Continuamos na loita contra Mercadona para conseguir a readmisión do compañeiro Fran, da CGT de Málaga, que foi despedido por dita empresa intentar constituir a Seción Sindical da CGT naquela localidade.
A primeiros do mes de outubro, a empresa Mercadona abriulle un expediente disciplinario ao compañeiro Fran, que tivo a ousadía de organizar e ser nomeado representante da Sección Sindical da CGT de Málaga na empresa. A súa intención era clara: desfacerse dos traballadores máis incómodos e entre eles está Fran, que se negara, pouco antes do expediente, a aceptar cartos para que se esquecese da actividade sindical. Efectivamente, o pasado día 10 de outubro, a empresa despediu ao compañeiro, que respondeu plantándose diante da empresa desde o luns, día 14, mentres a CGT de Málaga realiza concentracións diarias ante os supermercados. Read More
8 de xaneiro: Paros en Extel e Atento na Coruña.
O vindeiro mércores, 8 de xaneiro, todos os traballadores e traballadoras de Extel en tódolos centros do estado español, mais os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña, están convocados a secundar paros dunha hora por quenda de traballo, ás 12 e ás 19 horas.
Con estos paros, os traballadores e traballadoras van a dicir alto e claro: Basta!. Cansos de padecer infinidade de abusos por parte de Movistar-Extel-Atento, os traballadores e traballadoras afirmamos que non somos mercadoría en mans destas multinacionais que só procuran millonarios beneficios a baixos custes salariais.
A cobiza de Telefónica-Movistar non ten límites, presionando mais que nunca, e isto, se non o paramos, vai a ir a máis. É tempo de lles plantar cara, é hora de nos defender coa única ferramenta que temos os traballadores e traballadoras, a Folga.
Concentración en defensa do tren público
O próximo venres, día 20 de decembro, ás 19:30 horas, a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e das Mariñas convoca unha nova concentración nos andéns da Estación de San Cristóbal na Coruña. O motivo é a protesta polo desmantelamento do ferrocarril e en demanda dun servizo público de trens social, de calidade e seguro.
A plataforma, da que forma parte a CGT, considera que as últimas medidas de troceamento das empresas ADIF e RENFE son un paso decisivo para a futura privatización e a desaparición do ferrocarril como servizo público.
Mobilizacións da CGT en Correos na Coruña
Os compañeiros e compañeiras da CGT en Correos na Coruña desenvolverán durante toda a semana diferentes accións reivindicativas co obxectivo de informar á cidadanía da actual situación do servizo público postal na cidade coruñesa, denunciando os recortes que se están a producir. No ano 2013 Correos reduciu na Coruña o número de prazas de reparto, chegando no día de hoxe xa a 17 prazas de repato perdidas na cidade
As accións comezan o luns 16 de decembro, ás 17 horas coa presentación pública da campaña nun acto informativo na AAVV de Monte Alto, no que se trasladará á veciñanza a preocupación da CGT pola redución das prazas asignadas para ese barrio. O día 17 de decembro, ás 9 horas terá lugar unha manifestación festiva diante da oficina principal de Correos na Coruña (UR1), na rúa de Alcalde Casás, e o mércores, día 18 de decembro haberá unha concentración, tamén ás 9 horas, na oficina da rúa de Vizcaia (UR2). Durante o resto da semana se sucederán accións no resto das oficinas, reparto de material informativo, …
Mais información no blogue da CGT en Correos na Coruña.
CGT en Correos na Coruña
Contra Mercadona
A CGT da Coruña convoca para o día 21 de decembro, sábado, unha concentración diante do Mercadona situado na Avenida de Fisterra, número 265, da cidade, ás 11:30 horas, e protesta polo despedimento do compañeiro Fran, afiliado da CGT de Málaga polo simple feito de intentar constituir a sección sindical.
Facemos un chamamento a todo o pobo traballador para que participe nas mobilizacións contra esta empresa, carcterizada por ser a patronal máis retrograda e cobizosa do país e polas súas prácticas mafiosas.
Máis información, picando aquí.
Comité Local da CGT da Coruña
CGT contra a mafia de Mercadona
A CGT de Pontevedra convoca, para o venres, día 20 de decembro, ás 19:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá de novo ante as portas de Mercadona este día. Read More
CGT Pontevedra, 10 D: Na defensa da sanidade pública
A CGT de Pontevedra-Arousa manifesta seu apoio e participa na manifestación "En Defensa da sanidade pública" que terá lugar en Pontevedra este 10 de decembro, con saída ás 20:00h, dende o Hospital Provincial. A CGT fai un chamamento a todos os seus afiliados e a toda a poboación de Pontevedra para sair á rúa e denunciar o desmantelamento e privatización dos servizos públicos, tamén os sanitarios. ¡A loita contra a política económica e social do goberno continúa!
CGT Pontevedra – Arousa
Entre tebras … hipocrisía no Banco Santander
Hai poucos días, UGT e CCOO convocaban concentracións nalgunhas das principais sucursais do Banco Santander, supostamente para enfrontar o ataque que a externalización e venta de servizos supoñen para os traballadores e traballadoras. Parecen non lembrar, aínda que nós sí, que estos ataques son froito da súa sinatura, xunto con FITC e STS, de acordos que recortaron os dereitos dos traballadores e traballadoras, deixándonos no desamparo fronte á empresa.
Esquecen que o ERE que firmaron supuxo o despedimento de centros de traballadores e traballadoras, como denunciou a CGT. Esquecen as condicións perdidas nas hipotecas, que a CGT levou aos tribunais. Esquecen a súa sinatura no acordo de fusión que tumbou o fondo asistencial. Esquecen o seu acordo co Estatuto do Delegado/a que ascendía as cúpulas sindicais.
Agora veñen a chamar á mobilización, sen tan sequera procurar a imprescindible unidade de acción e participación activa de todos os traballadores e traballadoras … só buscan unha foto, que oculte as súas vergoñas (que non son poucas) para, nas seguintes eleccións, voltar a pedir o voto.
Hai que deter os métodos traumáticos de reduccións de planteis, hai que parar os despedimentos, hai que parar a venta fraudulenta de departamentos a empresas externas … e para iso, para amosarlle á empresa a firmeza na defensa dos nosos dereitos, é necesaria a unidade de acción, a participación activa de todos e todas.
Sección Sindical da CGT no Grupo Santander
Concentración na Coruña en apoio á loita dos traballadores e traballadoras do ferrocarril
A CGT da Coruña chama á participación de todos e todas na Concentración que terá lugar o vindeiro mércores 4 de decembro, ás 19.30 horas, nos andéns da Estación de San Cristovo da Coruña. Esta mobilización está convocada en apoio á loita das traballadoras e traballadores do ferrocarril e é impulsada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, da que a CGT forma parte.
Os traballadores e traballadoras do sector ferroviario están chamados á secundar dúas xornadas de Folga, os días 5 e 20 de decembro, contra a segregación de Renfe Operadora en catro sociedades anónimas e a división de ADIF en outras dúas, e contra a destrucción de emprego nas empresas ferroviarias. Estas mobilizacións están convocadas pola CGT e o SF.
Asemblea Xeral
O venres, día 13 de decembro, ás 19:30 horas, trerá lugar unha Asemblea Xeral da CGT da Coruña para adoptar acordos para o Pleno de Sindicatos de Galicia que se fará os días 21 e 22, tamén na Coruña. Os puntos a debater son os relacionados cos acordos e desenvolvemento do XVII Congreso Confederal.