CGT Pontevedra: 1 D, Manifestación pola sentenza do Prestige

CGT – Pontevedra, a Plataforma cidadá Nunca Mais e outras organizacións sindicais, sociais e políticas convocan en Pontevedra unha manifestación para o día 1 de decembro, en protesta pola burla e inxustiza que supón a sentenza do Prestige.
Sabemos moi ben que nunca xamais foron os xuíces nin os Tribunais de Xustiza quen de facer xustiza verdadeira, pero esta sentenza a máis de inxusta, ofende a dignidade de todas aquelas persoas que sofrimos e loitamos contra a marea negra do Prestige e os seus responsables. A manifestación sairá da Praza da Ferrería, ás 12 da mañán.

CGT-Pontevedra, Comité Local

 

Concentracións contra os despedimentos en Atento na Coruña: Rebélate contra o medo!!

Manifestacion AtentoO pasado venres Atento despediu de forma desprezable tres compañeiras do 1004, faltándolles ao respecto e á súa dignidade ao pretender xustificar o seu despedimento pola falta de vendas nos dous últimos meses.

Poñédevos na pel dunha compañeira que foi premiada pola empresa polas súas vendas e aos poucos días, estando de vacacións, se encontra cun burofax que lle comunica o seu despedimento disciplinario por non vender… Esquézete das vendas e imaxina que mañá che despiden a ti; porque transferiches máis chamadas das que debías, ou porque non ofreces produtos en todas as chamadas, ou porque o teu TMO é demasiado alto ou polas túas notas de calidade.

Atento sementa o pánico, lanza a mensaxe escollendo tres vítimas, sen que lle importen as circunstancias nin a indemnización que terán que pagar. O medo sempre é rendible, salvo que lles demostremos o contrario: non permitamos que prenda a súa mensaxe, defendámonos das súas agresións e abusos, sexamos solidarios e solidarias coas compañeiras e compañeiros á vez que nos fortalecemos entre todos e todas facendo fronte común. Saiamos á rúa a denunciar publicamente os ataques de Telefónica e Atento aos nosos dereitos. Fagamos unha protesta maioritaria para amosarlles que non nos van achicar nin oprimir coas súas agresións e desprezos. Fagámoslles fronte. Entre todos e todas.

Animamos a todos os traballadores e traballadoras a participaren nas concentracións convocadas polo comité de empresa mañá, 28 de novembro, ás 12 e ás 20 horas.

CONTRA A SÚA POLÍTICA DO MEDO, POLA DIGNIDADE NO NOSO TRABALLO.
SE TOCAN A UN, SE TOCAN A UNHA, TÓCANNOS A TODOS E TODAS.

Sección Sindical de CGT en Atento na Coruña

 

 

Manifestación en Madrid contra a destrución do ferrocarril público

CARTEL DEFINITIVO MANI 30-NO sábado, 30 de novembro, a CGT e o SF convocan unha manifestación en Madrid contra a decisión do goberno de segregar RENFE e dividr ADIF, nun proceso de desmantelamento do servizo público ferroviario cara a privatización definitiva deste servizo público, que terá como consecuencia a perda das condicións de traballo e a destrución do emprego.

A CGT de Galicia está a organizar o transporte para a asistencia á manifestación. Os interesados deberán poñerse en contacto coas sedes sindicais das distintas localidades.

 

9 de novembro, Xornada de Loita «Salvemos as pensións!»

salvemosAsPensionssDentro da iniciativa conxunta que levan adiante as organizacións sindicais CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG en defensa do sistema público de pensións, o vindeiro sábado, día 9, celebraránse varias manifestacións e concentracións en distintas localidades galegas.

Dende a CGT facemos un chamado a secundar as mobilizacións convocadas nas distintas cidades baixo o lema «Salvemos as pensións».

Os actos convocados son os seguintes:

  • Na Coruña: Manifestación dende a Praza de Portugal, ás 12:30 horas.
  • En Ourense: Concentración ante a Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), ás 11:00 horas.
  • En Compostela: Manifestación dende a Porta do Camiño, ás 11:30 horas.
  • Na cidade de Vigo, a manifestación terá lugar o xoves 21 de novembro, con saída da Praza de Fernando o Católico, ás 20:00 horas.

Read More

 

CGT contra a mafia empresarial de Mercadona

A CGT de Pontevedra convoca, para este mércores, día 6 de novembro, ás 18:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá ante as portas de Mercadona este día. Read More

 

A CGT en Correos na Coruña denuncia o desmantelamento do servizo público postal

Logo CGT Correos buzonNo ano 2013 Correos reducíu na Coruña o número de barriadas sin carteiro, chegando xá a 17 na cidade ; barriadas que os carteiros restantes tendrán que asumir. O martes dia cinco de novembro Correos iniciará na Coruña a segunda etapa de desmantelamento do servizo público , esta vez no centro da cidade herculina.

Efectivamente, os barrios do centro da cidade resultarán afectados, o eliminar Correos oito carteiros dos 46 que diariamente servían o centro da cidade, quedando pois reducidos a 38 traballadores; que, como bós profesionais, tentarán seguir levando un servizo público e de calidade. Obviamente esta pérda de oito traballadores ocasionarán bastantes inconvenientes e carencias que os coruñeses tendrán que reclamar a Correos, …dende Montealto ( eliminan 1 carteiro), a Cidade Vella, Pescadería ( eliminan 2 carteiros), … pasando polo Ensanche, zona comercial e resto ate os Mallos (eliminan 5 carteiros).

Read More

 

Manifestación contra o saqueo das pensións

Os sindicatos CUT e CGT convocan unha manifestación, dentro das mobilizacións unitarias pactadas para toda Galicia, en defensa do sistema público de pensións e en protesta contra os recortes que está levando a cabo o goberno actual, que non só recorta dereitos sociais aos pensionistas facéndolles pagar parte dos medicamentos e servizos médicos, senón que ten a intención de endurecer os requisitos para ter dereito a pensións e rebaixar, mediante o cambio dos sistema de cálculo, os importes iniciais da pensión. A isto lle temos que engadir o cambio no sistema de revalorización das pensións, que provocará unha rebaixa real e un deterioro das condicións de vida dos anciáns, xa baqueteados pola chamada crise.

A manifestación se celebrará o día 9 de novembro, sábado, e sairá ás 12:30 horas da Praza de Portugal e rematará diante da Delegación do Goberno.

Os sindicatos convocantes fan un chamamento ao pobo coruñés para que se sume a esta convocatoria e fagan chegar a súa protesta na rúa contra estas medidas inhumanas.

CGT da Coruña

 

Concentración contra as prácticas antiobreiras de Mercadona

No-a-Mercadona pequenoA CGT da Coruña convoca, para o próximo mércores, día 6 de novembro, ás 18:00 horas, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Xeneral Sanjurjo, 152.

O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa, caracterizada polo acoso aos traballadores e a represión de calquera iniciativa de defensa dos seus dereitos.

A última é o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida, tras abrirlle un expediente sancionador a toda velocidade.

Para a CGT, cada despedimento é unha agresión e non a vai consentir a impunidade do presidente de Mercadona, acostumado a manexar aos traballadores coma nunha prantación escravista.

CGT da Coruña

 

En defensa das pensións

foto_reforma_pensionesAos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,… únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.

Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.

Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.

CGT de Galicia