Flyer 99x210mm Concentración 18 Oct-01A CGT de Vigo apoia as mobilizacións convocadas pola plataforma de movementos sociais da cidade. Ademais da acampada que continúa no Monte do Castro, mañá, sábado 18 de outubro,  a partir de las 11 horas, está convocada unha concentración diante do edificio da Xunta na praza da Estrela.

Con esta concentración se quere denunciar e reivindicar que se dedique máis fondos ás axudas sociais: Risga, axudas de emerxencia municipal, vivendas sociais, reapertura do local do programa Sereos, contratación de máis traballadores e traballadoras sociais, …

No transcurso da concentración está previsto o reparto de preto de 10.000 panfletos, moitos deles en inglés, entre a poboación da cidade e os case 15.000 turistas que chegarán a Vigo en tres barcos.

F.L. de CGT de Vigo

Comparte esta entrada ...