post

[Navantia Ferrol] Unha proposta de emprego inaceptable

As negociacións sobre os novos ingresos non avanzan. Das 563 prazas previstas para este ano, a empresa ofrece para as factorías da nosa ría só 164, o 29"13%, cando as prexubilacións de Fene-Ferrol representan o 44"58% do total de Navantia. De feito, a propia empresa contempla no POA (Plan Operativo Anual) 250 novos ingresos na ría este ano (o 44"4% do total). Ademáis, o reparto entre os diferentes grupos profesionais é moi desproporcionado: 22 operarios, 78 empregados e 64 TS. Está claro que a empresa aposta por subcontratar toda a produción, o que por outra banda non constitúe ningunha sorpresa porque leva anos dando pasos nesa dirección co silencio cómplice dos sindicatos oficiais.

A empresa argumenta que o desequilibrio obedece a que na baía de Cádiz hai necesidades maiores, pola construción das corvetas saudís. Pero isto contrasta con que, das 218 prazas que ofrece para alí, só 14 sexan de operarios (6"4%), cando os operarios representan o 48,18% dos prexubilados das tres factorías gaditanas.

Pero non se trata só de que o reparto debe ser proporcional ás saídas en cada zona. A construción das corvetas afecta tamén a outras áreas xeográficas: Motores Cartagena fabricará os motores e Turbinas Ferrol, as caixas redutoras (por certo, ¿por que non fai Turbinas tamén os eixos de cola?). Por tanto, hai que cubrir as saídas que se produzan nas dúas fábricas. Non facelo indicaría que a empresa tamén aspira a subcontratar as súas actividades.

Tamén está a cuestión dos perfís profesionais. O 10 e 11 de abril, Navantia organiza en Cádiz un encontro con aspirantes ás prazas de ingreso. Os requisitos son ter unha determinada titulación universitaria (24 posibles), nivel B2 de inglés e… ¡menos de 3 anos de experiencia laboral! Que a empresa exclúa a quen leve traballando máis de 3 anos é un indicativo de que aposta por persoas novas que, precisamente porque para labrarse un futuro necesitan adquirir experiencia, están máis dispostas a aceptar malas condicións laborais. E tamén son máis doadas de adoutrinar nesa nova "cultura laboral" que Navantia anuncia, que só consiste en que os traballadores substitúan a conciencia de clase pola conciencia de empresa, ou sexa, en tentar de inculcar a falsa idea de que os nosos intereses como traballadores son os que marca a dirección da empresa.

Respecto ós tipos de contratos, a empresa está propoñendo que todos sexan eventuais. Un dos principais argumentos que deron os sindicatos que apoiaron a sinatura do convenio/plan foi que se crearía moito emprego fixo. O día do referendo (18 de decembro), CCOO distribuíu un comunicado titulado Proposta de acordo global do plan estratéxico: unha grande oportunidade, que di o seguinte: "Plan de emprego: Entradas do 75% das saídas, como fixos de plantilla". Pero o certo é que a acta que se prevía asinar dous días máis tarde (e que efectivamente se asinou) pon unha cousa moi distinta: "A distribución xeográfica e de perfís, así como a definición dos tipos de contrato será analizada pola comisión central de emprego, incorporando ditos contratos como indefinidos de forma progresiva ó longo da execución do plan" (o subliñado é noso). É dicir, o asinado é que as entradas sexan mediante contratos precarios. Por iso non se entenden moito algunhas queixas dos sindicatos asinantes do plan ante esta proposta da empresa. ¿Que se esperaban? ¿Que lles agradecese os servizos prestados? ¿Ou é que hai tanta confianza no xefe de Persoal que non len o que asinan?

Respecto ó proceso de selección, a empresa quere que, en nome da imparcialidade, se encargue unha empresa externa. Pero unha empresa externa pagada por Navantia non é unha empresa imparcial, senón unha empresa mercenaria porque vai facer o que a dirección de Navantia lle diga. Como sempre se dixo: quen paga, manda. O proceso de selección debe contar con control sindical e basearse en criterios medibles obxectivamente, non en criterios subxectivos como a entrevista persoal, fórmula habitual para meter enchufados.

Proximamente haberá eleccións xerais e municipais. Debemos aproveitalas para plantear as nosas demandas e mobilizarnos a prol delas. Pero aínda que todo este tema dos novos ingresos é en si mesmo o suficientemente grave como para que os traballadores deamos un golpe na mesa, non é o único tema. Tamén está o retraso das F-110, especialmente relevante para os traballadores de compañías. É posible que incluso a soa ameaza de mobilizarnos seriamente fose suficiente para espabilar ó goberno e que asine a orde de execución antes das xerais.

O comité de empresa ten que saír do furado no que está metido e convocar unha asemblea xeral para informar de todo isto ós traballadores e debater as posibles medidas a tomar.

Sección Sindial Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A Folga Xeral Feminista na Coruña e Lugo. Nota de prensa

A CGT, que convocou unha Folga Xeral Feminista de 24 horas este 8 de marzo, informa do seguinte:

          A situación xeral de seguemento na provincia da Coruña é satisfactorio, tendo en conta que a CGT non é un sindicato maioritario e a difusión do seu mensaxe estivo moi limitado. A pesar disto, informamos de que o paro é un éxito no sector de telemárquetin, cos seguintes datos concretos naquelas empesas e sectores onde a CGT ten implantación:

  • Extel (A Coruña): 80% de seguemento
  • Atento (A Coruña): 40% de seguemento
  • Abante (Lugo): 70% de seguemento

En Correos da provincia da Coruña, o seguemento foi notable, chegando ata o 20%. Nesta empresa, a CGT conseguíu paralizar o intento da dirección de organizar a esquirolaxe interno obrigando a non folguistas a facer o traballo do persoal en folga. Tras unha hora de loita, a empresa retirou dita pretensión.

En Adif establecéronse servizos mínimos abusivos, o que provocou que prácticamente todo o persoal teña a obriga de traballar. O mesmo pasa en Renfe, cun 75% de servizos mínimos.

En Navantia (Ferrol) estímase o paro nun 15%, ao igual que nos servizos administrativos da Xunta de Galicia.

