


Coloquio sobre a Folga Xeral na Coruña
Mañá, 6 de marzo, ás 20:00 horas, celebrarase no local do Centro Social A Comuna, na Verea do Polvorín da Coruña, un coloquio-debate sobre a Folga Xeral Feminista convocada para o día 8 de marzo.
No debate participarán a CGT, CIG, SLG e CUT.
Comité Local da CGT da Coruña
CGT Pontevedra – Xornadas Libertarias Abril 2016
Cartel XornadasCGT-Pontevedra organiza na próxima semán (26 abril – 1 de maio) as Xornadas Libertarias. Comenzarán o luns, 26 de abril, coa inauguración da Exposición «La muerte de la libertad», sobor da represión do movemento libertario baixo o franquismo e rematarán o 1º de Maio, coa manifestación conxunta das organizacións anarcosindicalistas CGT e Sindicato Pontevedra Libertaria. Sigue o programa e calendario.
A CGT de Galicia edita «El crimen de Chicago»
A CGT de Galicia decidiu editar, o pasado Primeiro de Maio, a coñecida obra do pensador anarquista galego Ricardo Mella, «El crimen de Chicago», na que relata os acontecementos ocurridos naquela cidade americana en maio de 1886, nos que milleiros de traballadores foron á folga en demanda da xornad de oito horas e que desembocaron na cruel represión burguesa que levou á condea a morte de cinco traballadores e á cadea a outros tres nun infame xuízo. O libro recolle tamén os dircursos dos «Mártires de Chicago» e correspondencia da época. Read More
El Congreso de CGT en A Coruña, en los medios
LA OPINIÓN A CORUà‘A
El sindicato CGT inaugura mañana en A Coruña su XVII Congreso Confederal, con unos 400 delegados
http://www.laopinioncoruna.es/economia/2013/10/16/sindicato-cgt-inaugura-manana-coruna/772797.html
DIARIO PROGRESISTA
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.diarioprogresista.es/cgt-celebrara-su-xvii-congreso-confederal-en-a-coruna-39035.htm
GLOBELIA
XVII Congreso Confederal CGT. 17 a 20 octubre. A Coruña
http://es.globedia.com/xvii-congreso-confederal-cgt-octubre-coruna
INSURGENTE.ORG
El sindicato CGT realiza su XVII Congreso
CRÓNICA POPULAR
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.cronicapopular.es/2013/10/cgt-celebrara-su-xvii-congreso-confederal-en-a-coruna/
KAOS EN LA RED
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña De
TERCERA INFORMACIÓN
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article59079
ALASBARRICADAS
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/26527
HUMANIA.ORG
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.humania.tv/noticias/cgt-celebrar-su-xvii-congreso-confederal-en-a-corua
ANARQUISMO.NET
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.anarkismo.net/article/26319
PRESSPEOPLE
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.presspeople.com/nota/cgt-celebrara-xvii-congreso-confederal-coruna
Xornadas Libertarias na Coruña: Charla sobre o Esperanto
No marco das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade, o Salón de Actos da UNED acollerá o venres 11 de octubre, ás 19.30, unha Charla sobre o esperanto a cargo dun grupo de esperantistas galegos.
Na charla-coloquio participarán: Antonio Valén, autor do libro "El esperanto: lengua y cultura" y escritor en esperanto, miembro de la llamada Escuela Ibérica, un grupo de escritores que utilizan el esperanto como lengua literaria; Suso Moinhos, filólogo, traductor e docente de esperanto; Angel Borrué, licenciado en belas artes, artista e esperantista.
Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.
Xornadas Libertarias na Coruña
A CGT da Coruña acolle o XVII Congreso de sindicatos da Confederación Xeral do Traballo (CGT), que terá lugar entre o 17 e o 20 de outubro de 2013.
Con motivo do Congreso, a CGT da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Libertarias que en anos anteriores estiveron adicadas á pedagoxía e á memoria histórica libertarias.
Nesta ocasión as xornadas serán mais amplas, abranguendo temáticas que van dende a autoxestión, o esperanto, os movementos populares no norte de África, a defensa do ensino público,…
Agardamos que as actividades programadas sirvan como espazo de aprendizaxe, reflexión e debate.
O Programa das Xornadas é o seguinte: Read More
Xornadas libertarias en Pontevedra
Mañán, martes, 18 de xuño, ás 20:00h, na sede da CGT, comenzan en Pontevedra as «Xornadas Libertarias – Xuño 2013», coa charla-debate sobre a «Reforma Laboral», na que actuará como ponente o compañeiro Desiderio Martín, membro do Gabinete de Estudios da Comité confederal da CGT, e na que poden participar, "a micrófono libre", todas as persoas interesadas.
Charla-Debate
"A ininterrumpida reforma laboral ou cómo chegamos ata eiquí":
– Máis de 6 millóns de persoas en paro
– Empobrecemento xeral da clase traballadora
– Precarización do emprego e as condicións laboráis e de vida.
– Impunidade do saqueo da poboación e a destrución do patrimonio público e a privatización da sanidade, educación, xustiza, dependencias e servizos públicos.
CGT Pontevedra – Comité Local
Xornadas libertarias de Debate ó Vermello e Negro vivo
A CGT de Pontevedra organiza para este mes de xuño as xornadas de "Debate ó vermello e negro vivo", nas que poden participar "a micrófono libre" todas as persoas interesadas. Todos os actos comenzan as 20:00h e celebraranse na sede da CGT (r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) agás a Mesa Redonda sobre os novos Movementos sociais que terá lugar no Salón de actos do edificio sindical (R/ Pasantería – Baixo). Está é a programación:
Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña
O vindeiro domingo, día 2 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901