRECCIÓN. O motivo de concentrarnos en Dirección é que o comité de empresa vaille entregar á empresa un escrito en relación coas irregularidades detectadas nas prazas de operarios e empregados sénior.
En dito escrito se pide que as persoas que teñen as mesmas circunstancias laborais reciban o mesmo tratamento, e non que unhas sexan admitidas e outras non.
Pero hai outro problema: os códigos de profesión/ocupación recollidos nas bases impiden que moitos traballadores se poidan presentar, incluídos traballadores da factoría subcontratados.
CONSIDERAMOS INACEPTABLE QUE UN PROFESIONAL SIRVA PARA TRABALLAR AQUÍ CONTRATADO POR UNHA COMPAÑÍA, PERO QUE NON SIRVA PARA TRABALLAR AQUÍ CONTRATADO POLA PROPIA NAVANTIA SIMPLEMENTE PORQUE NO SEU CONTRATO SÓ PON “ELECTRICISTA” OU “CALDEREIRO”, E PARA PODER PRESENTARSE ÁS PRAZAS DEBERÍA POÑER “ELECTRICISTA NAVAL” OU “CALDEREIRO INDUSTRIAL”.
Mañá ás 10:00 diante de Dirección debe realizarse unha Asemblea sobre este tema, Asemblea que debe server para decidir cal é a alternativa dos traballadores ante esta situación.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Concentración contra a lexislación laboral – A Coruña

Lugar: Subdelegación do Goberno – Avenida da Marina – A Coruña

Día e hora: 22 de abril, xoves, ás 12:30 horas

TRABALLAR MENOS, PARA TRABALLAR TOD@S

A situación da clase traballadora e insostible: catro millóns de persoas no paro e o resto sometido a horarios interminables, salarios de miseria, contratos precarios, colas da fame, expulsados das súas vivendas e condenados a unha existencia moi pouco merecente de ser vivida.

Millóns de horas extraordinarias, pagadas e sen pagar, que servirían para crear centos de miles de postos de traballo. Xornadas de traballo que non se reducen desde hai 40 anos. Unhas xubilacións cuns requisitos cada vez máis duros non só para ter dereito a elas, senón tamén cunha idade de xubilación máis tardía e uns sistemas de cálculo pensados só para reducir o seu importe. Mentres milleiros de xoves agardan por un posto de traballo, outros prolongan a súa vida laboral ata que non poden máis e pasan directamente do posto de traballo ás portas da morte. Por todo isto reclamamos traballar menos: menos horas, sen horas extraordinarias e cunha idade de xubilación máis temperá. Traballar menos, para traballar todas e todos.

Temos un salario mínimo de miseria, do que dependen millóns de traballadores e traballadoras, e este ano aínda non subiu. As diferencias salariais son enormes, sen ningunha equidade. Os salarios non cobren, en moitos casos, os gastos mínimos para ter unha vida digna de ser vivida. Os ricos son cada vez máis ricos e continúan enriquecéndose durante esta pandemia. É unha cuestión de xustiza que os traballadores e traballadoras poidan sufragar co seu salario os gastos de vivenda, alimentación, enerxía, abrigo, cultura e ocio sen estar afogados mes tras mes, día tras día. Por todo isto reclamamos un salario mínimo digno e suficiente, o peche dos abanos salariais e a repartición da riqueza equitativamente. En definitiva: estamos polo reparto da riqueza e do traballo.

Por iso non é suficiente a derrogación da reforma laboral de Rajoy. Esta reforma foi nefasta, pero é que é nefasta a xeneralidade da lexislación laboral: contratas, subcontratas e ETT; contratación temporal á carta; despedimentos libres a gusto do empresariado; accidentes de traballo disparados; subsidios de desemprego miserentos e todo tipo de falcatruadas consentidas legalmente por este sistema inicuo e inxusto en beneficio dunha minoría cobizosa e insaciable. Por isto reclamamos un sistema laboral xusto no que os traballadores e traballadoras, creadores da riqueza, teñan o recoñecemento que merecen e deixen de padecer esta vida cativa e ruín. Porque hai que desmontar toda a lexislación actual e non conformarse coa maquillaxe que poda supoñer unhas simples modificacións e derrogacións.

Traballar menos para traballar todas e todos

Polo reparto da riqueza e do traballo

Por una sociedade xusta e igualitaria

CGT da Coruña

 

post

Nota de prensa Extel – A Coruña

El Comité de Empresa de Extel en A Coruña convoca una concentración el viernes 16 de abril ante el SMAC.
La empresa de telemarketing Extel, que recientemente ha sido adquirida por AbaiGroup intenta recortar los derechos adquiridos de las/os trabajadoras/es de su centro de A Coruña.
A principios de año comunicó a la plantilla su intención de que las personas que tienen jornada irregular se vean obligadas a ‘devolver’ horas que hayan disfrutado en sus vacaciones, hecho que movilizó a  las/os trabajadoras/es con el seguimiento masivo de una jornada de huelga.
Desde el Comité de Empresa denunciamos que la nueva dirección de la empresa pretende que las/os trabajadoras/es recuperen horas de sus vacaciones, vulnerando de esta manera lo recogido en el convenio colectivo, que establece 32 días de vacaciones y que se han de respetar las jornadas máximas anuales que se vinieran disfrutando como condición más beneficiosa.
La concentración tendrá lugar ante la sede del Servicio de Mediación, Arbitraje y Conciliación de A Coruña, coincidiendo con el acto de conciliación previo a la demanda ante el juzgado de lo social, que está  situado en la travesía Victoria Fernández España, cruce con calle Hospital a las 11:30 horas del viernes 16 de abril.