En xeral, a CGT da Coruña considera satisfactorio o seguemento da folga e ten que denunciar o seguinte:

  • A imposición de servizos mínimos abusivos, superiores aos doutras xornadas de folga, a pesar das reiteradas sentenzas que, en ocasión anteriores, declararon a ilegalidade destes servizos. Esta imposición, tanto en Renfe como en Adif, imposibilita o exercicio real do dereito á Folga.
  • A presión que están sufrindo moitas traballadoras, ás que se lles aplican servizos mínimos inexistentes, como no caso do persoal da limpeza de oficinas, avións e zona VIP no aeroporto de Alvedro.

A CGT da Coruña fai un chamamento á participación masiva na manifestación que sairá do Obelisco da Coruña ás 19:30 horas.

CGT da Coruña, 08 de marzo de 2019

 

post

[Ferrol] Carga de traballo, Turbinas, convenio… hai motivos para a mobilización en Navantia

Os compañeiros de Puerto Real empezaron a mobilizarse esta semana. O motivo é que, unha vez que a empresa consigueu o que quería (recortes no convenio e nova redución de plantilla), pasou o de sempre: que as promesas recollidas no plan (o BAM- IS e dous buques loxísticos para o Exército de Terra) se incumpren. Aínda que os Orzamentos Xerais do Estado para 2019 foron rexeitados polo Congreso dos Deputados, o certo é que non recollían nin un só euro para eses buques prometidos; o inicio da súa construción non se prevé até 2021, toda unha eternidade para unha comarca tan castigada polo paro como a Baía de Cádiz. Non tivo que pasar moito tempo para que se puxese en evidencia todo o engano do plan/convenio único.

En Ferrol temos o mesmo problema. Primeiro, o goberno do PP retrasou as F-110 durante dous anos porque o seu ministro de Defensa, Pedro Morenés, pretendía favorecer os intereses da multinacional armamentística na que traballaba antes de ser ministro. Despois se dixo que a orde de execución ía asinarse no primeiro semestre de 2018. Imos camiño de marzo de 2019 e seguimos á espera. Hai que esixir a súa sinatura inmediata. Pero aínda que a orde se asine mañá, xa é inevitable un bache de carga de traballo entre o remate dos AOR australianos e as F-110, bache que para os traballadores da industria auxiliar terá unhas consecuencias negativas de sobras coñecidas.

Non debemos esperar a que empecen os despedimentos para esixir carga de traballo que permita salvar ese bache e manter os empregos. Hai que reivindicala antes de que comecen, hai que reivindicala cando a xente aínda está dentro das murallas.

Pero a carga de traballo non é o único tema importante. O organigrama de Navantia publicado esta semana evidencia que a dirección da empresa segue sen apostar por Turbinas. Moita leria sobre a tecnoloxía, que Navantia se centre en produtos de alto valor engadido, etcétera, etcétera, pero o certo é que a empresa segue a deixar que Turbinas vaia esmorecendo. Outro xeito de destruír a empresa pública.

Tamén están tódolos temas de convenio pendentes de negociar nas cinco comisións. Ademais, debería esixírselle á empresa o pago dos intereses dos atrasos das asimilacións.

¿Esta dirección non é, supostamente, tan "enrollada"? Pois que o demostre pagando o que se nos debe.

E no medio de toda esta situación, hai dúas eleccións: xerais anticipadas o 28 de abril e municipais o 26 de maio. Temos que aproveitar as campañas electorais para poñer enriba da mesa as nosas reivindicacións e mobilizarnos para conseguilas. O comité de empresa debe convocar unha asemblea xeral de tódolos traballadores do recinto para debater a situación e decidir as medidas a tomar, que deben incluír algunha mobilización conxunta cos compañeiros de Puerto Real. A unidade é a forza da clase obreira.

Por outra banda, o apagón eléctrico da semana pasada deixou en evidencia fallos de seguridade importantes, como luces de emerxencia que funcionaron escasos minutos ou que directamente non funcionaron. O comité de empresa debe esixirlle á empresa unha revisión destas instalacións en toda a factoría e informar ó conxunto dos traballadores sobre a causa dos fallos.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol

 

post

[Ferrol] Navantia discrimina á CGT

A CGT (Confederación Xeral do Traballo) ten unha sección sindical legalmente constituída en Navantia-Ferrol. E como tal, solicitoulle a Navantia dúas cousas: 1) O desconto na nómina da cota sindical; 2) Un correo electrónico. Resposta da empresa: si ó primeiro, non ó segundo. Navantia engade que nos facilitará un taboleiro de anuncios, para que poidamos informar ós traballadores. Tódolos días coa matraca da realidade virtual, drons voando polos talleres, buques sen cables, empresa sen papeis…, ¿e no ano 2019 nos veñen cun taboleiro de anuncios? A xefatura de Recursos Humanos de Navantia está ancorada na Prehistoria tecnolóxica. Necesita urxentemente un cursillo intensivo de Estaleiro 4.0.

Alega a empresa que "non é posible" que teñamos correo porque non reunimos os requisitos legais (obter representación nas eleccións sindicais). Esta resposta é moi cínica e demostra un dobre raseiro porque Navantia non aplica sempre o mesmo criterio.

As penúltimas eleccións sindicais foron en 2011. Sacaron delegados CCOO, CIG, UGT e USTG. Durante aquel mandato, tódolos delegados da USTG abandonaron este sindicato e formaron MAS. E a pesar de que MAS non se presentara ás eleccións, a empresa facilitoulle correo electrónico e local. E isto non o di a CGT, senón a sentenza da demanda que a USTG lle puxo a Navantia por facilitarlle a MAS ditos medios.

Esa sentenza non só di que "o sindicato MAS dispón de novo local e correo electrónico na empresa" (feito probado nº 20), senón que tamén di que "se observa conformidade entre as partes respecto dos feitos obxectivos detallados no anterior apartado de Feitos probados" (fundamento xurídico nº 1). Polo tanto, é incuestionable que a empresa facilitoulle un correo electrónico a MAS (non a un "grupo mixto" do comité de empresa). ¿Foi lóxico? Por suposto que si, dado que é un sindicato con presenza real. Pero ademais de lóxico foi legal, como demostra que a xuíza, "tendo en conta o dereito fundamental de liberdade sindical recollido no artigo 28 da Constitución", desestimase a demanda da USTG.

