post

2 de xuño: folga no BBVA e manifestación na Coruña

Reproducimos a continuación o manifesto unitario:

Despois  da  masiva   participación   nas   sucesivas   mobilizacións dos últimos días, e ante a actitude inamovible do Banco, os sindicatos decidimos seguir dando contestación na rúa, porque contamos co voso apolo. Ternos que seguir mobilizándonos, demostrándolle á empresa que non pode haber despedimentos, que neste banco todas e todos somos necesarios.

Vós sodes os e as auténticas protagonistas e é hora de que a Dirección tome nota de que este cadro de persoal non está disposto a deixar que continúen os abusos e as presións. De que non poden xogar co noso futuro, que o noso sacrificio non pode converterse única  e exclusivamente no seu beneficio. Non poden pagar ese enorme esforzo do persoal con despedimentos, modificando á baixa as nosas condicións de traballo, repartíndose os dividendos e subindo os seus salarios.

É unha agresión sen precedentes despois das súas declaracións de alta rendíbllidade e beneficios. É inmoral e obsceno. E haí alternativa.

A vosa implicación é unha continua lección de dignídade e solidariedade colectiva. Manteñámonos firmes. O noso futuro e o das nosas familias depende da nosa resposta.

Por íso, irnos mandar unha nova mensaxe á Dirección o vindeiro 2 de xuño, irnos volver dicirlles que así non. Volveremos parar masivamente e manifestarnos para facerlles saber que non irnos ceder. Máis vale que nos quiten 1día de salario que o noso emprego, que é o que nos dignifica como traballadoras e traballadores. E que saiba o BBVA que, se segue adiante cos despedimentos, a partir do 6 de maio, serán contestados todos e cada un deles.

Chamámosvos a secundar a FOLGA e participar na  MANIFESTACION que partirá o 2 de xuño, ás 11:00 da mañá, dende a Dirección Territorial do Banco na Coruña (no Cantón Pequeno 18).

NON AO  ERE NO BBVA!

CGT – CCOO – ACB – UGT – SEC – CIC – CIG – ELA – SCAT

 

post

Cara a folga no BBVA

Ante a postura da patronal sobre o ERE que suporá a destrución de casi 4.000 postos de traballo, a CGT, cos sindicatos CIG, ELA, SCAT, LAB, SEC e CIC, convocan folga que en Galicia concrétase no día 26 de maio, coa correspondente manifestación que se iniciará ás 11:30 no Cantón Pequeno, número 18.

Quen estea interesadx, pode picar na seguinte ligazón para ter máis información:

Sección Sindical CGT A Coruña