


A Coruña: manifestación contra a represión dos movementos sociais
A CGT da Coruña apoia a manifestación contra a represión dos movementos sociais cuxo inicio terá lugar na Coruña, na Praza de Vigo, o sábado, día 30, ás 19:00 horas.
A CGT denuncia a persecución irracional contra varios compañeiros da Insumisa, algún deles acusado do disparatado delito de sedición, e esixe o peche das actuacións sen cargos, que é o que corresponde.
Para a CGT estas actuacións son un reflexo das política represiva do Estado contra todos aqueles que non se pregan aos seus estreitos esquemas políticos, sociais e mentais e, polo tanto, merecentes dos escarmentos máis exemplarizantes. Así, temos centos de activistas en todo o Estado que están sendo procesados e encadeados polos temas máis nimios, como piquetes informativos sindicais, resistencia ás detencións, libre creación artística, opinións públicas, etc.
A CGT da Coruña convoca aos seus afiliados e simpatizantes á participación na manifestación, amosando o rexeitamento contra a represión e reclamando a fin desta política.
Comité Local da CGT da Coruña

A CGT da Coruña apoia o Día do Orgullo
A CGT da Coruña acordou apoiar a manifestación do Día do Orgullo que se celebrará na Coruña o próximo xoves, día 28, e que sairá ás 20:00 horas do Obelisco para rematar na Praza de M.ª Pita, onde se lerá un manifesto.
A CGT da Coruña quere así manifestar o seu apoio ás mobilizacións que vaian contra a discriminación de calquera natureza e fai un chamamento para que os seus simpatizantes e cidadanía en xeral acuda á manifestación.
Comité Local da CGT da Coruña

Concentración diante da Mutua Fraternidad

Solidariedade coas despedidas no Hotel Bahía de Vigo
A CGT da Coruña fixo onte unha concentración en solidariedade coas traballadoras despedidas do Hotel Bahía de Vigo. A principios do mes de maio, a dirección deste hotel decidíu despedir a 23 camareiras de habitación e subcontratar a Nortempo, unha empresa de traballo temporal a realización destas tarefas.
Nesta ocasión concentrámonos ante o Hotel Blue da Coruña, que forma parte de Sercotel, a mesma cadea hoteleira que o Bahía, e que non se pode desentender das prácticas antilaborais dos seus socios.
A CGT da Coruña seguirá apoiando ás compañeiras de Vigo e non parará ata que sexan repostas con todos os dereitos laborais, sociais e salariais. Nin o Hotel Bahía, nin Nortempo, nin Sercotel terán descanso ata que o conflito se amañe.
SE TOCAN A UNHA TOCAN A TODAS!
HOTEL BAHÍA DESPIDE, SERCOTEL E NORTEMPO SON CÓMPLICES!
Comité Local da CGT da Coruña

Concentración solidaria na Coruña coas traballadoras despedidas por Nortempo-Hotel Bahía en Vigo
A CGT concentrouse onte, ás 17:00 horas diante da porta do centro de traballo que Nortempo ten ao carón de Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña para protestar polo despedimento, en Vigo, o pasado 7 de maio de 23 traballadoras do Hotel Bahía en Vigo.
Na concentración reclamouse a contratación, por parte de Nortempo, das compañeiras despedidas, xa que é Nortempo a adxudicataria da contrata dos servizos que prestaban as devanditas traballadoras. «Readmisión despedidas» foi o berro máis escoitado na mobilización, así como a lectura, varias veces, dun escrito onde se explican as circunstancias da situación.
Cando rematou a concentración, comunicouselle a viva voz a Nortempo que non ía ser a única visita.
Comité Local da CGT da Coruña

Las tropelías de Atento agudizan la conflictividad laboral
Los ruines abusos, despidos y sanciones no quedarán sin respuesta
El comité de empresa de Atento Coruña ha convocado paros parciales todos los lunes de forma indefinida, en protesta unánime por la creciente precarización de las condiciones laborales, que se ha visto incrementada en últimos meses con el aumento de las presiones en el puesto de trabajo, los controles exasperantes y los abusos a las trabajadoras, traducidos en mezquinas sanciones y despidos por causa falsa (improcedentes) y que repercuten gravemente en la salud de los y las trabajadoras.
La campaña de paros y concentraciones en la puerta del centro de Juan Flórez comenzó el pasado lunes día 28 y, ayer mismo, en respuesta al seguimiento elevado de la huelga, Atento llevó a cabo el despido de un trabajador del 1004 y afiliado a la CGT. Las causas alegadas no han sido acreditadas en la carta de despido y, en todo caso, no son constitutivas de sanción alguna.
Para la CGT este despido forma parte la vieja estrategia de Atento para atemorizar y silenciar a quienes hacen frente a sus abusos empresariales y exigen unas condiciones de trabajo dignas. La cantidad de despidos individuales espaciados en el tiempo de los últimos meses vienen a confirmar su intención de deshacerse de la plantilla sorteando los procedimientos legales de despido colectivo, que ya intentaron llevar a cabo en 2014 y 2015, y cuya nulidad conseguimos en los tribunales. Prueba de esa perversa práctica es la destrucción interesada e injustificada de más de 100 puestos de trabajo -hablamos de personas y familias- en la plantilla del centro de A Coruña en los últimos dos años.
Sección Sindical CGT Atento – A Coruña

Contra o desaloxo da Insumisa
Ante o violento desaloxo do Centro Social Okupado Autoxestionado "A Insumisa", a CGT da Coruña quere manifestar o seguinte:
- a) Declaramos que a chamada "Comandancia de Obras" é un espazo público abandonado durante anos e que foi recuperado polo CSOA "A Insumisa" para o desenvolvemento de actividades para o pobo, sen aproveitamento persoal e sen ánimo de lucro. Non é esta actuación unha usurpación, senón unha okupación lexítima ante a desidia das chamadas institucións.
- b) Rexeitamos absolutamente os métodos violentos utilizados pola policía no desaloxo, que provocaron numeros@s ferid@s entre @s presentes nas concentracións de apoio e no propio desaloxo. Neste sentido, amosamos o nosa solidariedade co@s afectad@s.
- c) Denunciamos a incapacidade do goberno municipal para atopar solucións pactadas alternativas á xestión institucional e o desaproveitamento dunha oportunidade única para que a xestión do que é de tod@s fose compartida por tod@s e non monopolizada polo poder político.
A Coruña, 29 de maio de 2018
O Comité Local da CGT da Coruña

Continúa a loita en Atento A Coruña
O Comité da empresa Atento da Coruña, do que forma parte a CGT, convoca paros parciais todos os luns, a partir do día 28, contra os abusos e desprezos da patronal. Os paros son en todas as franxas horarias (de 00:00 a 01:00, de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 19:00). Haberá concentracións ás 12:00 e ás 18:00.
SOLIDARIEDADE NA LOITA!
FAGÁMONOS RESPECTAR!
Comité Local da CGT da Coruña

Continúa a mobilización a prol das pensións na Coruña
A CGT da Coruña manifesta o seu apoio á mobilización que o sábado, 26 de maio, terá lugar no Obelisco da Coruña ás 11:30 horas, convocada por Modepen.
Para a CGT a presión e a mobilización, a loita, é o único camiño para defender un sistema público que garanta unhas pensións dignas e solidarias, sen ter que recorrer a sistemas privados que o único que garanten é un beneficio para grandes empresas financeiras e a dor e a inxustiza xeralizados.
A CGT convoca á súa afiliación, simpatizantes e pobo traballador en xeral a que se siga mobilizando, co convencemento de que, se a mobilización é firme e continua, conseguiremos os nosos obxectivos.
POLO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS!
CONTRA O SAQUEO DO QUE É DE TOD@S!
A LOITA É O ÚNICO CAMIà‘O!
Comité Local da CGT da Coruña