Malia que MAS non tiña representación no comité pola sinxela razón de que non se presentara ás eleccións de 2011 (que haxa delegados que cambien de sindicato no medio do mandato non conta a estes efectos), a empresa concedeulle correo electrónico. Se agora non llo concede á CGT non é porque a lei o impida, senón porque Navantia quere castigar á CGT en represalia pola nosa firme defensa dos intereses de clase dos traballadores (IV Convenio, folga indefinida das compañías, negociación do convenio único…). Navantia evidencia así que está moi preocupada ante a posibilidade de que a CGT entre no próximo comité porque sabe que nós non imos pastelear nos despachos, sabe que a nós non vai poder engaiolarnos para arrastrarnos "ó lado escuro".

É lamentable que unha empresa viole a liberdade sindical, máis tratándose dunha empresa pública, cuxos xestores deberían respectar os principios democráticos, no canto de actuar como sátrapas franquistas. Neste senso, no resumo de prensa diario que se publica no Periscopio (a intranet de Navantia) correspondente ó 31 de xaneiro houbo censura. En concreto, censurouse unha columna de opinión crítica coa ameaza de sanción ó noso compañeiro Xaquín García Sinde publicada ese día no Diario de

Ferrol. Isto mesmo xa pasara cando o CNI declarou oficialmente a Xaquín García Sinde como un risco para a seguridade nacional.

Igualmente, no seu escrito denegatorio do correo electrónico, Navantia lle lembra a Xaquín que non está autorizado a utilizar o seu correo electrónico corporativo para "fins distintos ós propios da súa actividade laboral". Pensamos que enviar a algúns compañeiros información sobre o convenio non é algo alleo á actividade laboral, e menos cando Navantia leva cerca de vinte anos violando o artigo do convenio que lle obriga a entregar a cada traballador un exemplar do mesmo (o último entregado foi o… ¡XXI Convenio da Bazán, asinado no ano 2000!).

Pero deixando a un lado este aspecto, con esa prohibición Navantia viola incluso a súa propia norma interna N-013 sobre uso do correo electrónico, que no seu punto

6.1.2.2 recolle explicitamente o dereito a un uso do correo para fins persoais cando é de forma ocasional, razoable e leal con Navantia. Ó mellor o problema é que a xefatura de Recursos Humanos de Navantia pensa que rexeitar o recente convenio é ser desleal coa empresa. Sexa como sexa, outro síntoma máis de mentalidade predemocrática.

Navantia xa foi condenada en 2014 por discriminación sindical (contra a CIG), cando gobernaba o PP. Pero que cun goberno que se declara socialista unha empresa pública discrimine a un sindicato e a un traballador é escandaloso porque se trata dunha vulneración do dereito democrático dos traballadores a organizarse.

Por iso o comité de empresa e o resto das seccións sindicais deberían dicir algo. Neste senso, a CGT dirixiuse ó comité e a todas elas o luns da semana pasada para pedirlles un pronunciamento público e que lle esixan á empresa un correo para a CGT e a retirada da ameaza de sanción contra o compañeiro Xaquín García Sinde, esixencia que, como sabe calquera que coñeza un pouco as relacións laborais en Navantia, sería suficiente para acabar con estas actitudes antisindicais.

Neste mesmo senso, tamén estaría ben que o PSOE local e o seu candidato á alcaldía de Ferrol lle dixeran a tódolos traballadores de Navantia se comparten ou non estas actuacións claramente antidemocráticas duns xestores nomeados polo seu partido.

Sección Sindical Unitaria de CGT – Navantia Ferrol

 

post

[Ferrol] Navantia: érase unha vez un plan…

O pasado 20 de decembro asinouse un plan de prexubilacións (negociado polas federacións, non polos comités) que dicía dúas cousas: 1) Que as condicións serían as do ERE de 2004; e 2) Que no prazo dun mes a partir da sinatura se negociarían as condicións de prexubilación dos que tivesen 64 anos cumpridos a 1 de xaneiro (que, supostamente, non podían entrar no ERE). Ou sexa, o único que faltaba para que se puidesen producir as saídas era negociar as condicións dos de 64. Pero 2019 trouxo varias sorpresas, estamos en febreiro e o comité cala coma un peto.

A primeira sorpresa do ano foi que… ¡se lles di ós compañeiros/as que cumpren 65 en 2019 que non marchen xubilados, a fin de metelos no ERE! Ou sexa, os mesmos que se cargaron o convenio para lograr as saídas anticipadas, ¡lles din ós que poden xubilarse que non o fagan! De feito,algúns compañeiros tiveron que volver ó traballo. E todo isto aínda é máis surrealista se pensamos que NA PÁXINA 4 DA ACTA DE 20 DE DECEMBRO

DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN PON MOI CLARIà‘O QUE NON PODEN ACCEDER Ó PLAN "AQUELES TRABALLADORES QUE TIVESEN ACCESO Á XUBILACIÓN ORDINARIA". Ou sexa, se lles di que non se xubilen… para metelos nun ERE cuxas condicións din que non poden entrar porque se poden xubilar. Isto é unha chafallada alucinante e os queandan a argallala deberían dar explicacións.

Xa de paso, tamén poderían explicar a qué se debe o cambio de criterio sobre os compañeiros/as de 64 anos, que agora resulta que van entrar no ERE. Un comunicado de CCOO de Cartagena do día 24 di que agora si poden entrar a raíz do real-decreto do 28 de decembro. MENTIRA. Ese real-decreto non ten nada que ver con iso, senón coa posibilidade de incluír nos convenios a xubilación forzosa ós 65 anos. Nada impedía antes do 28 de decembro que un traballador de 64 anos entrase nun ERE. Aquí houbo un cambio de criterio sindical-empresarial que os negociadores deberían explicar a qué se debe.

