A CGT da Coruña convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo traballador en xeral a que participen na manifestación que comezará o próximo xoves, día 6, ás 20:00 horas, diante da tenda de Movistar na rúa Ramón y Cajal da Coruña. O €R€ que pretende a empresa Extel consiste no despedimento de 355 traballadores, dos que 205 son do centro de traballo da Coruña.
Para a CGT, trátase dunha decisión inxustificada e fraudulenta da empresa, que está a desviar chamadas a centros de traballo de sudamérica para intentar demostrar unha reducción no volume de negocio.
A CGT vai combater con todos os seus medios este repugnante abuso da empresa, abuso que se produce nun sector altamente precarizado e que ten unhas condicións laborais e salariais de explotación intolerables.
BASTA XA DE EXPLOTACIÓN!
A LOITA É O ÚNICO CAMIà‘O!
NON AO ERE EN EXTEL!
Comité Local da CGT da Coruña
A CGT da Coruña convoca a súa afiliación e simpatizantes a unha nova concentración diante da sede do Banco Santander na Coruña, no Cantón Pequeno, número 15-17, o próximo mércores, día 5 de outubro, ás 13:00 horas.
A empresa Extel comunicou onte aos representantes dos traballadores a súa intención de desfacerse de 355 deles, dos cales 205 corresponden ao centro de traballo da Coruña.
El próximo jueves 29 de septiembre tendrán lugar una serie de paros de dos horas; de 00:00 a 02:00, de 10:30 a 12:30 y de 16:30 a 18:30 en las empresas de telemarketing a nivel nacional, entre ellas Atento y Extel, como protesta por los nulos avances en la negociación del Convenio Colectivo del sector por parte de la patronal, que no solo no está dispuesta a incorporar mejora alguna a las condiciones actuales de trabajo sino que pretende recortar derechos ya recogidos en convenios anteriores.
El Banco Santander castiga al que concilia
A CGT de Unipost-Compostela convoca unha concentración o venres, 9 de setembro, na Praza do Toural, ás 13:00 horas, dentro do plan de mobilizacións reivindicativas de dereitos contra a empresa e que inclúen unha semana de paros laborais.
A CGT, xunto co resto das organización sindicais (CC.OO., USO e UGT), convocan paros parciais en todos os centros de traballo da empresa Unipost, entre os días 5 e 9 do mes de setembro. A estes paros, aos que están convocados todos os traballadores e traballadoras da empresa, serán de duas horas para quen teña xornadas de ata seis horas e de tres para os que as teñan superiores e realizaranse nas últimas horas da xornada laboral.