post

[A Coruña] Concentración en apoio ás ONG que se dedican ao rescate

A CGT da Coruña acordou apoiar a concentración convocada polo Foro Galego da Inmigración que mañá, 14 de agosto, terá lugar, a partir das 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno da Coruña, na Avda. da Mariña, 23.

A concentración é en protesta pola actuación da Unión Europea que, incumplindo a lexislación internacional, mantén na mar a máis de 400 persoas rescatadas durante a última semana, sen facilitar portos seguros para o sen desembarque. A falta de humanidade das chamadas «autoridades» é unha vergoña intolerable e esiximos que se desembarquen inmediatamente, coa protección axeitada.

Estas persoas non son máis que unha pequena parte das que fuxen en busca dunha vida mellor para eles e as súas familias e non podemos esquecer que o Mediterráneo é unha inmensa fosa na que xacen os restos de milleiros de persoas que non conseguiron chegar a Europa, entre outras causas, polo abandono que os dirixentes políticos están exercendo día tras día. Uns mirando para outro lado e outros espallando o racismo sen pudor, todos eles son igualmente responsables ante a humanidade e a historia.

Comité Local da CGT da Coruña