Se os de 64 non entraban no ERE, era lóxico que tivesen unhas condicións distintas. Pero se van entrar, o lóxico é que as súas condicións sexan as mesmas cós demais, entre outras cousas porque establecer condicións distintas dentro dun mesmo ERE non parece razoable. Os negociadores sindicais deberían aclarar todo este enguedello.

E falando de aclaracións. As múltiples versións do convenio previas ó referendo recollían que o dereito ó complemento de xubilación se mantería "siempre que (el trabajador) tenga contrato en vigor en la empresa al momento del hecho causante" (disposición adicional segunda). O 18, día do referendo, CCOO difundiu un documento titulado "Propuesta de acuerdo global del plan estratégico: una gran oportunidad", que di (páxina 4) que se ía modificar para poñer: "siempre que tenga contrato en vigor, o esté incurso en un Expediente de prejubilación en la empresa al momento del hecho causante" (subliñado noorixinal). Non houbo tal modificación. Outra cousa máis a aclarar.

O ano pasado, todo eran présas. Pero unha vez logrados os obxectivos da empresa (cargarse o convenio e amarrar unha nova redución de plantilla para aumentar a subcontratación), as presas desapareceron. E para xustificalo, se oen todo tipo de escusas. Agora disque hai que esperar a que o convenio se publique no BOE para que entre en vigor. ¿Queren dicir, por exemplo, que o cambio de horario en Fene foi ilegal porque se aplicou cando o convenio non estaba publicado no BOE, nin sequera rexistrado no Ministerio? ¿O departamento de Recursos Humanos da empresa (aumentado con varias fichaxes que entraron en Navantia da man do actual xefe de Persoal) non sabe cando entra en vigor o convenio? Pois para sabelo abonda con ler a súa disposición final primeira: "Entrada en vigor. 1) Ambas partes acuerdan que la nueva clasificación profesional y política salarial no se aplicará hasta la terminación de los trabajos a realizar por la Comisión (…) 2). El resto de las condiciones acordadas entrarán en vigor a la fecha de la firma, salvo aquellas condiciones que tengan una entrada en vigor específica" (o subliñado é noso). Empresa e burocracia sindical queren tomarnos de coña.

Tamén se segue insistindo na idea de que o ERE necesita autorización administrativa. MENTIRA. A necesidade de dita autorización foi eliminada polo

  • na reforma laboral de 2012, que ademais tamén rebaixou a duración do período de consultas dos ERE.

O plan de 2004 foi asinado o 16 de decembro e a extinción dos contratos foi o 31 de marzo. Se agora as condicións son as de 2004 e non hai trámite de autorización administrativa, nada xustifica que o proceso sexa máis longo, agás que:

  1. Interese prolongalo para que os prexubilados voten nas eleccións sindicais. Que hai ese interese, é descarado. Pero a burocracia sindical non pode conseguilo sen a axuda da empresa, posto que os prexubilados non van aceptar ter que seguir traballando tres meses máis a causa exclusivamente dos intereses electorais dalgún sindicato.
  • As condicións non vaian ser as que se dixo que ían ser e se estean aínda negociando. Pero isto sería realmente grave porque significaría que o que se votou o 18 de decembro foi un engano.

Os representantes sindicais deberían convocar unha asemblea xeral, aclarar as cousas e, sobre todo, resolver todo esta situación chafalleira xa.

A empresa tenta impedir que informacións como esta se coñezan. Por algo será. Se queres recibilas, escribe a: naval.ferrolterra@www.cgtgalicia.org , indicando un correo persoal ou un número de teléfono, e se queres recibilas por correo, por wasap (lista de distribución) ou por ambas vías.

En relación con isto, cónstanos que o noso cartel denunciando a ameaza de sanción ó compañeiro Xaquín foi colocado nos taboleiros de anuncios doutras factorías. Dámoslles as grazas ós compañeiros que o fixeron, e os animamos a continuar combatendo a censura e a sumar forzas coa CGT para facer avanzar o sindicalismo combativo en toda Navantia.

Sección Sindial Unitaria de CGT en Navantia

 

post

[Ferrol] Ameaza de sanción…¡por informar!

O xoves pasado, a empresa Navantia, mediante escrito asinado por Álvaro Tello, director de Relacións Laborais, ameazou con sancionar ó compañeiro Xaquín por difundir a través do correo electrónico "mensaxes alleas á actividade laboral". 

O escrito identifica esas mensaxes: un correo das 23:16 horas do domingo 13 co asunto "Prexubilación", outro das 22:19 horas do xoves 17 co asunto "¿Que está pasando aquí?" e un terceiro das 20:34 horas do martes 22 co asunto "Convenio". A empresa, cinicamente, remata dicindo que de repetirse "se verá obrigada" a adoptar medidas disciplinarias.

Non é a primeira vez. Na primavera de 2014, mediante requirimento notarial, ameazouno con levalo ós tribunais se non se retractaba dunhas palabras ditas nunha asemblea xeral; non o fixo e a cousa quedou aí. En 2017, durante a folga indefinida da industria auxiliar, a empresa acusouno de desatender as súas obrigas laborais para "estar na porta quentando ás compañías". Os compañeiros/as da CGT apoiamos totalmente aquela folga e Xaquín botou moitas horas na porta, en dúas ocasións durante a xornada laboral. Pero en ambas fíxoo cun pase a conta das 16 horas do IV Convenio que a empresa nos tivera que devolver. A empresa ía abrirlle un expediente sen comprobar os feitos dos que o acusaba.

Esta nova ameaza non é casualidade. Á tendencia xeral ó recorte dos dereitos democráticos, súmase que EN NAVANTIA SE QUERE IMPLANTAR UN MODELO CUPULAR DE RELACIÓNS LABORAIS, NO QUE TODO SE DECIDA ENTRE UN NÚMERO REDUCIDO DE PERSOAS E NO QUE OS TRABALLADORES QUEDEMOS REDUCIDOS Ó PAPEL DE COMPARSAS. Vímolo claramente nas negociacións do convenio/plan, cando houbo unha total opacidade informativa (ocultamento das actas, ocultamento dos documentos da negociación, etc.) por parte dos negociadores sindicais. Os correos de Xaquín romperon ese bloqueo informativo. Nalgunha reunión de negociación, #CCOO queixouse das filtracións.

