RENFE e ADIF planean o peche da venda de billetes en 7 cidades galegas
Cando o Sector Ferroviario de CGT-Galiza, tivo coñecemento das intencións das empresas RENFE-Viaxeiros e ADIF de deixar de dar servizo de venda de billetes nas estacións galegas onde esta función está sendo feita por persoal de Circulación (Guillarei, Ribadavia, Sarria, O Carballiño, A Rúa e O Barco), puxemos en marcha unha campaña de denuncia ante os medios de comunicación, Concellos, veciños, Grupos políticos e Xunta de Galiza, informando das intencións empresariais e requirindo dos veciños e de todas as institucións a defensa dos servizos de venda de billetes nestas estacións ferroviarias intermedias.
Esta campaña está a dar os seus primeiros resultados e Concellos como o de A Rúa e Sarria xa comezaron a mobilizarse contra os recortes dos servizos ferroviarios, concentrándose os veciños destas vilas e facendo unha viaxe reivindicativa dende A Rúa ata O Barco, onde participaron preto de 500 veciñ@s. https://goo.gl/ZjTNj6. Read More
Segunda Marcha Laranxa de Unipost. Imos a Pontevedra
de Galicia convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral a que participe na manifestación que as Marchas da Dignidade que terá lugar o sábado, día 28 de maio, en Lugo.
A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, ten convocado manifestacións nas principais cidades galegas, preparatorias da mobilización do vindeiro 24 en Compostela.

