post

Unha mentira descarada: Plan de Emprego 2019-2022 en Navantia Ferrol

O 30 de abril, a Comisión central de Emprego chegou a un acordo no chamado "Plan de Emprego de Navantia para os anos 2019-2022", ratificado ese mesmo día por maioría no comité intercentros.

Ese Plan de Emprego di (páxina 3): "De conformidade co previsto no convenio colectivo, con carácter xeral, as novas contratacións que se realicen durante a vixencia do presente plan de emprego se realizarán a través de contratos temporais, incorporando ditos contratos como indefinidos de forma progresiva ó longo da execución do plan". É dicir, o Plan de Emprego recolle, con absoluta claridade e máis aló de calquera dúbida razoable, que os novos ingresos entrarán con CONTRATOS PRECARIOS. ¡ISTO NON É O QUE DIXERON OS DEFENSORES DA SINATURA DO PLAN, QUE CANSARON DE REPETIR QUE A APROBACIÓN DO PLAN ÍA SUPOà‘ER A COBERTURA DO 75% DAS PREXUBILACIÓNS CON CONTRATOS FIXOS!

Agora poderán dicir que eles non dixeron cándo ían ser fixos e que algún día o serán, pero o que deron a entender foi que os novos ingresos terían un contrato fixo dende o primeiro día.

E falando de mentiras: tampouco é verdade iso que se di aí de que o convenio obriga ("de conformidade co previsto…"). O artigo 27 do convenio (Contratación de persoal de novo ingreso) pon moi claro que os tipos de contratos os decidiría a Comisión central de Emprego: "Na Comisión Central de Emprego desenvolverase un Plan de Emprego no que se definirán os criterios de incorporación e modalidades de contratación das entradas que se produzan en plantilla durante a vixencia do presente convenio".

A mentira é neste caso particularmente grave porque ese grao de cobertura das baixas por prexubilación con contratos fixos foi un factor que levou a algúns traballadores a votar ‘si" ó plan, nunha votación que na nosa factoría tivo resultados moi axustados.

Se durante a negociación do convenio houbo un escurantismo total, simbolizado na ocultación dos documentos por parte de quen negociaba en nome dos traballadores, ¿que se podía esperar das negociacións nas cinco comisións? Aínda máis escurantismo. A única dúbida que hai sobre o resultado desas comisións é cántas sorpresas desagradables máis nos esperan.

As materias que se van negociar nas comisións (clas ificación profesional, estrutura salarial, novos criterios de promoción…) formarán parte do convenio e, por tanto, a súa negociación debe estar suxeita a criterios de información transparen te e veraz ó conxunto dos traballadores e de toma da decisión so bre a súa sinatura por parte da asemblea xeral.

Ocultación da información durante o convenio, negativa a poñer a votación na asemblea xeral propostas non saídas do comité, unha xornada de "loita" convocada burocraticamente sen sometela a unha asemblea xeral (e así saíu: todo un éxito de desconvocatoria do comité de empresa)… Con estes precedentes, ¿a quen lle pode estrañar que se lle mentise descaradamente ós traballadores para que apoiasen a sinatura do plan/convenio? Tratábase de facilitarll e á empresa os seus obxectivos, que son reducir aínda máis a plantilla, recortar dereitos e precarizar o emprego; todo o demais son milongas.

Compañeiras e compañeiros: os traballadores temos moitos problemas. Pero cada vez é máis innegable que un deles (e non o menor) é que algúns representantes dos traballadores, no canto de defender os intereses de quen os elixiu, usan a representatividade outorgada polos traballadores para defender os intereses da empresa. Algún día saberase a cambio de qué. Peroisto é o de menos. O verdadeiramente importante é ser conscientes de que o comité de empresa sufre un proceso de dexeneración grave que só pode ser abortado mediante a implicaci ón de todos e todas para facer que as cousas cambien.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

[Navantia Ferrol] Por unha asemblea xeral!

O mércores pasado, o comité de empresa publicou un comunicado informando da celebración mañá dunha xornada de loita pola situación da carga de traballo. Xa ha iun par de meses que a CGT se pronunciou a favor de que os traballadores iniciásemos a mobilización en demanda de carga de traballo e, por tanto, CHAMAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS DE MAà‘Á. Ademais, como o xoves pola mañá tamén van mobilizarse os compañeiros de Poligal, consideramos que debemos confluír e unir as forzas de todos.

Pero en todo isto hai outro aspecto a analizar. A mobilización non é simbólica: saída  á rúa, encerro e manifestación vespertina. A pesar disto, o comité de empresa non convocou unha asemblea xeral. É A PRIMEIRA VEZ QUE O COMITÉ DE EMPRESA CONVOCA UNHA XORNADA DE MOBILIZACIÓN SEN LEVAR A PROPOSTA Á ASEMBLEA XERAL PARA SOMETELA Á CONSIDERACIÓN DOS TRABALLADORES. Grave? Si. Pero non sorprendente.