Esta ameaza de sanción non ten nada que ver cun suposto mal uso do correo nin é unha cuestión persoal, senón que é un ataque contra o sindicalismo combativo e coherente na defensa dos intereses dos traballadores. Consciente de que a #CGT nin se compra nin se vende, a empresa opta pola vía ditatorial, pola censura. É unha auténtica vergonza que nunha empresa pública, e cun goberno que se declara socialista, un traballador sexa ameazado cunha sanción por enviar a algúns dos seus compañeiros información sobre o convenio colectivo, un tema totalmente laboral. ¿Tamén vai prohibirlle a empresa falar cos compañeiros na máquina do café? O compañeiro xa informou ó comité de empresa, que debe protestar contra o que é unha limitación do dereito básico dos traballadores a intercambiar información e opinións sobre as súas cuestións laborais, esixindo a retirada da ameaza de sanción.

A actitude da empresa representa un intento intolerable de limitar a liberdade de expresión, pero nos tempos que corren é completamente inútil. Estamos recabando información sobre os aspectos legais do asunto. Adoptaremos tamén outras medidas, que daremos a coñecer proximamente. Pero TODO TRABALLADOR/A QUE QUEIRA RECIBIR INFORMACIÓN PODE ESCRIBIR A: naval.ferrolterra@www.cgtgalicia.org, INDICANDO UN CORREO PERSOAL OU UN NÚMERO DE TELÉFONO, E TAMÉN SE QUERE RECIBIR A INFORMACIÓN POLO CORREO, POR UNHA LISTA DE DISTRIBUCIÓN DE WASAP OU POR AMBAS VÍAS.

Así mesmo, FACEMOS UN CHAMAMENTO A TÓDOLOS TRABALLADORES A QUE DIFUNDAN A INFORMACIÓN POR TÓDOLOS MEDIOS POSIBLES: BOCA A BOCA, COLOCANDO OS NOSOS COMUNICADOS NOS TABOLEIROS DE ANUNCIOS DAS FACTORÍAS, POLO CORREO ELECTRÓNICO, POLO WASAP…

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

[Ferrol] Balance da negociación do convenio de Navantia

Como era previsible, dado o número tan importante de prexubilacións e a manobra de ligalas co convenio, este foi aprobado no referendo do día 18. En calquera caso, a empresa e a burocracia sindical obtiveron na nosa factoría unha vitoria moi pírrica: O VOTO A FAVOR NIN SEQUERA CHEGOU Ó 55% (Nota: circularon uns resultados cunha porcentaxe superior, pero están mal porque os votos nulos foron 25, non 8). Reflectindo esta realidade, algúns medios de comunicación falaron de "aprobación axustada" e de "resultado rechamante" pola escasa diferenza entre o si e o non. O propio Galán admiteu que "esperaba uns resultados mellores" (La Voz de Galicia, 19/12/2018).

A interpretación dos resultados é bastante obvia: en liñas xerais (aínda que, por suposto, houbo excepcións en ambos sentidos), votaron a favor os prexubilables e votaron en contra os traballadores que se quedan.

Pero caben máis conclusións: dado o peso dos técnicos superiores na plantilla, parece bastante claro que tamén votaron en contra a maioría dos TS que se quedan, como apuntan ademais os resultados de Madrid (onde son xa a ampla maioría e o non alcanzou o 39"9%).

Tamén cabe analizar outro dato. Xusto unha semana antes, CCOO celebrara unha consulta interna na que votaron 504 persoas, alcanzando o si o 86%. Aínda que o censo estaba inflado con decenas de afiliados que xa causaran baixa definitiva na empresa por xubilación ós 65 anos ou por incapacidade (ós que se estivo chamando telefonicamente para insistirlles en que viñesen votar), manobra cuxo obxectivo era dar unha imaxe de que o convenio tiña máis apoio do que en realidade tiña, parece tamén bastante claro que un sector da afiliación de CCOO que votara si na consulta interna optou polo non no referendo.

Todo isto é relevante porque o convenio en realidade non está concluído: quedan as famosas cinco mesas de negociación, ás que, co fin de poder presentar o convenio único cunha cara máis amable, se trasladaron os tem as máis espiñentos, como a nova clasificación profesional, a nova estrutura salarial, os novos criterios de ascenso, o futuro dos conceptos sociais, a ordenación da industria auxiliar, as convocatorias de novos ingresos… Tan é así, que Antonio Noria, presidente do comité de Puerto Real e un dos asinantes do convenio, fixo o día 21 estas declaracións: "E, por suposto, ós que queden aquí lles queda unha loita por diante. Agora vén o difícil, que é facer cumprir o que asinamos". Ou sexa, el xa amañou o seu e o que veña atrás, que arree. E aínda se atreverá a chamarlle a isto sindicalismo de clase.

Este convenio encerra grandes leccións. A primeira, que a herdanza sindical da Bazán está arrasada, destruída precisamente por que n máis responsabilidade tiña en preservala. Este convenio, xunto coa folga de compañías de outubro de 2017, é un punto de inflexión que marca a fin dunha etapa histórica do sindicalismo na nosa factoría, e o comezo doutra.

O IV Convenio non foi cousa de Oliva. Todo o aparato de CCOO o apoiaba, empezando pola federación e continuando polos oficialistas de Ferrol. O problema foi que non tiveron en conta ós traballadores e se atoparon cunha oposición que lles impideu asinalo. Pero aprenderon a lección e aplicárona neste convenio, empezando por ligar convenio e plan (en contra do criterio sindical defendido historicamente) e continuando por facer todo o necesario para impedir unha repetición do acontecido no IV Convenio. Esta é a razón da falta de asembleas, da negativa a difundir os documentos da negociación, da mentira sistemática…

Neste senso, este convenio viu feitos gravísimos, como a negativa do presidente do comité de empresa a someter a votación na asemblea xeral propostas que el rexeitaba, actitude que só pode cualificarse de autoritaria e ditatorial. Pero que ninguén se engane: a actitude de Galán non é unha cuestión de personalidade, como cando un neno perrencheiro se vai do campo levándose a pelot a, senón que responde a algo moito máis relevante: CCOO xa tiña un acordo coa SEPI e non podía permiti que nada o puxese en perigo, aínda que isto implicase ter ante o conxunto dos traballadores unha actuación digna do Sindicato Ver tical franquista.

