extel-ere-nonA empresa Extel comunicou onte aos representantes dos traballadores a súa intención de desfacerse de 355 deles, dos cales 205 corresponden ao centro de traballo da Coruña.

Ante esta inxustificada decisión a CGT, tanto na Coruña como no resto do estado, comunica a súa intención de enfrontarse firmemente a ela e de loitar contra a voracidade empresarial. Non contentos con manter unhas condicións de traballo abusivas, tratan aos traballadores como mercadorías, e iso non o imos consentir.

A CGT fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e pobo traballador en xeral a que non consistan este atropelo e que manifesten a súa solidariedade cos traballadores afectados participando nas mobilizacións que se producirán.

BASTA XA DE EXPLOTACIÓN!

A LOITA É O ÚNICO CAMIà‘O!

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta entrada ...