Esta actuación do comité representa un novo salto adiante no seu proceso de progresivo afastamento dos traballadores. O comité non está a actuar como representante do conxunto dos traballadores, senón como axente das respectivas federacións slndicais. A representatividade outorgada polo conxunto dos traballadores ó comité de empresa está sendo utilizada para defender os intereses dos aparatos sindicais. Quen está a negociar os novos ingresos? O comité de empresa. Que información transmite? Absolutamente ningunha, a pesar de que é a súa obriga. A información só se dá en reunións de afiliados. Igual que no terreo político algúns confunden os concellos cos partidos. no terreo sindical algúns confunden os comités cos sindicatos.

Os representantes dos traballadores están a utilizar a súa representatividade para excluír o conxunto dos traballadores da toma de decisións. Por que lles molestamos os traballadores? Porque podemos cortocircuitar os seus pasteleos coa empresa, como se demostrou no IV Convenio. Por iso no recente convenio único ocultaron a información e impediron que a asemblea votase propostas que non saian do comité. Non convocar agora asemblea xeral é a continuación lóxica desta deriva verticalista. A CGT ESIXE QUE O COMITÉ DE EMPRESA  CONVOQUE  UNHA ASEMBLEA XERAL DE TÓDOLOS TRABALLADORES DO  RECINTO PARA DEBATER A SITUACIÓN DA CARGA DE TRABALLO E OS PASOS A DAR POLOS TRABALLADORES  PARA  REIVINDICALA.

O comité equivócase tamén dende o punto de vista da propia mobilización porque a súa actuación antidemocrática podería levar a que algúns traballadores expresen o seu malestar non participando nas mobilizacións. Dende a CGT pensamos que isto seria un erro e chamamos ós compañeiros a diferenciar unha cousa da outra. A mobilización é necesaria, por nefasta que sexa a actuación do comité. A maneira de combater as actuacións antidemocráticas do comité é fortalecendo o sindicalismo combativo, democrático e asembleario que representa a CGT.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

[Ferrol] Navantia: proposta da CGT para os novos ingresos

  1. Perfís profesionais: Navantia necesita profesionais de oficio porque as diferentes reducións de plantilla provocaron un desequilibrio moi importante e porque os ingresos dos últimos anos foron case todos de técnicos superiores. Por tanto, para evitar que esta nova prexubilación se traduza nunha subcontratación aínda maior do proceso produtivo e no abandono de máis talleres por parte de Navantia, é necesario que a maioría dos novos ingresos sexan operarios. Así mesmo, tamén hai que contemplar a necesidade de diminuír de forma importante a subcontratación na Sala Técnica.
  2. Reparto xeográfico das prazas: Proporcional ó número de prexubilados nas diferentes zonas. E se a empresa necesita máis persoal nalgunha, ten unha magnífica ocasión para poñer en marcha a contratación directa de traballadores eventuais por parte de Navantia, desbotando a subcontratación ou a contratación mediante ETT.
  3. Idade e experiencia: Non debe haber límites máximos nin por idade nin por anos de experiencia. A discriminación por razóns de idade é anticonstitucional, o cal é inaceptable nunha empresa pública. E un máximo de experencia de 3 anos non ten xeito.
  4. Tipo de contrato: O 75% das baixas polas prexubilacións deben ser cubertas con contratos fixos dende o primeiro día, como os sindicatos defensores deste plan afirmaron repetidamente.
  5. Participación sindical: A tódolos niveis. A contratación dunha empresa para encargarse do proceso de selección non é ningunha garantía de independencia porque esa empresa cobrará de Navantia e, por tanto, responderá ós intereses de quen lle paga.
  6. Proceso de selección: A experiencia demostrou que a selección baseada meramente nun primeiro exame teórico e un segundo exame práctico é un erro.

Tamén é sabido que a entrevista persoal é o truco habitual das empresas para meter enchufados ou para vetar persoas.

Os traballadores da industria auxiliar contribúen de forma decisiva ó proceso produtivo. De feito, hai compañeiros subcontratados que levan 10 ou 15 anos traballando de forma continuada dentro das murallas, é dicir, que realizan tarefas estruturais (e que en realidade deberían ser traballadores da principal porque a subcontratación desas tarefas non está xustificada). Por tanto, á hora de establecer os criterios para os novos ingresos debe terse en conta toda esta realidade, e tamén que unha parte dos traballadores da IA están agora mesmo no paro.

Así mesmo, hai que considerar ós mozos e mozas que están a facer ou fixeron prácticas de FP ou universitarias.