  • igual que a burocracia sindical sacou leccións do IV Convenio, os traballadores tamén temos que sacalas do Convenio Único. Un exemp lo: o día do referendo houbo unha asemblea xeral. A pesar de que se convocou porque os traballadores obrigamos ó comité, este manipulouna totalmente, empezando por decretar que só era informativa e que duraría 1 hora, continuando por abrir as urnas antes da asemblea cando precisamente se trataba de debater se plan e convenio se votaban xuntos ou por separado, e rematando por negarse a poñer a votación a proposta que non lle gustaba e dar por rematada a asemblea mediante o expeditivo método de dar a espantada levándose o micrófono. ¿Que lección cabe sacar? Que a próxima vez que haxa unha recollida de sinaturas para que se celebre unha asemblea xeral sería un erro dirixirse ó comité para que a convoque. Posto que o artigo 77 do Estatuto dos Traballadores establece con toda claridade que a asemblea xeral poderá ser convocada polo comité de empresa ou por un número de traballadores non in ferior ó 33% da plantilla, o que se debería facer é convocala e comunicarllo ó comité. E como os convocantes seremos os propios traballadores, o comité non poderá poñer condicións nin impedir que a asemblea vote. E se o comité non quere asistir ou a abandona antes de que remate, que teña claro que as decisións que adopte esa asemblea terán a mesma lexitimidade que se estivese convocada por eles.

Pero a lección máis importante é que a nova etapa sindical vai estar caracterizada polo feito de que os aparatos de CCOO e UGT asumiron a visión da empresa, pola FUSIÓN IDEOLÓXICA DE EMPRESA E BUROCRACIA SINDICAL. Esta fusión vai xerar unha crecente tendencia á coxestión , é dicir, á colaboración sindical nas decisións empresariais.

Nunha cousa coincidimos con Antonio Noria: isto non rematou, os que fiquen traballando teñen unha loita por diante. A CGT CHAMA A TÓDOLOS TRABALLADORES QUE VOTARON NON A MANTER AS ESPADAS EN ALTO E A PREPARARSE PARA AS FUTURAS BATALLAS SACANDO TÓDALAS LECCIÓNS DESTE CONVENIO.

Neste senso, entendemos que A PRINCIPAL LECCIÓN É A NECESIDADE DE DOTARNOS DUNHA FERRAMENTA ÚTIL PARA DEFENDER OS NOS OS INTERESES COLECTIVOS, DOTARNOS DUN SINDICATO COMBATIVO E DE CLASE, QUE NON LLE DEBE FAVORES Á EMPRESA, QUE SÓ E STÁ COMPROMETIDO COA DEFENSA DOS TRABALLADORES E QUE ESTÁ DISPOSTO A SER COHERENTE ATA O FINAL.

¡ AFÍLIATE Á CGT !

Sección Sindical da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Asemblea Xeral da CGT da Coruña

Convócase Asemblea Xeral da CGT da Coruña para o mércores, día 16 de xaneiro, ás 19:00 horas. A Asemblea convócase para tomar acordos definitivos do sindicato para o Congreso Confederal que se celebrará en Mérida ao respecto da posible convocatoria dunha Folga Xeral o próximo 08 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

Tamén, na dita Asemblea, elixirase a delegación que representará a este Sindicato da CGT da Coruña ao mencionado Congreso.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[Ferrol] Navantia: en defensa do convenio, en defensa da Asemblea

O novo texto do convenio coñecido onte mellora un par de aspectos, pero isto non cambia o substancial: segue a ser un convenio de recortes (condicións distintas para os novos ingresos e os TS, desaparición de dereitos tan importantes como as asimilacións, etc.)

Pero sobre todo segue a ser un convenio onde aspectos tan decisivos como a estrutura salarial, a clasificación profesional, o encadramento en ambas dos traballadores, os novos criterios dos ascensos, o futuro dos conceptos sociais ou a unificación dos conceptos salariais fixos e variables segue sen estar definida, a expensas de comisións que, por moito que algúns digan que se non se chega a un acordo nelas seguiremos co XXI Convenio, o texto do convenio único pon moi clariño que as discrepancias se resolverán na Comisión Mixta Paritaria.

Tamén o plan foi modificado onte. Agora di que as condicións dos que cumpran 65 o ano que vén se definirán no prazo dun mes, pero o certo é que seguen sen estar definidas, segue a ser un cheque en branco. E respecto ás condicións do resto dos prexubilados, as condicións plasmadas no plan seguirán aplicándose só á Fase 1 (prexubilacións en 2019 e 2020); as da Fase 2 (2021 e 2022) se verán a mediados de 2020, con todo o que este tempo pode supoñer en cambios lexislativos derivados de cambios políticos (dos que CCOO e UGT só se acordan á hora de meter medo para asinar isto xa e de calquera maneira). Por outra banda, moitos aspectos dos novos ingresos seguen sen aclararse (agás as peores condicións laborais).

Os cambios anunciados este luns 17 son a mellor proba de que este convenio non debe asinarse: NON SE REALIZAN PORQUE OS NEGOCIADORES SINDICAIS OS VIRAN NECESARIOS, SENÓN POLO ENORME MALESTAR EXISTENTE NA NOSA FACTORÍA, que ten seriamente preocupada á empresa e motivou unha vídeo-conferencia de Fernando Ramírez exclusivamente co comité de Ferrol o venres pola tarde. Pero se o amplo rexeitamento entre os traballadores de Ferrol provoca cambios nun convenio que en teoría xa estaba cerrado, ¿QUE NON PODERÍAMOS CONSEGUIR SE NOS MOBILIZÁSEMOS PARA ESIXIR MÁIS E MELLOR EMPREGO, MENOS SUBCONTRATACIÓN, AUMENTO DE PLANTILLA, MÁIS DEREITOS PARA OS TRABALLADORES…?

