Dentro da iniciativa conxunta que levan adiante as organizacións sindicais CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG en defensa do sistema público de pensións, o vindeiro sábado, día 9, celebraránse varias manifestacións e concentracións en distintas localidades galegas.
Dende a CGT facemos un chamado a secundar as mobilizacións convocadas nas distintas cidades baixo o lema «Salvemos as pensións».
Os actos convocados son os seguintes:
- Na Coruña: Manifestación dende a Praza de Portugal, ás 12:30 horas.
- En Ourense: Concentración ante a Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), ás 11:00 horas.
- En Compostela: Manifestación dende a Porta do Camiño, ás 11:30 horas.
- Na cidade de Vigo, a manifestación terá lugar o xoves 21 de novembro, con saída da Praza de Fernando o Católico, ás 20:00 horas.
Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,… únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
  

No marco das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade, o Salón de Actos da UNED acollerá o venres 11 de octubre, ás 19.30, unha Charla sobre o esperanto a cargo dun grupo de esperantistas galegos.