Combinando todos estes aspectos, a proposta da CGT para o proceso de selección é a seguinte:

  • Tódalas probas e criterios teñen que ser obxectivos. Rexeitamos totalmente a entrevista persoal, por subxectiva.
  • Esixencia da titulación correspondente á profesión (FP ou universitaria) ou dun tempo mínimo demostrable de exercicio da profesión.
  • Establecemento dun baremo que puntúe os seguintes aspectos:
    • Titulación.
    • Tempo de experiencia na profesión.
    • Tempo de traballo ou de prácticas dentro de Navantia.
    • Exame práctico.
    • Exame teórico.

O escurantismo neste tema é especialmente inaceptable. O comité de empresa debe informar puntualmente ó conxunto dos traballadores sobre a marcha das negociacións na comisión de emprego.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia

 

post

[Ferrol] O anuncio das F-110 é un timo electoralista.

O venres 29 de marzo, o goberno autorizou a sinatura da orde de execución das fragatas F-110. Nunha roda de prensa ese mesmo día, o delegado do goberno en Galiza dixo dúas cousas moi significativas:

  1. Que o primeiro buque da serie se entregaría en 2026.
  2. Que o número de compañías auxiliares aumentaría de 200 a 280.

Se a previsión é entregar a primeira fragata en 2026, isto significa que o inicio do corte de chapa —é dicir, o inicio da construcción do buque— será en 2022, o que significa que aínda vai haber que esperar tres anos para que comece a construción das F-110.

Este tempo de espera contrasta fortemente cos fitos doutros programas ou buques:

  Data sinatura orde execución Data inicio corte chapa Tempo transcorrido
Fragatas F-100 Xaneiro 1997 Xullo 1997 6 meses
Fragatas norueguesas Xuño 2000 Decembro 2001 18 meses
LHD Juan Carlos I Marzo 2004 Maio 2005 14 meses
LHD australianos Novembro 2007 Setembro 2008 10 meses

Indubidablemente, que o goberno autorice a construción das F-110 é unha boa noticia. Pero que haxa que esperar tres anos para que esa construción empece é un timo electoralista porque iso significará que, tralo remate dos AOR australianos, haberá un longo período sen ocupación, coas negativas consecuencias que iso ten para os traballadores da industria auxiliar.

A CGT xa denunciou esta situación en febreiro. Pero, ademais de denunciala, planteamos a necesidade de que os traballadores nos mobilizásemos para reivindicar carga de traballo. Lamentablemente, ESTASE A PERDER UN TEMPO PRECIOSO.

O taller do Elaborado está a piques de rematar os traballos dos AAOR. O MOMENTO DA MOBILIZACIÓN NON É CANDO XA HAXA COMPAà‘EIROS DA INDUSTRIA AUXILIAR DESPEDIDOS. O MOMENTO É AGORA, APROVEITANDO QUE A XENTE AÍNDA ESTÁ DENTRO, AS DÚAS CAMPAà‘AS ELECTORAIS DESTA PRIMAVERA E A SITUACIÓN POLÍTICA. O comité de empresa debe convocar unha asemblea xeral do recinto para debater e decidir entre todos os pasos a dar. Aínda que, visto que non informa sobre as negociacións dos novos ingresos e que en todos estes meses nin sequera foi capaz de convocar unha asemblea de prexubilables —que marchan sen que os seus representantes nominais lles expliquen as condicións (¡algo do que se encargará unha empresa subcontratada por Navantia!)—, quizais sexa pedirlle demasiado a un comité que ten demostrado sobradamente que quere excluír ós traballadores e negociar ás súas costas.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia

 

post

[Ferrol] Solidariedade con Poligal

A Sección Sindical Unitaria da CGT (Confederación Xeral do Traballo) en Navantia-Ferrol chama a tódolos traballadores da factoría —sen distinción de empresa, profesión ou categoría— a concentrarnos este VENRES 29 na PORTA DO ARSENAL ás 12:30, a fin de saír á rúa a dar apoio ós compañeiros e compañeiras de Poligal.

O problema de Poligal pon de manifesto a necesidade dun sindicalismo combativo que vaia á raíz dos problemas, o que neste caso significa cuestionar o dereito dos capitalistas a deslocalizar as súas empresas por puro egoísmo económico. Neste senso, para nós o enfoque sindical debe ser aunar as forzas dos traballadores de tódalas empresas ameazadas para levantar un movemento que lle esixa ó goberno a súa expropiación, a fin de que os cartos públicos sirvan para manter os postos de traballo e o benestar social que conlevan, non para engordar petos empresariais.

¡SE TOCAN A UN, TOCAN A TODOS!

¡A UNIDADE É A FORZA DOS TRABALLADORES!

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

[Navantia Ferrol] Unha proposta de emprego inaceptable

As negociacións sobre os novos ingresos non avanzan. Das 563 prazas previstas para este ano, a empresa ofrece para as factorías da nosa ría só 164, o 29"13%, cando as prexubilacións de Fene-Ferrol representan o 44"58% do total de Navantia. De feito, a propia empresa contempla no POA (Plan Operativo Anual) 250 novos ingresos na ría este ano (o 44"4% do total). Ademáis, o reparto entre os diferentes grupos profesionais é moi desproporcionado: 22 operarios, 78 empregados e 64 TS. Está claro que a empresa aposta por subcontratar toda a produción, o que por outra banda non constitúe ningunha sorpresa porque leva anos dando pasos nesa dirección co silencio cómplice dos sindicatos oficiais.

A empresa argumenta que o desequilibrio obedece a que na baía de Cádiz hai necesidades maiores, pola construción das corvetas saudís. Pero isto contrasta con que, das 218 prazas que ofrece para alí, só 14 sexan de operarios (6"4%), cando os operarios representan o 48,18% dos prexubilados das tres factorías gaditanas.

Pero non se trata só de que o reparto debe ser proporcional ás saídas en cada zona. A construción das corvetas afecta tamén a outras áreas xeográficas: Motores Cartagena fabricará os motores e Turbinas Ferrol, as caixas redutoras (por certo, ¿por que non fai Turbinas tamén os eixos de cola?). Por tanto, hai que cubrir as saídas que se produzan nas dúas fábricas. Non facelo indicaría que a empresa tamén aspira a subcontratar as súas actividades.

Tamén está a cuestión dos perfís profesionais. O 10 e 11 de abril, Navantia organiza en Cádiz un encontro con aspirantes ás prazas de ingreso. Os requisitos son ter unha determinada titulación universitaria (24 posibles), nivel B2 de inglés e… ¡menos de 3 anos de experiencia laboral! Que a empresa exclúa a quen leve traballando máis de 3 anos é un indicativo de que aposta por persoas novas que, precisamente porque para labrarse un futuro necesitan adquirir experiencia, están máis dispostas a aceptar malas condicións laborais. E tamén son máis doadas de adoutrinar nesa nova "cultura laboral" que Navantia anuncia, que só consiste en que os traballadores substitúan a conciencia de clase pola conciencia de empresa, ou sexa, en tentar de inculcar a falsa idea de que os nosos intereses como traballadores son os que marca a dirección da empresa.

Respecto ós tipos de contratos, a empresa está propoñendo que todos sexan eventuais. Un dos principais argumentos que deron os sindicatos que apoiaron a sinatura do convenio/plan foi que se crearía moito emprego fixo. O día do referendo (18 de decembro), CCOO distribuíu un comunicado titulado Proposta de acordo global do plan estratéxico: unha grande oportunidade, que di o seguinte: "Plan de emprego: Entradas do 75% das saídas, como fixos de plantilla". Pero o certo é que a acta que se prevía asinar dous días máis tarde (e que efectivamente se asinou) pon unha cousa moi distinta: "A distribución xeográfica e de perfís, así como a definición dos tipos de contrato será analizada pola comisión central de emprego, incorporando ditos contratos como indefinidos de forma progresiva ó longo da execución do plan" (o subliñado é noso). É dicir, o asinado é que as entradas sexan mediante contratos precarios. Por iso non se entenden moito algunhas queixas dos sindicatos asinantes do plan ante esta proposta da empresa. ¿Que se esperaban? ¿Que lles agradecese os servizos prestados? ¿Ou é que hai tanta confianza no xefe de Persoal que non len o que asinan?

Respecto ó proceso de selección, a empresa quere que, en nome da imparcialidade, se encargue unha empresa externa. Pero unha empresa externa pagada por Navantia non é unha empresa imparcial, senón unha empresa mercenaria porque vai facer o que a dirección de Navantia lle diga. Como sempre se dixo: quen paga, manda. O proceso de selección debe contar con control sindical e basearse en criterios medibles obxectivamente, non en criterios subxectivos como a entrevista persoal, fórmula habitual para meter enchufados.

Proximamente haberá eleccións xerais e municipais. Debemos aproveitalas para plantear as nosas demandas e mobilizarnos a prol delas. Pero aínda que todo este tema dos novos ingresos é en si mesmo o suficientemente grave como para que os traballadores deamos un golpe na mesa, non é o único tema. Tamén está o retraso das F-110, especialmente relevante para os traballadores de compañías. É posible que incluso a soa ameaza de mobilizarnos seriamente fose suficiente para espabilar ó goberno e que asine a orde de execución antes das xerais.

O comité de empresa ten que saír do furado no que está metido e convocar unha asemblea xeral para informar de todo isto ós traballadores e debater as posibles medidas a tomar.