Ligar plan e convenio é unha chantaxe da empresa, que pretende que os prexubilables sexan os verdugos do convenio da Bazán. Os traballadores nunca aprobamos negociar xuntos plan e convenio. Por tanto, DEBEN VOTARSE POR SEPARADO. Se o convenio e tan marabilloso como din algúns, ¿por que tanto medo a que haxa votacións separadas?

Lamentablemente, o comité está a colaborar coa empresa. Por iso negábase a convocar unha asemblea xeral. E cando os traballadores recollemos as sinaturas de máis do 40% da plantilla, a convoca, pero ¡como "Asemblea xeral informativa" cunha duración limitada a 1 hora! Despois de que as asembleas parciais durasen 3-4 horas, con múltiples versións do convenio e do plan (as últimas feitas públicas hai menos de 24 horas), pretender limitar o tempo da asemblea xeral a 60 minutos é unha completa burla ós traballadores. Unha asemblea xeral non é un trámite. Ten que servir para que os traballadores poidan expresar a súa vontade. ¡O pobo é quen máis ordena!

A asemblea é soberana. Se o plan e o convenio se deben votar de forma conxunta ou separada non o pode decidir a empresa. Temos dereito a decidilo entre todos. Que os nosos representantes nolo queiran impedir é unha actitude que viola os dereitos democráticos dos traballadores e, por tanto, só pode calificarse de antidemocrática e ditatorial. O COMITÉ DE EMPRESA ESTÁ UTILIZANDO A REPRESENTATIVIDADE OUTORGADA POLOS TRABALLADORES PARA IMPEDIR QUE SEXAN OS PROPIOS TRABALLADORES OS QUE TOMEN AS DECISIÓNS. ISTO É REALMENTE GRAVE PORQUE É UN SÍNTOMA CLARO DE TENDENCIAS AUTORITARIAS. Que cadaquén pense a que pode deberse semellante actuación.

Sección Sindical Unitaria de CGT en navantia-Ferrol

2018-12-18 CGT Cartel En defensa do convenio, en defensa da asemblea

 

post

[Ferrol] Análise do convenio de Navantia: articulado

Ayer analizamos el marco general del convenio único. Además de lo dicho, añadimos que desaparecen el derecho del cónyuge o hijo/a de un compañero muerto en accidente laboral a ingresar en la empresa y el artículo sobre Acoso sexual y violencia de género del III Convenio. Hoy analizamos el contenido de los principales artículos, análisis que incluirá comentarios sobre el cuadro comparativo con el convenio actual (XXI Bazán-III Navantia) que CCOO envió ayer a sus afiliados (lleno de incorrecciones, en nuestra opinión). Estos dos análisis (marco general y articulado) son complementarias y componen un todo.

Art. 5 COMISIÓN PARITARIA INTERPRETACIÓN CONVENIO: Según CCOO está igual que el XXI -III, pero desaparece que los conflictos que afecten a una sola factoría se resolverán entre la empresa y su comité, y se añade que las decisiones de esta comisión "producirán los mismos efectos que un convenio".

Art. 9 GRUPOS FUNCIONALES: Aquí hay mucha confusión. El nuevo grupo funcional de Técnicos Titulados tiene 4 niveles, cuando ahora los titulados medios y ayudantes de ingeniero tienen 6. ¿Dónde quedarán clasificados los de los dos niveles superiores? ¿Qué ocurrirá cuando alguien del nivel E1 ascienda? ¿Pasará al grupo profesional 2, cuyos derechos capa este convenio? ¿Qué va a salir de la comisión de marras? Es inaceptable pretender que se firme el convenio cuando aspectos decisivos no sólo no están definidos, sino que se dejan en manos de una comisión que a saber qué decide.

Art. 11 MULTIFUNCIONALIDAD: Los grupos profesionales 3 y 4 tendrán que hacer todas las tareas de este encuadramiento, con la sola limitación de la formación.

Art. 12 MOVILIDAD FUNCIONAL: Según CCOO está igual que el XXI, pero hay dos diferencias importantes: 1) El cambio de grupo funcional podría significar acabar en el de Técnicos Superiores (que sólo está en el convenio a medias). 2) En el XXI-III la compensación económica era neta; ahora es bruta.

Art. 13 PRESTACIÓN DE SERVICIOS EN DISTINTOS CENTROS DE TRABAJO: Obligatorio dentro de la misma zona geográfica.

Art. 14 JORNADA DE TRABAJO: Según CCOO está igual que el XXI, pero se añadió lo siguiente: "La jornada efectiva de trabajo se computará de modo que, tanto al comienzo como al final de la jornada, el trabajador se encuentre en su puesto de trabajo".

Art. 21 TIEMPO POR TIEMPO: Se limita el disfrute del mismo.

Art. 22 PROLONGACIÓN DE JORNADA: Las extras estructurales incluyen también "los trabajos a realizar en el mes anterior para asegurar el cumplimiento de las entregas en las fechas comprometidas con los clientes". ¿Haremos un paro por la mañana para presionar con una entrega y será obligatorio velar por la tarde para asegurarla?

Art. 24 CONTROL DE PRESENCIA: Según CCOO está igual que el XXI, pero se añade un párrafo: "la Empresa dispondrá los medios que estime adecuados para el control de presencia, en función de la naturaleza de las instalaciones y puestos de trabajo, informando al Comité de Empresa de las medidas adoptadas". Esto reabre la puerta al reloj único de fichar. De hecho, el añadido ESTÁ COPIADO DEL IV CONVENIO.

Art. 25 DISPONIBILIDAD ESPECIAL y 26 POLIVALENCIA: Según CCOO están igual que el XXI, pero no es así porque ahora estos artículos ya no afectan a todos (quedan excluidos los nuevos ingresos y los TS).

Art. 27 CONTRATACIÓN DE PERSONAL DE NUEVO INGRESO: Este artículo dice una cosa muy extraña: "Cuando el ingreso sea por concurso-oposición, el personal de la empresa perteneciente a otro grupo profesional, tendrá preferencia para ocupar las vacantes en igualdad de circunstancias". ¿Qué quiere decir esto? ¿Que si un operario tiene un título de grado medio tiene que examinarse también y que, a igualdad de notas, tendría preferencia?

