A compañeira Teresa Vázquez Arias, militante senlleira do anarcosindicalismo, que fora Secretaria Xeral da CGT de Galicia, finou hoxe en Ourense.
Os compañeiros faremos un acto de despedida mañá, 2 de setembro, ás 18:00 horas, no Tanatorio das Burgas – 2, sito no polígono de Barreiros (Ourense).
Os que tivemos a sorte e honra de compartir a militancia e as loitas con Teresa, queremos facer chegar aos seus compañeiros, amigos e familiares o noso apoio nestes momentos de tristura.
Comité Confederal de Galicia da CGT