post

 

A CGT da Coruña quere amosar a súa solidariedade con Xesús Anxo López Pintos, militante da CIG que vai ser xulgado entre os días 12 e 14 de novembro por uns acontecementos que tiveron lugar en Ferrol no ano 2012. Naquel momento, de gran conflictividade na comarca Ferrolá, e nunha concentración de Navantia e Poligal, houbo cargas policiais que se saldaron coa detención inxusta de Pintos. Con posterioridade, foi acusado de ferir a un policía, polo que lle piden tres anos de cadea por atentado.

Para CGT, esta é unha situación represiva que non se pode consentir. Por iso, quere amosar o seu apoio ás mobilizacións que se están a desenvolver e, concretamente, chama á participación na concentración que vai ter lugar o día 12 de novembro diante da Audiencia Provincial (antiguo edificio de Tabacalera na Coruña) entre as 9:30 e as 11:00 horas.

Comité Local da CGT da Coruña




Comparte esta entrada ...