Art. 28 ASCENSOS: Desaparecen los artículos Asimilaciones, Sistemas de promoción y Turnos de ascenso. Los nuevos criterios serán distintos según el grupo profesional. Para el 3 y 4 "incluirá, entre otros a definir, el criterio de 8 años de antigà¼edad en el nivel como factor prioritario". Los defensores del convenio están vendiendo que garantiza un ascenso cada 8 años, pero el texto no dice eso. Las asimilaciones son cada 8 años, lo cual representa el 12,5% de la plantilla anualmente, a lo que se suman los ascensos, que representan otro 5-10%. Además, el XXI Convenio dice que el personal con limitaciones puede ascender por antigà¼edad "sin ocupar plaza en su gremio", coletilla que ahora desaparece. Frente a todo esto, el convenio único sólo garantiza el 10%. Y establece un límite presupuestario: 0,7% sobre las retribuciones. Pregunta: ¿Qué ocurrirá si el 10% de ascensos implica más del 0,7% de las retribuciones? ¿Se cumplirá el 10 (y se superará el 0,7) o se cumplirá el 0,7 (y se bajará del 10)? Todos sabemos que lo segundo. Claro que también hay una manera de cumplir ambos criterios: disminuir la cuantía económica de los ascensos. ¡Como para darle un cheque en blanco a la comisión! Con las cosas de comer no se juega.

Art. 29 FORMACIÓN: La que se considere orientada a la capacitación o adaptación al puesto de trabajo será obligatoria.

Art. 34 INCREMENTO SALARIAL: 1) Rechazamos frontalmente ligarlo a los Presupuestos Generales del Estado porque esto podría suponer en el futuro un recorte de salarios por la misma vía. 2) Está muy lejos de la recuperación del poder adquisitivo perdido desde 2010.

Art. 35 LÁUSULA FIDELIZACIÓN/PRODUCTIVIDAD: 1) No es verdad que suponga la misma cantidad para todo el mundo porque la cantidad aportada dependerá de las retribuciones de cada trabajador. 2) ¿Qué pasa con el dinero de un trabajador que cause baja en la empresa antes de los 60 años o de acumular 20 años de antigà¼edad? ¿Adónde va?

Art. 37 COMPLEMENTO BAJA IT: Según CCOO está igual que el XXI, pero no es así por tres razones: 1) El XXI Convenio no distinguía entre enfermedad común y enfermedad profesional. 2) El XXI Convenio enumeraba los conceptos incluidos en el complemento, mientras que ahora se habla de "salario fijo". 3) Este convenio dice que en caso de "incapacidad derivada de contingencias profesionales se incluirá también en el importe del complemento el plus de turno y de trabajos especiales", lo cual quiere decir que en caso de IT por enfermedad común no se incluirán, cuando en el XXI se incluyen los trabajos especiales.

Art. 41 CONCEPTOS SOCIALES: Según CCOO está igual que el XXI, pero esto sólo es verdad momentáneamente porque dice que una de las comisiones "estudiará las medidas a tomar para no generar derechos en materia de beneficios sociales para el personal que cause baja definitiva en la empresa". Y si los futuros jubilados (o los prejubilados con un ERE de extinción) van a perder, por ejemplo, el cartucho de Navidad, ¿qué pueden esperar los que ya son pensionistas de esa comisión? Es fácil de imaginar.

Art. 42 REGULACIÓN DE LA PRÁCTICA SINDICAL EN LA EMPRESA: Según CCOO está igual que el XXI, pero no es así porque desaparece que el comité de empresa es el único órgano de representación unitario de todos los trabajadores. También desaparece que es el único capacitado para la denuncia e iniciación de la negociación colectiva, sin que esta competencia se traslade al Intercentros. La cosa está muy clara: la burocracia sindical se quiere cargar los comités y utiliza la representatividad otorgada por los trabajadores para minarlos desde dentro.

Art. 54 SUBCONTRATACIÓN: Dice CCOO que se redactó "teniendo en cuenta el convenio provincial". Será por eso que desaparece esto que dice el XXI Convenio: "Las empresas subcontratistas que vayan a realizar su actividad dentro del recinto (…) deberán estar al corriente del pago de los salarios de los trabajadores, así como de sus obligaciones con la Seguridad Social y la Hacienda Pública, velando la Dirección y el Comité de Empresa por su cumplimiento". Pero no hay que preocuparse porque la comisión esa que lleva veinte años ordenando la industria auxiliar va a seguir ordenándola (por los siglos de los siglos, amén).

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMERA – COMISIONES: Si en la más importante (Política salarial y promoción profesional) hay desacuerdos, se resolverán en la Comisión Mixta Paritaria, cuyas decisiones tienen valor de convenio.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA – COMPLEMENTO DE JUBILACIÓN: Rechazamos que desaparezca para los nuevos ingresos, su capitalización y unas esperanzas de vida que son una estafa. Pero además, dice que se mantendrá este derecho a percibir un capital al acceder a la jubilación definitiva ordinaria, "siempre que [el trabajador] tenga contrato en vigor en la empresa al momento del hecho causante". Los defensores de este convenio dicen que las condiciones de la prejubilación serán las mismas que en 2005. En 2005 se aplicó un ERE extintivo, o sea, se rescindieron los contratos. Pero si esto es así ahora, al llegar a la jubilación no se tendría un contrato en vigor con Navantia. Esto requiere una aclaración.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCERA – PERÍODOS DE FORMACIÓN Y ADAPTACIÓN: Los salarios son muy bajos y la permanencia, excesiva. ¿Un trabajador que ingrese necesita cuatro años para adaptarse?

DISPOSICIÓN TRANSITORIA: Rechazamos el teletrabajo.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA: Deja sin efecto todo lo que no sea el convenio único (anteriores pactos, acuerdos, convenios), cuando todos sabemos que hay muchas cosas en actas complementarias (aunque no sepamos muy bien cuáles son, dado que el comité nos las oculta).

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

Análisis Articulado-1