A Sección Sindical de Correos na Coruña ven de sacar un novo «Buzón Rebelde», a súa revista, neste caso un especial verán que repasa toda a actualidade na empresa. O contido é o seguinte:
Propoñemos a recuperación da banca postal pública e esiximos aumentar o coidado na entrega de comunciacións.
Sancionada xefa con falta moi grave por manipular notificacións tras a denunca de CGT Correos.
Publicado Informe Anual 2020: eventualidade elevadísima e aumento das queixas e reclamacións.
Visto nas redes.
Salarios: pendente a suba do 0,9% para o 2021. Perderemos diñeiro outra vez este ano.
Caos e confusión na recollida de datos ao persoal rural.
Finaliza con acordo a folga máis longa da historia de Correos: 65 días en Sabadell.
O (bochornoso) coste dunha «formación» practicamente inútil en 2020: 2.909.298,67 euros.
Contra o negocio sindical, a solidariedade e a axuda mutua: temario completo, libre e gratuito para o exame do 12S.
Pódese abrir ou descargar a revista picando nas ligazóns de embaixo.
A Sección Sindical de Atento na Coruña ven de publicar o seu Boletín Informativo número 9. Esta publicación está dedicada á negociación do Convenio Colectivo e a recordar algunhas das reivindicacións da CGT para este precarizado sector ante unha patronal que non quere chegar a ningún acordo.
Ven de saír o número 71 da Folla da CGTque publica a Sección Sindical Unitaria en Navantia de Ferrol. Trátase. coma sempre, dun completo repaso á actualidade de Navantia. Nesta ocasión trata dos seguintes temas:
Isto da noxo, explicando a lei do funil segundo sexas operario-empregado ou universitario.
A volta coas prazas, cunha estatística moi interesante.
Balance da Asemblea Xeral.
Increíble pero certo: a cuestión dos salarios.
Novos ingresos.
Horas sindicais de xuño.
Pódese descargar ou abrir esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol
A CGT da Cotruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a unha concentración que terá lugar o martes, 6 de xullo, ás 19:30 horas, no Obelisco da Coruña baixo o lema «Pola xustiza social. As persoas antes que o capital».
POLA XUSTIZA SOCIAL: AS PERSOAS ANTES QUE O CAPITAL
A situación da clase traballadora é insostible: catro millóns de persoas no paro e o resto sometidas a horarios interminables, salarios de miseria, contratos precarios, colas da fame, expulsadas das súas vivendas e condenadas a unha existencia moi pouco merecente de ser vivida.
Millóns de horas extraordinarias, pagadas e sen pagar, que servirían para crear centos de miles de postos de traballo. Xornadas de traballo legais que non se reducen desde hai 40 anos. Unhas xubilacións cuns requisitos cada vez máis duros non só para ter dereito a elas, senón tamén cunha idade de xubilación máis tardía e uns sistemas de cálculo pensados só para reducir o seu importe. Mentres milleiros de xoves agardan por un posto de traballo, outros prolongan a súa vida laboral ata que non poden máis e pasan directamente do posto de traballo ás portas da morte. Por todo isto reclamamos traballar menos: menos horas, sen horas extraordinarias e cunha idade de xubilación máis temperá. Traballar menos, para traballar todas e todos.
Temos un salario mínimo de miseria, do que dependen millóns de traballadores e traballadoras, e este ano aínda non subiu. As diferencias salariais son enormes, sen ningunha equidade. Os salarios non cobren, en moitos casos, os gastos mínimos para ter unha vida digna de ser vivida. Os ricos son cada vez máis ricos e continúan enriquecéndose durante esta pandemia. É unha cuestión de xustiza que os traballadores e traballadoras poidan sufragar co seu salario os gastos de vivenda, alimentación, enerxía, abrigo, cultura e ocio sen estar afogados día tras día, mes tras mes. Por todo isto reclamamos un salario mínimo digno e suficiente, o peche dos abanos salariais e a repartición da riqueza equitativamente. En definitiva: estamos polo reparto da riqueza e do traballo.
Por iso non é suficiente a derrogación da reforma laboral de Rajoy. Esta reforma foi nefasta, pero é que é nefasta a xeneralidade da lexislación laboral: contratas, subcontratas e ETT; contratación temporal á carta; despedimentos libres a gusto do empresariado; accidentes de traballo disparados; subsidios de desemprego miserentos e todo tipo de falcatruadas consentidas legalmente por este sistema inicuo e inxusto en beneficio dunha minoría cobizosa e insaciable. Por isto reclamamos a xustiza social, un sistema social xusto no que a clase obreira, a creadora da riqueza, teña o recoñecemento que merece e deixe de padecer esta vida cativa e ruín. Porque humanamente é insostible este sistema que pon o capital por riba das persoas. Porque hai que desmontar toda a lexislación actual e non conformarse coa maquillaxe que poidan supoñer unhas simples modificacións e derrogacións.
Mañana martes 29 de junio a las 11:00 horas, tendrá lugar una nueva concentración delante de la tienda de Movistar en plaza Pontevedra, 12 para protestar por los despidos que Atento y Movistar están llevando a cabo en las últimas semanas en diferentes centros de atención de llamadas. Despidos basados en mentiras que luego son reconocidos como improcedentes y que le sirven a Atento y Movistar para deshacerse de lxs trabajadorxs con mayor antigà¼edad, explotando aún más a quienes siguen trabajando ya que tiene que hacer además de su trabajo el de lxs despedidxs, y si vuelven a contratar lo hacen con peores condiciones, incluso a través de ETT, para realizar el mismo trabajo.
No es la primera vez que Atento despide a más de 30 trabajadorxs, lxs dos últimxs la pasada semana) en un plazo de no más de 90 días incurriendo con ello en un ERE fraudulento. En esta ocasión están de nuevo rondando el número de despidos dentro de ese plazo, aunque parece que están haciendo los cálculos con más cuidado para parar de despedir antes de que se pueda considerar un ERE para continuar luego con los despidos cuando el contador de tiempo se pone de nuevo a cero.
En esta ocasión la concentración será estatal y se llevará a cabo simultáneamente en todas las plataformas de atención de llamadas donde la CGT tiene representación y en ella volveremos a exigir el fin de los despidos y la readmisión de lxs despedidxs.
Puntualmente ven de saír o número 70 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria do noso sindicato en Navantia. O sumario deste número é o que segue:
Teletraballo e conciliación
A Xunta non é a nosa aliada
O paro técnico e a irresponsabilidade de Navantia
Valoración da asemblea posterior á culebra
Prazas 2020-2021
Pódese abrir ou descargar este número picando nas ligazóns de embaixo.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol
Meses y meses jugando con nuestras nóminas, descontándonos dinero por fallos en sus sistemas mientras ellos se llenan los bolsillos a base de nuestro esfuerzo. No lo sigamos permitiendo.
Todxs unidxs seremos más fuertes
Lunes, 28 de junio De 12:30 a 13:30 h y de 16 a 17 h (Dentro de estas franjas horarias os podéis deslogar y dejar de coger llamadas sin tener que dar aviso a nadie)
Concentración en TP de 12:30 a 13:30 h
Sección Sindical de CGT en Teleperformance – A Coruña
La @CGT sigue organizando a lxs trabajadorxs contra los ataques de @AtentoCorp y @movistar_es, responsables de la destrucción y precarización de miles de puestos de trabajo, bajo el paraguas de unas leyes echas a medida de la patronal.