Onte de madrugada a mesa de negociación chegou a un principio de acordo cos empresarios para a firma do convenio de Comercio de alimentación de Pontevedra: Este acordo será levado á asemblea do domingo 4 para ser ratificado polos traballadores e  traballadoras e desconvocar a folga.
O acordo chegou unha vez a patronal retiro a súa intención de negociar a conxelación da antigà¼idade, o acordo é por 4 anos con subidas salariais de 2016 e 2017 do o,1% e 2018 e 20119 do 1’5% e 16 días de vacacións no período de verán.
Pensamos que acordo alcanzado apenas redunda en revertir as precarias condicións laborais, de manterse o calendario de mobilizacións podíase conseguir melloras reais e tan necesarias no social como no económico para as traballadoras do sector.
@redesCGTvigo



A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, ten convocado manifestacións nas principais cidades galegas, preparatorias da mobilización do vindeiro 24 en Compostela.


A CGT de Vigo apoia as mobilizacións convocadas pola plataforma de movementos sociais da cidade. Ademais da acampada que continúa no Monte do Castro, mañá, sábado 18 de outubro, Â a partir de las 11 horas, está convocada unha concentración diante do edificio da Xunta na praza da Estrela.