post

Concentración contra as malas prácticas da mutua “La Fraternidad”

O Comité de Empresa de Atento Coruña, do que a CGT forma parte, convocou unha nova concentración para o vindeiro mércores 10 de outubro ás 11 da mañá, diante da mutua La Fraternidad (Avda. do exército, 12). Do mesmo xeito que a protesta levada a cabo o pasado 27 de xuño, o motivo da concentración é esixir o cesamento das malas prácticas da mutua que, en lugar de prestar asistencia médica @s traballador@s que están de baixa, o que fai é presional@s para que pidan o alta ou propoñela sen o seu coñecemento aínda que non estean en condicións de acudir a traballar.

Sección Sindical CGT Atento – A Coruña

 

post

Concentración diante da Mutua Fraternidad

O vindeiro mércores día 27 de xuño, ás 11 horas, terá lugar unha concentración diante da mutua Fraternidad-Muprespa (Avda. do Exército, 12), convocada polo comité de empresa de Atento, do que forma parte a CGT,  en protesta pola miserable actitude da mutua nos últimos tempos, que deixou de prestar servizos sanitarios ás traballadoras e traballadores en situación de baixa médica, para converterse nun instrumento de presión para acelerar as altas médicas sen importarlle a súa saúde.
Esta concentración forma parte das mobilizacións que están a levar a cabo as traballadoras e traballadores de Atento Coruña todos os luns con paros laborais (de 0 a 1, de 12 a 13 e de 18 a 19 horas) e concentracións diante do centro de traballo en Juan Flórez, ás 12 e ás 18 horas, para esixir o cesamento dos abusos da empresa a través de despedimentos, sancións, presións, acoso e outras agresións durante o desempeño do noso traballo.
Sección Sindical da CGT en Atento A Coruña