A Sección Sindical de CGT en Emafesa ven de publicar un estudo comparativo entre os dous convenios. Podedes descargalo picando máis abaixo.

A Sección Sindical de CGT en Emafesa ven de publicar un estudo comparativo entre os dous convenios. Podedes descargalo picando máis abaixo.
A Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia acaba de editar o número 3 da Folla. Inclúe un artigo sobre a carga de traballo, outro sobre a negociación dos días de libre disposición, unha comunicación sobre as visitas aleatorias da CGT para detectar riscos laborais, a proximidade dunha reunión sobre os novos ingresos e a relación do uso das horas sindicais dos representantes deste sindicato.
Inclúe tamén esta folla un artigo no que explican a loita dos traballadores de Extel da Coruña en contra dos despedimentos por enfermar.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia
Sae o número 2 da Folla da CGT, o Boletín Informativo da Sección Sindical da CGT en Navantia.
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia Ferrol
Trátase dunha publicación da Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia, na que se dará conta da información e das novidades de interese para o persoal.
Neste primeiro número fálase do Centro de Excelencia, das promocións, dos atrasos de asimilacións, das convocatorias de prazas, das parellas de feito, do control de accesos da Industria Auxiliar, das becas, do plus de distancia, da asesoría e da mani do día 28. Como se ve, un número moi completo ao que seguirán, periodicamente, outras follas.
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol
A CGT da Coruña apoia á Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, que organiza o sábado 30N unha viaxe viaxe reivindicativa no tren a Pontedeume para defender a mellora da liña A Coruña – Ferrol, a implantación do servizo de cercanías aproveitando a intraestrutura existente, a mellora e potenciación do ferrocarril de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo, a mellora da liña A Coruña – Lugo e a recuperación, en xeral, do ferrocarril convencional.
O acto consiste na viaxe a Pontedeume desde Ferrol (8.54) e A Coruña (10.50) con paradas en todas as estacións intermedias. Ás 12.00 sairase en manifestación desde a Estación de Pontedeume ata a Alameda, onde se fará a lectura do manifesto.
Os horarios:
A Coruña-Pontedeume
A Coruña:10:50 Elviña-Universidade:10:55 O Burgo-Santiago:11:03 Cambre:11:09 Cecebre:11:12 Betanzos-Infesta:11:19 Betanzos-Cidade:11:29 Pontedeume: 11:44
Pontedeume – A Coruña
Saídas ás 14:35, 17:41 e 19:37
Ferrol-Pontedeume
Ferrol:08:54 Perlío:09:04 Cabanas-Areal:09:12 Pontedeume: 09:14
Pontedeume – Ferrol
Saídas ás 14:12; 17:18 e 19:15
É importante que a xente que viaxe desde Cambre ou Cecebre que indiquen a que hora queren volver, xa que hai que habilitar a parada de volta porque habitualmente o tren non ten parada alí.
Calquera dúbida enviade unha mensaxe por privado ao facebook da Plataforma.
Comité Local da CGT da Coruña
Navantia asinou con Siemens un acordo para crear un Centro de Excelencia do Sector Naval. Este centro de excelencia será o centro de formación dos futuros profesionais que se encargarán tanto do deseño do buque (dende a súa fase conceptual inicial até a fase de detalle) como do proceso de construción, as probas e o apoio ó ciclo de vida.
Como se ve, é un proxecto ligado directamente á actividade de Navantia. Pero a pesar disto, acaba de coñecerse que estará ubicado en Santiago. Esta decisión da dirección de Navantia é unha auténtica vergoña dende calquera punto de vista.
En primeiro lugar, o recomendable é que o centro formativo estea o máis cerca posible do centro produtivo. As razóns son tan obvias, que sobra dicilas.
En segundo lugar, aquí hai un campus tecnolóxico naval da Universidade.
En terceiro lugar, na nosa comarca hai espazos infrautilizados que poden acoller o centro de excelencia, empezando por Navantia-Fene, o CIS da Cabana…
En cuarto lugar, esta comarca leva anos sufrindo unha reconversión salvaxe que destruíu milleiros de empregos no sector naval. O estaleiro 4.0 vai supoñer unha redución das necesidades de man de obra en determinadas actividades. Se os empregos que xorden das innovacións tecnolóxicas non están aquí, Ferrolterra verá aumentar a súa decadencia.
Esta decisión de Navantia é unha mostra máis de como a dirección non toma as súas decisións dende o punto de vista dos intereses da empresa pública, senón dende o punto de vista dos intereses da empresa privada porque a única razón que pode haber para ubicar o centro de excelencia naval en Compostela son os intereses de Siemens.
