post

 

PRAZAS DE EMPREGADOS OPERARIOS SENIOR 2019

Rematou a segunda análise das inscricións nas prazas de operarios e empregados sénior 2019. Na primeira detectáranse dous erros:

  1. Aplicación de criterios distintos en casos idénticos (cuns admitidos e outros non).
  2. O requisito de coincidencia literal da profesión dos contratos con algunha das profesións recollidas nas bases deixaba fóra a moitos profesionais.

Nesta segunda análise corrixiuse o primeiro, pero non o segundo. O resultado só pode cualificarse de DESFEITA: a media de non admitidos é do 90,2%.

ProfesiónPrazasInscriciónsAdmitidos
Listas anuladas
Admitidos
Agora
% excluídos
Administrativo56472151997,1%
Axustador-montador6274623288,3%
Calorifugador1679395,5%
Chapista111027991,8%
Deliñante5275917473,1%
Electricista9324652093,8%
Fresador-mandrinador484371878,6%
TOTAL311.78150617590,2%

A que se debe isto? Fundamentalmente a dous factores:

  1. Rexeitouse a posibilidade de ter en conta a información en poder de Navantia para comprobar a experiencia laboral.
  2. Insistiuse en facer unha comparación literal das profesións dos contratos coas profesións das bases. Algúns exemplos dos problemas causados por isto:
  • Un contrato de "calorifugador" ou de "administrativo" non serve para presentarse ás prazas de "Calorifugador" e de "Administrativo" porque as profesións "calorifugador" e "administrativo" a secas non aparecen nas bases.
  • Un contrato de "electricista" ou de "caldereiro" non serve para presentarse ás prazas de "Electricista" ou de "Chapista" porque as bases recollen que a profesión ten que ser "electricista naval" ou "caldereiro industrial" respectivamente. Ou sexa, cun contrato de "electricista" podes traballar como electricista nun buque de Navantia, pero non podes presentarte a estas prazas.
  • Outro caso rechamante. Contrato: "Fresador CNC". Profesión nas bases: "Operador de máquina fresadora con control numérico (metais)". Non era admitido co argumento de que podía traballar a madeira. A CGT sinalou que o seu contrato non era de Cándido Hermida, senón dunha coñecida compañía auxiliar do metal. Seguiu sen ser admitido.

Buscamos tódalas profesións nas que figura "control numérico" na base do SEPE. Atopamos tres: "Programador de máquinas con control numérico, en xeral", "Operador de torno con control numérico (metais)" e a que figura nas bases: "Operador de máquina fresadora con control numérico (metais)".

Argumentamos que non había ningunha profesión que relacionase a un fresador de control numérico coa madeira, e que, por tanto, ese contrato tiña que corresponder forzosamente á profesión das bases. Non serviu de nada. Quedou excluído por faltar no contrato a palabra "metais".

É razoable excluír a traballadores con experiencia na profesión por causas como as expostas aquí arriba? Na nosa opinión, NON.

Infelizmente, temos que dicir que moitos destes debates non só foron coa empresa, senón tamén co resto dos sindicatos (a excepción do caso dos administrativos, nos que a CIG coincideu coa CGT, pero en calquera caso quedamos en minoría na comisión).

A CGT non cuestiona que para presentarse ás prazas haxa que cumprir uns requisitos. Pero os requisitos non poden interpretarse cunha RIXIDEZ que nalgúns casos roza o ABSURDO, nin converterse nunha FORMALIDADE máis importante cá REALIDADE.

Cando hai un 90% de non admitidos, incluídos moitos profesionais con experiencia dabondo no sector naval, é que algo está mal. Chamamos ó resto dos sindicatos a facer unha reflexión para darlle unha solución a este problema.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol




Comparte esta entrada ...