Sección Sindial Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

[Ferrol] Carga de traballo, Turbinas, convenio… hai motivos para a mobilización en Navantia

Os compañeiros de Puerto Real empezaron a mobilizarse esta semana. O motivo é que, unha vez que a empresa consigueu o que quería (recortes no convenio e nova redución de plantilla), pasou o de sempre: que as promesas recollidas no plan (o BAM- IS e dous buques loxísticos para o Exército de Terra) se incumpren. Aínda que os Orzamentos Xerais do Estado para 2019 foron rexeitados polo Congreso dos Deputados, o certo é que non recollían nin un só euro para eses buques prometidos; o inicio da súa construción non se prevé até 2021, toda unha eternidade para unha comarca tan castigada polo paro como a Baía de Cádiz. Non tivo que pasar moito tempo para que se puxese en evidencia todo o engano do plan/convenio único.

En Ferrol temos o mesmo problema. Primeiro, o goberno do PP retrasou as F-110 durante dous anos porque o seu ministro de Defensa, Pedro Morenés, pretendía favorecer os intereses da multinacional armamentística na que traballaba antes de ser ministro. Despois se dixo que a orde de execución ía asinarse no primeiro semestre de 2018. Imos camiño de marzo de 2019 e seguimos á espera. Hai que esixir a súa sinatura inmediata. Pero aínda que a orde se asine mañá, xa é inevitable un bache de carga de traballo entre o remate dos AOR australianos e as F-110, bache que para os traballadores da industria auxiliar terá unhas consecuencias negativas de sobras coñecidas.

Non debemos esperar a que empecen os despedimentos para esixir carga de traballo que permita salvar ese bache e manter os empregos. Hai que reivindicala antes de que comecen, hai que reivindicala cando a xente aínda está dentro das murallas.

Pero a carga de traballo non é o único tema importante. O organigrama de Navantia publicado esta semana evidencia que a dirección da empresa segue sen apostar por Turbinas. Moita leria sobre a tecnoloxía, que Navantia se centre en produtos de alto valor engadido, etcétera, etcétera, pero o certo é que a empresa segue a deixar que Turbinas vaia esmorecendo. Outro xeito de destruír a empresa pública.

Tamén están tódolos temas de convenio pendentes de negociar nas cinco comisións. Ademais, debería esixírselle á empresa o pago dos intereses dos atrasos das asimilacións.

¿Esta dirección non é, supostamente, tan "enrollada"? Pois que o demostre pagando o que se nos debe.

E no medio de toda esta situación, hai dúas eleccións: xerais anticipadas o 28 de abril e municipais o 26 de maio. Temos que aproveitar as campañas electorais para poñer enriba da mesa as nosas reivindicacións e mobilizarnos para conseguilas. O comité de empresa debe convocar unha asemblea xeral de tódolos traballadores do recinto para debater a situación e decidir as medidas a tomar, que deben incluír algunha mobilización conxunta cos compañeiros de Puerto Real. A unidade é a forza da clase obreira.

Por outra banda, o apagón eléctrico da semana pasada deixou en evidencia fallos de seguridade importantes, como luces de emerxencia que funcionaron escasos minutos ou que directamente non funcionaron. O comité de empresa debe esixirlle á empresa unha revisión destas instalacións en toda a factoría e informar ó conxunto dos traballadores sobre a causa dos fallos.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol

 

post

[Ferrol] Navantia discrimina á CGT

A CGT (Confederación Xeral do Traballo) ten unha sección sindical legalmente constituída en Navantia-Ferrol. E como tal, solicitoulle a Navantia dúas cousas: 1) O desconto na nómina da cota sindical; 2) Un correo electrónico. Resposta da empresa: si ó primeiro, non ó segundo. Navantia engade que nos facilitará un taboleiro de anuncios, para que poidamos informar ós traballadores. Tódolos días coa matraca da realidade virtual, drons voando polos talleres, buques sen cables, empresa sen papeis…, ¿e no ano 2019 nos veñen cun taboleiro de anuncios? A xefatura de Recursos Humanos de Navantia está ancorada na Prehistoria tecnolóxica. Necesita urxentemente un cursillo intensivo de Estaleiro 4.0.

Alega a empresa que "non é posible" que teñamos correo porque non reunimos os requisitos legais (obter representación nas eleccións sindicais). Esta resposta é moi cínica e demostra un dobre raseiro porque Navantia non aplica sempre o mesmo criterio.

As penúltimas eleccións sindicais foron en 2011. Sacaron delegados CCOO, CIG, UGT e USTG. Durante aquel mandato, tódolos delegados da USTG abandonaron este sindicato e formaron MAS. E a pesar de que MAS non se presentara ás eleccións, a empresa facilitoulle correo electrónico e local. E isto non o di a CGT, senón a sentenza da demanda que a USTG lle puxo a Navantia por facilitarlle a MAS ditos medios.

Esa sentenza non só di que "o sindicato MAS dispón de novo local e correo electrónico na empresa" (feito probado nº 20), senón que tamén di que "se observa conformidade entre as partes respecto dos feitos obxectivos detallados no anterior apartado de Feitos probados" (fundamento xurídico nº 1). Polo tanto, é incuestionable que a empresa facilitoulle un correo electrónico a MAS (non a un "grupo mixto" do comité de empresa). ¿Foi lóxico? Por suposto que si, dado que é un sindicato con presenza real. Pero ademais de lóxico foi legal, como demostra que a xuíza, "tendo en conta o dereito fundamental de liberdade sindical recollido no artigo 28 da Constitución", desestimase a demanda da USTG.

Malia que MAS non tiña representación no comité pola sinxela razón de que non se presentara ás eleccións de 2011 (que haxa delegados que cambien de sindicato no medio do mandato non conta a estes efectos), a empresa concedeulle correo electrónico. Se agora non llo concede á CGT non é porque a lei o impida, senón porque Navantia quere castigar á CGT en represalia pola nosa firme defensa dos intereses de clase dos traballadores (IV Convenio, folga indefinida das compañías, negociación do convenio único…). Navantia evidencia así que está moi preocupada ante a posibilidade de que a CGT entre no próximo comité porque sabe que nós non imos pastelear nos despachos, sabe que a nós non vai poder engaiolarnos para arrastrarnos "ó lado escuro".

É lamentable que unha empresa viole a liberdade sindical, máis tratándose dunha empresa pública, cuxos xestores deberían respectar os principios democráticos, no canto de actuar como sátrapas franquistas. Neste senso, no resumo de prensa diario que se publica no Periscopio (a intranet de Navantia) correspondente ó 31 de xaneiro houbo censura. En concreto, censurouse unha columna de opinión crítica coa ameaza de sanción ó noso compañeiro Xaquín García Sinde publicada ese día no Diario de

Ferrol. Isto mesmo xa pasara cando o CNI declarou oficialmente a Xaquín García Sinde como un risco para a seguridade nacional.

Igualmente, no seu escrito denegatorio do correo electrónico, Navantia lle lembra a Xaquín que non está autorizado a utilizar o seu correo electrónico corporativo para "fins distintos ós propios da súa actividade laboral". Pensamos que enviar a algúns compañeiros información sobre o convenio non é algo alleo á actividade laboral, e menos cando Navantia leva cerca de vinte anos violando o artigo do convenio que lle obriga a entregar a cada traballador un exemplar do mesmo (o último entregado foi o… ¡XXI Convenio da Bazán, asinado no ano 2000!).

Pero deixando a un lado este aspecto, con esa prohibición Navantia viola incluso a súa propia norma interna N-013 sobre uso do correo electrónico, que no seu punto

6.1.2.2 recolle explicitamente o dereito a un uso do correo para fins persoais cando é de forma ocasional, razoable e leal con Navantia. Ó mellor o problema é que a xefatura de Recursos Humanos de Navantia pensa que rexeitar o recente convenio é ser desleal coa empresa. Sexa como sexa, outro síntoma máis de mentalidade predemocrática.

Navantia xa foi condenada en 2014 por discriminación sindical (contra a CIG), cando gobernaba o PP. Pero que cun goberno que se declara socialista unha empresa pública discrimine a un sindicato e a un traballador é escandaloso porque se trata dunha vulneración do dereito democrático dos traballadores a organizarse.

Por iso o comité de empresa e o resto das seccións sindicais deberían dicir algo. Neste senso, a CGT dirixiuse ó comité e a todas elas o luns da semana pasada para pedirlles un pronunciamento público e que lle esixan á empresa un correo para a CGT e a retirada da ameaza de sanción contra o compañeiro Xaquín García Sinde, esixencia que, como sabe calquera que coñeza un pouco as relacións laborais en Navantia, sería suficiente para acabar con estas actitudes antisindicais.

Neste mesmo senso, tamén estaría ben que o PSOE local e o seu candidato á alcaldía de Ferrol lle dixeran a tódolos traballadores de Navantia se comparten ou non estas actuacións claramente antidemocráticas duns xestores nomeados polo seu partido.

Sección Sindical Unitaria de CGT – Navantia Ferrol

 

post

[Ferrol] Navantia: érase unha vez un plan…

O pasado 20 de decembro asinouse un plan de prexubilacións (negociado polas federacións, non polos comités) que dicía dúas cousas: 1) Que as condicións serían as do ERE de 2004; e 2) Que no prazo dun mes a partir da sinatura se negociarían as condicións de prexubilación dos que tivesen 64 anos cumpridos a 1 de xaneiro (que, supostamente, non podían entrar no ERE). Ou sexa, o único que faltaba para que se puidesen producir as saídas era negociar as condicións dos de 64. Pero 2019 trouxo varias sorpresas, estamos en febreiro e o comité cala coma un peto.

A primeira sorpresa do ano foi que… ¡se lles di ós compañeiros/as que cumpren 65 en 2019 que non marchen xubilados, a fin de metelos no ERE! Ou sexa, os mesmos que se cargaron o convenio para lograr as saídas anticipadas, ¡lles din ós que poden xubilarse que non o fagan! De feito,algúns compañeiros tiveron que volver ó traballo. E todo isto aínda é máis surrealista se pensamos que NA PÁXINA 4 DA ACTA DE 20 DE DECEMBRO

DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN PON MOI CLARIà‘O QUE NON PODEN ACCEDER Ó PLAN "AQUELES TRABALLADORES QUE TIVESEN ACCESO Á XUBILACIÓN ORDINARIA". Ou sexa, se lles di que non se xubilen… para metelos nun ERE cuxas condicións din que non poden entrar porque se poden xubilar. Isto é unha chafallada alucinante e os queandan a argallala deberían dar explicacións.

Xa de paso, tamén poderían explicar a qué se debe o cambio de criterio sobre os compañeiros/as de 64 anos, que agora resulta que van entrar no ERE. Un comunicado de CCOO de Cartagena do día 24 di que agora si poden entrar a raíz do real-decreto do 28 de decembro. MENTIRA. Ese real-decreto non ten nada que ver con iso, senón coa posibilidade de incluír nos convenios a xubilación forzosa ós 65 anos. Nada impedía antes do 28 de decembro que un traballador de 64 anos entrase nun ERE. Aquí houbo un cambio de criterio sindical-empresarial que os negociadores deberían explicar a qué se debe.

Se os de 64 non entraban no ERE, era lóxico que tivesen unhas condicións distintas. Pero se van entrar, o lóxico é que as súas condicións sexan as mesmas cós demais, entre outras cousas porque establecer condicións distintas dentro dun mesmo ERE non parece razoable. Os negociadores sindicais deberían aclarar todo este enguedello.

E falando de aclaracións. As múltiples versións do convenio previas ó referendo recollían que o dereito ó complemento de xubilación se mantería "siempre que (el trabajador) tenga contrato en vigor en la empresa al momento del hecho causante" (disposición adicional segunda). O 18, día do referendo, CCOO difundiu un documento titulado "Propuesta de acuerdo global del plan estratégico: una gran oportunidad", que di (páxina 4) que se ía modificar para poñer: "siempre que tenga contrato en vigor, o esté incurso en un Expediente de prejubilación en la empresa al momento del hecho causante" (subliñado noorixinal). Non houbo tal modificación. Outra cousa máis a aclarar.

O ano pasado, todo eran présas. Pero unha vez logrados os obxectivos da empresa (cargarse o convenio e amarrar unha nova redución de plantilla para aumentar a subcontratación), as presas desapareceron. E para xustificalo, se oen todo tipo de escusas. Agora disque hai que esperar a que o convenio se publique no BOE para que entre en vigor. ¿Queren dicir, por exemplo, que o cambio de horario en Fene foi ilegal porque se aplicou cando o convenio non estaba publicado no BOE, nin sequera rexistrado no Ministerio? ¿O departamento de Recursos Humanos da empresa (aumentado con varias fichaxes que entraron en Navantia da man do actual xefe de Persoal) non sabe cando entra en vigor o convenio? Pois para sabelo abonda con ler a súa disposición final primeira: "Entrada en vigor. 1) Ambas partes acuerdan que la nueva clasificación profesional y política salarial no se aplicará hasta la terminación de los trabajos a realizar por la Comisión (…) 2). El resto de las condiciones acordadas entrarán en vigor a la fecha de la firma, salvo aquellas condiciones que tengan una entrada en vigor específica" (o subliñado é noso). Empresa e burocracia sindical queren tomarnos de coña.

Tamén se segue insistindo na idea de que o ERE necesita autorización administrativa. MENTIRA. A necesidade de dita autorización foi eliminada polo

  • na reforma laboral de 2012, que ademais tamén rebaixou a duración do período de consultas dos ERE.

O plan de 2004 foi asinado o 16 de decembro e a extinción dos contratos foi o 31 de marzo. Se agora as condicións son as de 2004 e non hai trámite de autorización administrativa, nada xustifica que o proceso sexa máis longo, agás que:

  1. Interese prolongalo para que os prexubilados voten nas eleccións sindicais. Que hai ese interese, é descarado. Pero a burocracia sindical non pode conseguilo sen a axuda da empresa, posto que os prexubilados non van aceptar ter que seguir traballando tres meses máis a causa exclusivamente dos intereses electorais dalgún sindicato.
  • As condicións non vaian ser as que se dixo que ían ser e se estean aínda negociando. Pero isto sería realmente grave porque significaría que o que se votou o 18 de decembro foi un engano.

Os representantes sindicais deberían convocar unha asemblea xeral, aclarar as cousas e, sobre todo, resolver todo esta situación chafalleira xa.

A empresa tenta impedir que informacións como esta se coñezan. Por algo será. Se queres recibilas, escribe a: naval.ferrolterra@www.cgtgalicia.org , indicando un correo persoal ou un número de teléfono, e se queres recibilas por correo, por wasap (lista de distribución) ou por ambas vías.

