


Máis de cen mil traballadores en todo o Estado, convocados á folga do Telemárquetin este xoves 26 de xaneiro
Máis de cen mil traballadores en todo o Estado, convocados á folga do Telemárquetin este xoves 26 de xaneiro
A Confederación Xeral do Traballo (CXT) informa de que este xoves 26 de xaneiro haberá unha nova folga sectorial do Telemárquetin en todo o Estado.
Tras máis de dous anos de negociación do novo convenio colectivo a patronal do sector segue mantendo a súa proposta de convenio continuista que pretende perpetuar condicións precarias para os teleoperadores.
Debido a esta folga, veranse bloqueados todos os servizos de atención ao cliente do Ibex 35, é dicir, as grandes empresas bancarias, enerxéticas, de telecomunicacións e mesmo administracións públicas de todo o Estado, xa que este sector é crucial para a prestación de servizos de atención á cidadanía e ao consumidor.
Nas principais cidades do Estado haberá actos públicos de protesta, onde se concentrarán os traballadores en folga. En Galicia:
- Na Coruña: concentración fronte á tenda de Movistar, Praza de Pontevedra, ás 12: 00 horas.
- En Vigo: manifestación ás 11:00 horas desde a Praza de España.
- En Lugo: concentración ás 12:00 ante a empresa de telemárquetin Abante.
Sector do Telemárquetin

Convocatoria #FolgaDoTelemarketing Vigo
[Vigo]Â
O xoves 26 #FolgaDoTelemarketing.
Vemonos ás 10:00h diante da sede da empresa Unísono (Gran Vía 110).
Despois ás 11:00h saímos en manifestación ata o Marco,
onde escoitaremos testimonios de traballadoras do sector.

Pontevedra, 21 xaneiro: Defensa da Sanidade Pública
A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, 21 de xaneiro nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública. A mobilización terá lugar en Pontevedra, Praza da Peregrina, ás 12,30h.
Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.
Comité Local da CGT de Pontevedra

48 horas de peche pola absolución de Diego

23 Xaneiro: Asemblea da CGT de Pontevedra
A CGT de Pontevedra convoca Asemblea Xeral para o día 23 de xaneiro, luns, a partir das 19,00h. Os temas a debater son os que figuran na Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia, que terá lugar entre os días 28 e 29 de xaneiro na localidade da Coruña, e que son, entre outros, a posición da CGT na situación actual e a organización dos sectores. Asimesmo, tratarase do nomeamento de Secretario Xeral da CGT da Galicia e a designación da sede do Secretariado Permanente. Tamén na Asemblea elixiranse os compañeiros que asistirán ao Pleno en representación da CGT de Pontevedra.
Faise un chamamento á afiliación para que asista á Asemblea e contribúa para que os acordos sexan o mellores posibles.
Comité Local da CGT de Pontevedra

Asemblea da CGT da Coruña
A CGT da Coruña convoca Asemblea Xeral para o día 23 de xaneiro, luns. Os temas a debater son os que figuran na Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia, que terá lugar entre os días 28 e 29 de xaneiro na propia localidade da Coruña, e que son, entre outros, a posición da CGT na situación actual e a organización dos sectores. Asimesmo, tratarase do nomeamento de Secretario Xeral da CGT da Galicia e a designación da sede do Secretariado Permanente. Tamén na Asemblea elixiranse os compañeiros que asistirán ao Pleno en representación da CGT da Coruña.
Faise un chamamento á afiliación para que asista á Asemblea e contribúa para que os acordos sexan o mellores posibles.
Comité Local da CGT da Coruña

Convocatoria asemblea Sindicato de Oficios Varios – Vigo
Convocatoria asemblea do Sindicato de Oficios Varios CGT – Vigo
Lúns 17 na sede do sindicato ás 17:00h
Orde do día: https://goo.gl/1BGSwRÂ

Carbón para a dirección de Correos
Ante a precariedade laboral e falta de transparencia; ante un ano cheo de recargos, de sobrecarga de traballo, de presión, de irregularidades legais en todo o referente á actividade da empresa (contratación , consolidación de emprego, concursos de traslados, acordos coas administracións referentes ás notificacións, seguridade no traballo… un longo etcétera de cousas mal feitas… a CGT de Correos na Coruña quere facer un acto simbólico a víspera do día de reis.
Este dia estaremos reivindicando os nosos dereitos laborais e denunciando a situación de precariedade e de malas prácticas nas listas de contratación.
FAREMOS ENTREGA DO AGASALLO DE NADAL Á DIRECCIÓN: CARBÓN!!
Precisamos do teu apoio!! Mobilizate con nós!
Lugar: Diante da Dirección, na rúa do Franco, número 4 de Compostela
Hora: das 17:00 ás 18:00 horas
Sección Sindical da CGT da Coruña

Se o frío mata, as eléctricas te rematan.