A Coruña a 15 de abril de 2021.

Comité de Empresa de Extel-A Coruña

 

post

Concentracións dunha hora por quenda o 23/02 e o 02/03 na multinacional Teleperformance

Las precarias condiciones de las plantillas en la multinacional Teleperformance derivan en concentraciones a las puertas de Teleperformance A Coruña, Ponferrada y Sevilla, donde se visibilizarán las campañas que son cómplices de sus condiciones laborales.

En el centro de A Coruña se presta servicios en Naturgy, Iberdrola, Servihabitat, Vodafone, Xiaomi, Huawei, Lidl, Sabadell, Disney+ y Purificación García.

La situación en Teleperformance cada vez es más inadmisible para los y las trabajadores/as que desde hace años llevan sufriendo una situación de continuos abusos, errores e incidencias por parte de la Empresa. Desde CGT se ha intentado subsanar muchas de estas cuestiones de forma interna y sin ningún éxito.

En esta ocasión nos hemos unido los centros de A Coruña, Ponferrada y Sevilla para llevar a cabo concentraciones a las puertas de la multinacional en cada uno de estos territorios, los días 23 de febrero y el 2 de marzo (de 12:00 a 13:00 horas y de 17:00 a 18:00). Reivindicamos con estas concentraciones que la Empresa tome medidas para dar solución a todos los problemas que viene acarreando:

  • Errores en nóminas que, en su mayoría, se deben a incidencias técnicas derivadas del teletrabajo y que se imputan a los/as trabajadores/as descontando como horas de ausencia los minutos de desconexión de sus propios servidores.
  • El mal funcionamiento de los sistemas informáticos con los que se trabaja y que repercute negativamente en el día a día de los y las trabajadores/as.
  • Planificaciones a la baja que perjudica a la plantilla en cuanto a que la carga de trabajo cada vez es mayor.
  • El uso abusivo de despidos alegando bajo rendimiento siendo esto completamente falso. En muchas ocasiones, son personas que llevan poco tiempo formando parte de la plantilla y en caso de ganar un despido improcedente les sale muy barata la indemnización. Así como la aplicación de forma indiscriminada de un fin de obra en los servicios de Orange según la conveniencia de la empresa.
  • La falta de información que la Empresa proporciona a la RLT en cuanto a datos de gran interés para un correcto funcionamiento de los Comités de Empresa. El desprecio con el que se trata a la parte social en relación a la celebración de reuniones para establecer cuestiones que, por ley, es obligatorio negociar con los sindicatos,…son también motivos que nos llevan a convocar estas concentraciones.

Por todo ello, desde CGT llamamos a la movilización y a la visibilización de los cómplices de esta subcontrata para, de esta forma, hacer reaccionar a una empresa que desde hace tiempo se ha instalado en el pasotismo absoluto para con sus trabajadores y trabajadoras y que no vamos a consentir ni un día más.

Sección Sindical de CGT en Teleperformance-ACoruña

 

post

Ataque antisindical da patronal e de Navantia á Industria Auxiliar

O prego da licitación do mantemento recolle que o traballo que agora fai unha compañía (a UTE Tecman-Electro Rayma) se repartirá entre un mínimo de cinco empresas. Non hai ningún motivo técnico para isto. É unha nova agresión antisindical da dirección de Navantia e da patronal da IA.

Os traballadores subcontratados do Mantemento teñen un comité que nunca se dobregou ante a patronal, e que defende os dereitos do convenio e os acordos do naval, que tanto custou conquistar. Isto levou a que, en represalia, 15 destes compañeiros fosen despedidos en outono do 2019. A resposta de toda a plantilla foi unha folga indefinida. E o resultado, a readmisión de tódolos despedidos, tras case tres semanas de folga.

Este exemplo deloita é o que queren represaliar Navantia e a patronal da IA. Dividindo os traballadores entre un mínimo de cinco compañías, o que pretenden é cargarse o Comité de Empresa do Mantemento, para despois atacar os traballadores. Por iso a dirección de Navantia ocultoulle ó comité da principal que a licitación seía repartir entre varias compañías.

É unha agresión antisindical, é un ataque ó conxunto dos traballadores. Non podemos permitir que sigan a mexar por nós. Tódolos traballadores da factoría debemos responder. Os compañeiros do Mantemento decidiron onte en asemblea facer hoxe unha concentración na porta. A CGT chama a tódolos traballadores a solidarizarse acudindo á mesma.

CONCENTRACIÓN

Hoxe ás 11:00 na porta do Arsenal

Se atacan a un, atácannos a tod@s!

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol