post

[Vigo] 📣convocatoria concentración Eroski

O martes 14  ás 10:30h realizaremos unha concentración no Eroski (rúa García Barbón 54)  motivada pola serie de despidos que están producindose, entre eles o dun afiliado da CGT.

Este traballador solicita a reincorporación ao seu posto de traballo polo que a CGT comenza unha serie de concentracións para lograr a reincorporación do compañeiro. A empresa escudase nunhas supostas causas económicas cuando logo mediaticamente presume dunha rentabilidade.

 

post

Convocatoria Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios Vigo

Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios

Convócase a todos os afiliados á Asemblea Anual do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, que terá lugar o vindeiro mércores día 8 de Febreiro, nos locais do sindicato ás 18:00h.

ORDE DO DÍA

1. Elección de Mesa.

2. Informe das distintas Secretarías do S. Permanente.

3. Informe das xestións realizadas para a adquisición do novo local da F. Local de Sindicatos de Vigo, situado en Navia.

4. Asuntos Varios.

 

post

Segunda Marcha Laranxa de Unipost. Imos a Pontevedra

Segunda Marcha Laranxa de Unipost. Imos a Pontevedra

Venres 3 de Febreiro, ás 19:30, celebrarase a segunda marcha laranxa en Galicia, concretamente na cidade de Pontevedra ( saída do hospital provincial na rúa Loureiro Crespo n.º2).

Aínda que a través da vía xurídica CGT estea a denunciar a falta de pagamentos e inxustizas aos que nos vemos sometidos os traballadores de Unipost, cremos imprescindible seguir facendo público o conflito continuando coas mobilizacións e concentracións e así facer un chamamento á solidariedade do pobo traballador e demostrar á dirección de Unipost que este persoal non é submiso nin pasivo.

O obxectivo é loitar a través da acción sindical e unión dos seus traballadores contra as devanditas inxustizas, polo que desde CGT chamamos á asistencia á marcha de todo o persoal de Unipost Galicia.

Non é momento de escusarse nin acomodarse, é o momento de loitar por un emprego digno tanto para nós como para o dos nosos fillos.

A unión dos traballadores pode facer posible que esta situación se reverta, polo que se pide a todos que acudades o venres día 3 de febreiro a Pontevedra a loitar polos nosos dereitos.

Saúde

CGT Unipost Galicia

 

 

 

post

Asemblea da CGT da Coruña

cgt_logo_banderaA CGT da Coruña convoca Asemblea Xeral para o día 23 de xaneiro, luns. Os temas a debater son os que figuran na Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia, que terá lugar entre os días 28 e 29 de xaneiro na propia localidade da Coruña, e que son, entre outros, a posición da CGT na situación actual e a organización dos sectores. Asimesmo, tratarase do nomeamento de Secretario Xeral da CGT da Galicia e a designación da sede do Secretariado Permanente. Tamén na Asemblea elixiranse os compañeiros que asistirán ao Pleno en representación da CGT da Coruña.

Faise un chamamento á afiliación para que asista á Asemblea e contribúa para que os acordos sexan o mellores posibles.

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

post

Carbón para a dirección de Correos

carbonAnte a precariedade laboral e falta de transparencia; ante un ano cheo de recargos, de sobrecarga de traballo, de presión, de irregularidades legais en todo o referente á actividade da empresa (contratación , consolidación de emprego, concursos de traslados, acordos coas administracións referentes ás notificacións, seguridade no traballo… un longo etcétera de cousas mal feitas… a CGT de Correos na Coruña quere facer un acto simbólico a víspera do día de reis.
Este dia estaremos reivindicando os nosos dereitos laborais e denunciando a situación de precariedade e de malas prácticas nas listas de contratación.
FAREMOS ENTREGA DO AGASALLO DE NADAL Á DIRECCIÓN: CARBÓN!!
Precisamos do teu apoio!! Mobilizate con nós!

Lugar: Diante da Dirección, na rúa do Franco, número 4 de Compostela

Hora: das 17:00 ás 18:00 horas

Sección Sindical da CGT da Coruña

 

20 D: Defensa del Sistema Público de Pensiones

img-20161207-wa0005La CGT de Pontevedra hace un llamamiento a la clase trabajadora y al movimiento social reivindicativo de Pontevedra para que acuda y participe en la manifestación convocada en esta ciudad "En defensa del sistema público de pensiones", para este martes, 20 de diciembre, a las 20:00h, con salida desde la Plaza de la Peregrina. A continuación, el texto de la convocatoria de CGT, que está repartiéndose estos días: Read More

 

Unipost mobilízase de novo

Unipost abusoA CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.

O acto será unha protesta polo vencemento do pagamento da extra de Nadal, ademáis de reclamar o aboamento de todo o que se adébeda aos traballador@s e contra o fraccionamento que veñen sofrindo na recuperación das cantidades atrasadas.

UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!

BASTA DE EXPLOTACIÓN LABORAL!

CGT de Unipost-Galicia

 

28 de novembro, folga no sector do telemárquetin

conveniotelemarketingmaniO luns, 28 de novembro, as traballadoras e traballadores do sector estamos chamados a unha xornada de folga de 24 horas en todo o Estado, como continuación ás mobilizacións iniciadas pola CGT hai varios meses polo bloqueo na negociación do convenio e para esixir un convenio que garanta unhas condicións laborais dignas, nun sector no que a maior parte dos contratos son a tempo parcial, os salarios son miserables e a estabilidade laboral e a conciliación familiar, inexistentes

Durante a xornada de loita as traballadoras e traballadores darán a coñecer as súas lamentables condicións laborais e as súas reivindicacións a partir das 12 en diversos puntos da cidade (Praza de Pontevedra, Obelisco, Praza de España, Catro camiños -diante do Corte Inglés-, diante da estación de autobuses e nas Conchiñas). Tras a repartición terá lugar unha comida-charla na que as traballadoras e traballadores do sector poñerán en común os seus problemas.

Sector de Telemárquetin – CGT da Coruña