AÂ CGTÂ esixe que Navantia rectifique esta decisión totalmente inxustificada e que o centro de excelencia se ubique en Ferrolterra.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol
Hai uns días, nunha xuntanza da permanente do comité, CCOO plantexou a posibilidade dunha convocatoria de prazas de ingreso exclusivamente para estudantes da FP dual. Segundo CCOO, "non sería bo que chegasen á oposición". Estas prazas serían a maiores das asinadas no plan de empresa.
CCOO pediunos ós demais sindicatos que valorásemos a súa proposta. A CGT así o fixo nunha asemblea de afiliadas/os. E a nosa opinión é a seguinte:
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol
A CGT da Coruña quere amosar a súa solidariedade con Xesús Anxo López Pintos, militante da CIG que vai ser xulgado entre os días 12 e 14 de novembro por uns acontecementos que tiveron lugar en Ferrol no ano 2012. Naquel momento, de gran conflictividade na comarca Ferrolá, e nunha concentración de Navantia e Poligal, houbo cargas policiais que se saldaron coa detención inxusta de Pintos. Con posterioridade, foi acusado de ferir a un policía, polo que lle piden tres anos de cadea por atentado.
Para CGT, esta é unha situación represiva que non se pode consentir. Por iso, quere amosar o seu apoio ás mobilizacións que se están a desenvolver e, concretamente, chama á participación na concentración que vai ter lugar o día 12 de novembro diante da Audiencia Provincial (antiguo edificio de Tabacalera na Coruña) entre as 9:30 e as 11:00 horas.
Comité Local da CGT da Coruña
Na loita de clases pasa como nas guerras: a primeira vítima é a verdade. Temos un conflito laboral e temos a correspondente campaña de intoxicación coa que as empresas queren contribuír á derrota dos traballadores.
Falacia nº 1: Os despedidos son malos profesionais. Incluso hai o rumor de que terían un expediente aberto por esta razón, o cal non é certo. Pero en calquera caso: se son tan malos profesionais, ¿por que nas cartas de despedimento se alegan motivos económicos e de futura falta de ocupación? Algúns despedidos xa levan uns cantos anos no mantemento. De feito, algúns pasaron a fixos esta primavera e un ascendeu hai poucos meses. ¿Alguén pode crerse que un pirata empresarial como Ramón Franco fai fixos e ascende a malos profesionais? ¿Ata agora sabían traballar e de repente deixaron de saber? Por outra banda, Indasa readmiteu ós seus despedidos.
¿Recuperaron a profesionalidade no piquete da porta ou como foi a cousa? Estes despedimentos non teñen nada que ver coa profesionalidade dos afectados, que ademais tampouco é unha responsabilidade individual do traballador, senón que depende moito das ferramentas de que dispoña a empresa ou da formación que dea, formación que na UTE brilla pola súa ausencia. ¡Pero se nin sequera ten soldadores homologados! Pero non por falta de cualificación dos traballadores, senón por non gastar cartos.
Falacia nº 2: O contrato das compañías non é para o mantemento, senón de auxilio a Navantia. Habería que ter o contrato, pero en calquera caso, ¿cal é a realidade? ¿Quen realiza a maioría do mantemento, por exemplo dos guindastres? Todos sabemos que a UTE. Non vale agarrarse a unha posible formalidade.
Falacia nº 3: Baixada na carga de traballo. Ademais de que os traballadores da UTE proceden de Ferrovial, que conseguira o contrato nunha época de pouca carga de traballo, hai máis argumentos contra esta falacia. Incluso nunha situación de gradas baleiras, o mantemento é necesario porque unha máquina parada tende a estropearse. É máis, os períodos sen carga de traballo son precisamente os máis indicados para realizar operacións de mantemento de gran calado porque as máquinas non son necesarias para a produción.
Á parte da difusión destas fake news, o bando pro-empresarial recorre a unha táctica moi vella: o "divide e vencerás". A maneira de dividir é sementar prexuízos que poñan a uns traballadores contra outros.
Prexuízo nº 1: Xa houbo máis despedimentos e non se fixo nada, ¿por que hai que facer algo por estes? É certo, xa houbo despedimentos noutras compañías (por exemplo, Maessa) e non se fixo nada. Pero isto pode ter múltiples razóns. Por exemplo, que o comité da compañía non quixese facer nada. ¿Pero que non houbese batalla contra os primeiros despedimentos xa ten que significar que todos os que veñan detrás teñen que resignarse? As empresas difunden este prexuízo porque queren unha actitude submisa ante as súas agresións antiobreiras, porque saben que, se esta folga do mantemento se gaña, isto animará a outros traballadores a dar a batalla en defensa dos seus dereitos.
Outro truco habitual é presentar a outros traballadores como "privilexiados", a fin de que a rabia non se dirixa contra os responsables das malas condicións laborais (ou sexa, os empresarios), senón contra os traballadores con mellores condicións. Habitualmente se usa para crear divisións entre os traballadores das empresas principais e os subcontratados (ó que en moitos casos axuda a actitude da burocracia sindical das empresas principais, que pasa dos problemas dos traballadores subcontratados). No caso desta folga, se usa contra outros traballadores da IA, "culpables" de ter unha condición laboral máis favorable: o dereito de subrogación, que favorece unha maior estabilidade no emprego. ¿Hai que tender á igualdade nas condicións laborais? Por suposto, ¡pero por enriba, non por embaixo! Que uns traballadores melloren contribúe á mellora dos demais. ¿Favorecería a estabilidade do emprego na IA que as empresas anulen na práctica o dereito de subrogación? Todo o contrario. Hai que ter claro que calquera avance dun colectivo de traballadores favorece ó resto. E tamén que calquera retroceso prexudica ó resto.
Prexuízo nº 2: Se non hai carga de traballo, é normal que os despidan. Esta idea o único que fai é dificultar a loita contra a precariedade. E, por certo, os que menos deben contribuír a difundila son os traballadores da principal porque estarán contribuíndo a que alguén teña a tentación de facer o mesmo con eles.
Os traballadores avanzamos ou retrocedemos como clase. Se a tendencia é á mellora, todos acabamos mellorando. Se a tendencia é ó empeoramento, todos acabamos empeorando. Por tanto, todo traballador con conciencia de clase debe contribuír á vitoria desta folga, que mañá cumpre a súa segunda semana.
COA SITUACIÓN QUE TEà‘EN OS AAOR, ESTAMOS SEGUROS DE QUE SE A DIRECCIÓN DE NAVANTIA, QUE É A MAN QUE MECE O BERCE, VE FIRMEZA POR PARTE DO COMITÉ DE EMPRESA DA
PRINCIPAL, A VITORIA É POSIBLE. Unha firmeza que ademais sería o coherente nunha folga que está convocada por CIG, CCOO, UGT e MAS.
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol
Dende este luns está en marcha unha folga en dúas compañías de mantemento (Indasa e a UTE Tecman-ElectroRayma) de Navantia contra 15 despedimentos. Nun intento de boicoteala, a UTE solicitou unha mediación sobre os servizos mínimos, que foi aceptada polos traballadores.
Entre outros, a UTE argumentou que estaba obrigada por contrato a cumprir os servizos mínimos que lle indicase Navantia e que, de non realizarse no prazo e forma sinalados, "a COMPAà‘ÍA [Navantia] poderá levar a cabo o ou os contratos de mantemento que estime precisos, que serán por conta do ADXUDICATARIO".
A árbitra foi a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais e ditou o seu laudo o domingo 22, resolvendo que NON PROCEDE establecer servizos mínimos porque a actividade de Navantia "non afecta a ningunha das liberdades ou dereitos especialmente protexidos pola Constitución, nin a un ben xurídico constitucionalmente protexido".
O laudo tamén aborda a esixencia do cumprimento dos servizos mínimos que Navantia establece en caso de folga, sobre o que di que "a ‘facultade" da contratista [Navantia] de substituír ás persoas en folga por outras non vencelladas á UTE está literalmente prohibida polo artigo 6.5 do RDLRT [Real Decreto-Lei de Relacións de Traballo] e coñécese no mundo xurídico como ‘esquirolaxe", proscrito polo ordenamento e claramente inconstitucional" (o subliñado é noso). A árbitra tamén ditou que o laudo ten eficacia de convenio.
Toda esta información foi transmitida á empresa o luns pola comisión de Industria Auxiliar do comité de empresa, a pesar do cal onte foron reparados dous guindastres por persoas alleas á UTE.
O comité de empresa de Navantia non pode tolerar por parte da dirección de Navantia unha actitude que ata a árbitra cualifica de "esquirolaxe". De feito, tampouco a podería tolerar de non haber laudo porque RESPECTAR E FACER RESPECTAR O DEREITO DE FOLGA É ABECÉ DO SINDICALISMO DE CLASE E, INCLUSO, DO SIMPLE COMPAà‘EIRISMO.
Neste senso, a CGT xa solicitou unha xuntanza urxente da permanente do comité, para abordar dúas cuestións:
1) A resposta a esta situación, que na nosa opinión debe empezar por un comunicado que informe de todos estes aspectos, que chame a tódolos traballadores da factoría a non substituír ós compañeiros en folga e que lle deixe moi claro a Navantia e as compañías que calquera nova agresión contra a folga terá unha resposta sindical contundente.
2) As medidas de solidariedade efectiva a tomar para axudar ós compañeiros a gañar este conflito, provocado polo intento das empresas (compañías e Navantia) de burlar o convenio provincial do Metal, que recolle o dereito de subrogación para os traballadores de mantemento nas empresas públicas.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol