post

Manifestación en defensa das pensións na Coruña

A CGT, xunto cos sindicatos CUT, PROSAGAP, SE, SF e STEG, acordou convocar varias mobilizacións en Galicia o próximo 30 de xaneiro, xoves, co lema "DEFENDAMOS AS PENSIÓNS". Na Coruña, convócase na Praza de Portugal, ás 19:30 horas, para saír en manifestación cara a Delegación do Goberno.

O capitalismo quéreo todo e agora quere facer negocio coas nosas xubilacións. Por iso non é suficiente que este ano o goberno decidirá facer un incremento consonte ao IPC, senón que é necesaria a blindaxe permanente do sistema público de pensións, que garanta os ingresos suficientes e dignos para todas e todos. Por iso, independentemente da recente suba, ímonos movilizar porque "GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE".

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

18 xaneiro: Concentración defensa da Sanidade Pública

CGTde Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, na nova convocatoria da Marea Branca de Pontevedra e outras organización e colectivos que, como a CGT, estamos defendendo a sanidade pública. O acto terá lugar, este sábado, 18 de xaneiro, ás 12,30h, na Praza da Peregrina, 

            Todos sabemos que a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administración, como a Xunta de Galicia, é cada día que pasa máis noxenta, sin que vexamos o remate de tanta frustación. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, precariedade, posta a disposición dos intereses patronais das Mutuas laboráis, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT de Pontevedra

 

post

[A Coruña – Ferrol] Viaxe reivindicativa en tren a Pontedeume

A CGT da Coruña apoia á Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, que organiza o sábado 30N unha viaxe viaxe reivindicativa no tren a Pontedeume para defender a mellora da liña A Coruña – Ferrol, a implantación do servizo de cercanías aproveitando a intraestrutura existente, a mellora e potenciación do ferrocarril de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo, a mellora da liña A Coruña – Lugo e a recuperación, en xeral, do ferrocarril convencional.

O acto consiste na viaxe a Pontedeume desde Ferrol (8.54) e A Coruña (10.50) con paradas en todas as estacións intermedias. Ás 12.00 sairase en manifestación desde a Estación de Pontedeume ata a Alameda, onde se fará a lectura do manifesto.

Os horarios:

A Coruña-Pontedeume

A Coruña:10:50 Elviña-Universidade:10:55 O Burgo-Santiago:11:03 Cambre:11:09 Cecebre:11:12 Betanzos-Infesta:11:19 Betanzos-Cidade:11:29 Pontedeume: 11:44

Pontedeume – A Coruña
Saídas ás 14:35, 17:41 e 19:37

Ferrol-Pontedeume
Ferrol:08:54 Perlío:09:04 Cabanas-Areal:09:12 Pontedeume: 09:14

Pontedeume – Ferrol
Saídas ás 14:12; 17:18 e 19:15

É importante que a xente que viaxe desde Cambre ou Cecebre que indiquen a que hora queren volver, xa que hai que habilitar a parada de volta porque habitualmente o tren non ten parada alí.

Calquera dúbida enviade unha mensaxe por privado ao facebook da Plataforma.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[A Coruña] Emerxencia climática xa: o futuro é agora

As grandes corporacións globais que o capitalismo constituíu desde hai moitas décadas: OMC, OCDE, BM, FMI, G-8, G-20, etc., serven exclusivamente para asegurar un modelo de comercio, un modelo de explotación e un modelo de produción e distribución de mercadorías que aseguren unha taxa de ganancia para as persoas poderosas e ricas deste planeta e xamais para satisfacer as necesidades humanas da inmensa maioría da poboación mundial. Os gobernos non son máis que complices deste capitalismo voraz e cobizoso que destruirá este planeta máis pronto que tarde.

Interromper a lóxica do movemento "progresista", faise necesario -non soamente urxente pola denominada "emerxencia climática"-, se o que queremos é poñer en valor a vida, o corpo e o territorio e deixar de buscar alternativas falsas (capitalismo verde, transicións xustas as cales non vai permitir o capitalismo…) como as que representa o ecofascismo: garántese a continuidade da vida de certos sectores, pero expúlsase a outros.

As persoas temos que cambiar a lóxica do "progreso" que non é senón a lóxica do capitalismo e, para recompoñer o metabolismo social, hai que redistribuír de maneira radical a riqueza, enfrontármonos ao este consumismo destrutor, rediseñar o noso modo de producir e poñer as obrigacións que temos como corpo humano e como especie, nos coidados de todo o corpo social e a especie.

Trátase de algo máis que a "loita contra o cambio climático», que leva desde o cume de París ou máis recentemente desde o G7, por parte dos gobernos do mundo, sendo só palabrería e retórica baleira de humanidade. Terminar de maneira radical coa acumulación e coa explotación, á vez que esta debe ser global e colectiva, é a única garantía de que a Vida poida ter algún significado positivo. CGT atópase en primeira liña conxuntamente con millóns de persoas que este 27 de Setembro sairán ás rúas do mundo para gritar e esixir a quen é os responsables do desastre global en que nos atopamos, que basta, que o capitalismo e o seu modelo civilizatorio, teñen que desaparecer.

O futuro é agora e é responsabilidade individual e colectiva que exista un mañá, onde as miles de millóns de seres humanos e especies que habitamos este planeta, podamos vivir en equilibrio e ter unha vida digna de ser vivida.

Por iso, a CGT da Coruña apoia os actos destes días e, específicamente, a mobilización que terá lugar o venres, 27 de outubro, ñas 20:00 horas, nos Xardís de Méndez Núñez e fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral á participación.

Comité Local da Coruña da CGT

 

post

[A Coruña] Manifestación contra a violencia machista

Este venres, día 20, ás 20:30 horas, está convocada unha manifestación contra a violencia machista que partirá do Obelisco da Coruña e rematará na Delegación do Goberno.

A CGT da Coruña acordou sumarse á manifestación convocada. Para a CGT a situación de violencia e morte que están sufrindo moitas mulleres é intolerable e hai que alzar a voz denunciando esta realidade.

As estatísticas demostran que o número de mulleres asasinadas non está a diminuir de xeito apreciable, a pesar das lexislacións específicas e dos medios que, en teoría, se teñen postos para combatir esta lacra. Para a CGT, non se pode separar o que está acontecendo da existencia dunha sociedade xerarquizada, por moito que se fale de igualdade, na que unhas persoas son consideradas superiores a outras e poden decidir sobre as súas existencias. Por iso, é imprescindible a destrución da sociedade actual, patriarcal, racista, capitalista, xerarquizada e insolidaria, e a súa sustitución por unha sociedade libre, no que o apoio mutuo, a liberdade, a igualdade e a diversidade sexan os alicerces que a conformen.

Comité Local da Coruña da CGT

 

post

[A Coruña] Concentración en apoio ás ONG que se dedican ao rescate

A CGT da Coruña acordou apoiar a concentración convocada polo Foro Galego da Inmigración que mañá, 14 de agosto, terá lugar, a partir das 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno da Coruña, na Avda. da Mariña, 23.

A concentración é en protesta pola actuación da Unión Europea que, incumplindo a lexislación internacional, mantén na mar a máis de 400 persoas rescatadas durante a última semana, sen facilitar portos seguros para o sen desembarque. A falta de humanidade das chamadas «autoridades» é unha vergoña intolerable e esiximos que se desembarquen inmediatamente, coa protección axeitada.

Estas persoas non son máis que unha pequena parte das que fuxen en busca dunha vida mellor para eles e as súas familias e non podemos esquecer que o Mediterráneo é unha inmensa fosa na que xacen os restos de milleiros de persoas que non conseguiron chegar a Europa, entre outras causas, polo abandono que os dirixentes políticos están exercendo día tras día. Uns mirando para outro lado e outros espallando o racismo sen pudor, todos eles son igualmente responsables ante a humanidade e a historia.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[A Coruña] A CGT apoia o Día do Orgullo

Este 28 de xuño cúmprense 50 anos da rebelión de Stonewell na cidade de New York, onde a as persoas do colectivo lgtbiq+ rebeláronse contra a represión policial. Son 50 anos de loita contra a discriminación, a intolerancia e o odio exercido violentamente desde un sistema represivo imposto baseado nun modelo heteronormativo.

A conquista de dereitos e liberdades debe continuar ata conseguir unha sociedade na que se respete a diversidade de ser e de sentir. Este tipo de discriminación golpea dobremente as persoas racializadas e con menos recursos económicos; por iso apostamos por un movemento anticapitalista e antirracista.

A CGT manifesta o seu apoio á manifestación convocada polos colectivos lgtbiq+ da cidade para o venres, 28 de xuño ás 20:30 desde o Obelisco, co lema "maiores sen armarios: Historia, loita e memoria". Porque o natural é a diversidade.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

18 maio: Concentración en Defensa da Sanidade Pública

A CGTde Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, na nova convocatoria da Marea Branca de Pontevedrae outras organización e colectivos que, como a CGT, estamos defendendo a sanidade pública. O acto terá lugar, este sábado, 18 de maio, ás 12,30h, na Praza de Ourense, 

            Todos sabemos que a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administración, como a Xunta de Galicia, é cada día que pasa máis noxenta, sin que vexamos o remate de tanta frustación. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, precariedade, posta a disposición dos intereses patronais das Mutuas laboráis, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT de Pontevedra

 

post

¡Boicot a Eurovisión en Israel!. Solidariedade con Palestina

A CGT de Pontevedra convoca unha concentración cen solidariedade co pobo palestio e para reclamar o boicot o Festival de Eurovisión en Israel. Terá lugar este venres, 17 de maio, ás 20:00h, na Praza da Peregrina.

            ¡Mentras o goberno de Israelsaquea e bombardea impunemente a población palestina,a Unión Europea e os seus gobernos nacionaispromoven o Festival de Eurovisión nunha capital israelí!

A concentración ten como obxectivo a protesta pola masacre do pobo palestino en Gaza, que ven executando o goberno de Israel, coa complicidade da comunidade internacional. En particular, a complicidade da Unión Europea e os seus gobernos nacionais que participan e promoven a celebración do Festival de Eurovisión en Israel. Hitler tentou lexitimar o seu horrendo réxime do III Reich, conquerindo o apoio internacional para celebrar en 1936 as Olimpiadas de Berlín. Agora o goberno de Israel, seguindo os mesmos pasos e imitando as súas políticas, logrou o apoio da Unión Europea para celebrar en Tel Aviv o Festival de Eurovisión 2019, mentras continúa a matanza e saqueo de Palestina. 

            Por nosa parte, do mesmo xeito que en 1936 reclamamos o boicot as Olimpiadas nazis de Berlín, agora reclamos o boicot ao Festival sionista de Eurovisión en Israel. Comité local de CGT Pontevedra

 

post

Concentración en defensa das pensións na Coruña

O sábado, 13 de abril, ás 12:30 horas, no Obelisco da Coruña, está convocada unha nova mobilización en defensa do sistema público de pensións. A concentración está convocada por Modepen (Movemento en Defensa das Pensións) da Coruña.

A CGT da Coruña considérase convocada e quere amosar o seu apoio a esta concentración, facendo un chamamento ao pobo traballador para que se sume e amose o seu rexeitamento ás intencións da Unión Europea de continuar afondando no saqueo e na privatización dos plans de pensións. Para a CGT, somente coa mobilización continua, con acción directa sen intermediarios, poderemos facer fronte a esta nova agresión capitalista.

Para a CGT, o enfrontamento cos agresores pasa por obviar o espellismo electoralista e continuar na mobilización e na loita, independentemente dos calendarios políticos que todo o remexen e todo o enturban.

Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

Contra a explotación e o saqueo, solidariedade e loita!

Comité Local da CGT da Coruña