En relación con isto, cónstanos que o noso cartel denunciando a ameaza de sanción ó compañeiro Xaquín foi colocado nos taboleiros de anuncios doutras factorías. Dámoslles as grazas ós compañeiros que o fixeron, e os animamos a continuar combatendo a censura e a sumar forzas coa CGT para facer avanzar o sindicalismo combativo en toda Navantia.

Sección Sindial Unitaria de CGT en Navantia

 

post

[Ferrol] Ameaza de sanción…¡por informar!

O xoves pasado, a empresa Navantia, mediante escrito asinado por Álvaro Tello, director de Relacións Laborais, ameazou con sancionar ó compañeiro Xaquín por difundir a través do correo electrónico "mensaxes alleas á actividade laboral". 

O escrito identifica esas mensaxes: un correo das 23:16 horas do domingo 13 co asunto "Prexubilación", outro das 22:19 horas do xoves 17 co asunto "¿Que está pasando aquí?" e un terceiro das 20:34 horas do martes 22 co asunto "Convenio". A empresa, cinicamente, remata dicindo que de repetirse "se verá obrigada" a adoptar medidas disciplinarias.

Non é a primeira vez. Na primavera de 2014, mediante requirimento notarial, ameazouno con levalo ós tribunais se non se retractaba dunhas palabras ditas nunha asemblea xeral; non o fixo e a cousa quedou aí. En 2017, durante a folga indefinida da industria auxiliar, a empresa acusouno de desatender as súas obrigas laborais para "estar na porta quentando ás compañías". Os compañeiros/as da CGT apoiamos totalmente aquela folga e Xaquín botou moitas horas na porta, en dúas ocasións durante a xornada laboral. Pero en ambas fíxoo cun pase a conta das 16 horas do IV Convenio que a empresa nos tivera que devolver. A empresa ía abrirlle un expediente sen comprobar os feitos dos que o acusaba.

Esta nova ameaza non é casualidade. Á tendencia xeral ó recorte dos dereitos democráticos, súmase que EN NAVANTIA SE QUERE IMPLANTAR UN MODELO CUPULAR DE RELACIÓNS LABORAIS, NO QUE TODO SE DECIDA ENTRE UN NÚMERO REDUCIDO DE PERSOAS E NO QUE OS TRABALLADORES QUEDEMOS REDUCIDOS Ó PAPEL DE COMPARSAS. Vímolo claramente nas negociacións do convenio/plan, cando houbo unha total opacidade informativa (ocultamento das actas, ocultamento dos documentos da negociación, etc.) por parte dos negociadores sindicais. Os correos de Xaquín romperon ese bloqueo informativo. Nalgunha reunión de negociación, #CCOO queixouse das filtracións.

Esta ameaza de sanción non ten nada que ver cun suposto mal uso do correo nin é unha cuestión persoal, senón que é un ataque contra o sindicalismo combativo e coherente na defensa dos intereses dos traballadores. Consciente de que a #CGT nin se compra nin se vende, a empresa opta pola vía ditatorial, pola censura. É unha auténtica vergonza que nunha empresa pública, e cun goberno que se declara socialista, un traballador sexa ameazado cunha sanción por enviar a algúns dos seus compañeiros información sobre o convenio colectivo, un tema totalmente laboral. ¿Tamén vai prohibirlle a empresa falar cos compañeiros na máquina do café? O compañeiro xa informou ó comité de empresa, que debe protestar contra o que é unha limitación do dereito básico dos traballadores a intercambiar información e opinións sobre as súas cuestións laborais, esixindo a retirada da ameaza de sanción.

A actitude da empresa representa un intento intolerable de limitar a liberdade de expresión, pero nos tempos que corren é completamente inútil. Estamos recabando información sobre os aspectos legais do asunto. Adoptaremos tamén outras medidas, que daremos a coñecer proximamente. Pero TODO TRABALLADOR/A QUE QUEIRA RECIBIR INFORMACIÓN PODE ESCRIBIR A: naval.ferrolterra@www.cgtgalicia.org, INDICANDO UN CORREO PERSOAL OU UN NÚMERO DE TELÉFONO, E TAMÉN SE QUERE RECIBIR A INFORMACIÓN POLO CORREO, POR UNHA LISTA DE DISTRIBUCIÓN DE WASAP OU POR AMBAS VÍAS.

Así mesmo, FACEMOS UN CHAMAMENTO A TÓDOLOS TRABALLADORES A QUE DIFUNDAN A INFORMACIÓN POR TÓDOLOS MEDIOS POSIBLES: BOCA A BOCA, COLOCANDO OS NOSOS COMUNICADOS NOS TABOLEIROS DE ANUNCIOS DAS FACTORÍAS, POLO CORREO ELECTRÓNICO, POLO WASAP…

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol