Navantia Ferrol, as súas empresas auxiliares e Alcoa, manifestaránse conxuntamente polas rúas da Coruña o día 31, mércores. A mobilización comezará ás 10:00 horas no edificio sindical e rematará diante da sede da patronal, na praza de Luís Seoane.
A orixe desta protesta parte da negativa da patronal de incluír os acordos asinados no 2001 polas empresas auxiliares de Navantia no convenio provincial do metal se non se aceptan condicións novas non pactadas.
No caso de Alcoa, a protesta é unha das mobilizacións provocadas polo anuncio do peche do centro de traballo coruñés, que deixa na rúa a 600 persoas, entre contratos directos e indirectos.
A CGT da Coruña manifesta o seu apoio á mobilización e fei un chamamento a que a afiliación, simpatizantes e pobo traballador se una á protesta.
NON DEIXES QUE PISEN A@S COMPAà‘EIR@S!
ALCOA NON SE PECHA!
NAVANTIA E AS AUXILIARES EN LOITA!
Comité Local da CGT da Coruña

Dentro da campaña continua de mobilizacións das traballadoras e traballadores da empresa Atento da Coruña, que se veñen sucedendo desde finais do mes de maio, a totalidade do Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, convoca unha manifestación o próximo luns, día 10 de setembro, ás 18:00 horas, e que sairá das portas do centro de traballo na rúa Juan Flórez. A saída da manifestación coincidirá co inicio do paro de dúas horas convocado para a tarde. Tamén está convocado outro paro pola mañá e outro pola noite, todos de dúas horas, un por quenda.