O venres 29 de marzo, o goberno autorizou a sinatura da orde de execución das fragatas F-110. Nunha roda de prensa ese mesmo día, o delegado do goberno en Galiza dixo dúas cousas moi significativas:
- Que o primeiro buque da serie se entregaría en 2026.
- Que o número de compañías auxiliares aumentaría de 200 a 280.
Se a previsión é entregar a primeira fragata en 2026, isto significa que o inicio do corte de chapa —é dicir, o inicio da construcción do buque— será en 2022, o que significa que aínda vai haber que esperar tres anos para que comece a construción das F-110.
Este tempo de espera contrasta fortemente cos fitos doutros programas ou buques:
Data sinatura orde execución | Data inicio corte chapa | Tempo transcorrido | |
Fragatas F-100 | Xaneiro 1997 | Xullo 1997 | 6 meses |
Fragatas norueguesas | Xuño 2000 | Decembro 2001 | 18 meses |
LHD Juan Carlos I | Marzo 2004 | Maio 2005 | 14 meses |
LHD australianos | Novembro 2007 | Setembro 2008 | 10 meses |
Indubidablemente, que o goberno autorice a construción das F-110 é unha boa noticia. Pero que haxa que esperar tres anos para que esa construción empece é un timo electoralista porque iso significará que, tralo remate dos AOR australianos, haberá un longo período sen ocupación, coas negativas consecuencias que iso ten para os traballadores da industria auxiliar.
A CGT xa denunciou esta situación en febreiro. Pero, ademais de denunciala, planteamos a necesidade de que os traballadores nos mobilizásemos para reivindicar carga de traballo. Lamentablemente, ESTASE A PERDER UN TEMPO PRECIOSO.
O taller do Elaborado está a piques de rematar os traballos dos AAOR. O MOMENTO DA MOBILIZACIÓN NON É CANDO XA HAXA COMPAà‘EIROS DA INDUSTRIA AUXILIAR DESPEDIDOS. O MOMENTO É AGORA, APROVEITANDO QUE A XENTE AÍNDA ESTÁ DENTRO, AS DÚAS CAMPAà‘AS ELECTORAIS DESTA PRIMAVERA E A SITUACIÓN POLÍTICA. O comité de empresa debe convocar unha asemblea xeral do recinto para debater e decidir entre todos os pasos a dar. Aínda que, visto que non informa sobre as negociacións dos novos ingresos e que en todos estes meses nin sequera foi capaz de convocar unha asemblea de prexubilables —que marchan sen que os seus representantes nominais lles expliquen as condicións (¡algo do que se encargará unha empresa subcontratada por Navantia!)—, quizais sexa pedirlle demasiado a un comité que ten demostrado sobradamente que quere excluír ós traballadores e negociar ás súas costas.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia