Manifestación na Coruña o día 8

O próximo día 8, martes, a CGT fará unha manifestación que sairá ás 19:30 horas da Praza de Vigo da Coruña, para rematar diante da Delegación do Goberno.

A CGT convoca esta manifestación dentro da Xornada de Loita convocada pola organización confederal para protestar polas medidas e recortes antisociais do goberno, así como do anuncio dunha nova reforma laboral que recaerá, como todas as anteriores sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas da sociedade.

Para este sindicato, a convocatoria dunha Folga Xeral é imprescindible para variar o rumbo destas decisión e para que se faga recaer o peso da crise sobre os directos responsables da mesma.

 

Charla Anti-militarista en Vigo

O vindeiro xoves día 10 de xuño ás 20:00 do serán habera unha charla antimilitarista no local da C.G.T. de Vigo, charla enmarcada dentro da campaña pola Obxección Fiscal 2010. Será impartida por un membro do Espazo Aberto Antimilitar.

A OFGM (Obxección Fiscal aos Gastos Militares) é a non disposición a colaborar cun dos peores xeitos cos que o capitalismo se estende a nivel mundial: co militarismo e as guerras, aínda que estas sexan maquilladas últimamente como «intervencións humanitarias» ou «guerras contra o terrorismo».

Read More

 

A CGT da Coruña convoca manifestación contra o tixeiretazo de Zapatero

A CGT da Coruña, ante a agresión a importantes colectivos que supón a aprobación das medidas económicas "contra a Crise" impostas polo goberno de Zapatero, manifesta o seu absoluto rexeitamento a que recaia sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas o pagamento dunha crise da que non son responsables, mentres os especuladores e as grandes fortunas seguen campando ás súas anchas.

Por isto, ven de convocar unha manifestación na Coruña o día 4 de xuño, venres, que comezará ás 19:30 horas na Praza de Portugal e finalizará na Delegación do Goberno.

 

Homenaxe e lembranza das vítimas na Folga de 1901 na Coruña

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 30 de maio, ás 13:00 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

 

 

Manifestación contra as medidas do goberno:

A FL de Vigo chegou a un acordo con outras oitos organizacións ( sindicais, políticas, culturais e da mocidade ) para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño: a folga xeral. Así facemos un chamamento a todos os afiliados e simpatizantes para que o día 27 de maio ás 20:00 dende a Vía Norte participen na manifestación contra as agresións do capital e pola folga xeral. Non nos quedamos calados /as.

Read More

 

 

Concentración en protesta polo despido de Lupe

O próximo martes 27, ás 19 horas, terá lugar na Coruña unha concentración diante da empresa BNB Espacio Vital, situada na praza de Lugo número 4.

Recordamos que a empresa (adicada á dietética, herboristería e estética) despediu de xeito despreciable á nosa compañeira Lupe, logo de ter que soportar abusos á súa dignidade como nai e traballadora.

ACUDE Á CONCENTRACIÓN EN APOIO DE LUPE

¡NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

 

Primeiro de Maio da CGT da Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír a manifestarse polas rúas da Coruña, nesta ocasión co lema "CADA DESPIDO É UNHA AGRESIÓN. NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA".

Para a CGT a situación que está a vivir a clase traballadora é insostible. O despido libre, a existencia de máis de catro millóns de parados e a ameaza dunha nova reforma laboral e do sistema de pensións esixen que os traballadores amosemos firmemente o noso rexeitamento á situación e a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos intereses.

Por isto, convocámoste a que participes na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.

ESTE ANO NON PODEMOS FALTAR NINGÚN

BASTA XA DE DESPIDOS SALVAXES E SINDICATOS DOMESTICADOS

Xantar de confraternidade
Como outro anos, estamos organizando un xantar de confraternidade despois da manifestación. Os que estean interesados deberán anotarse antes do día 27 deste mes de abril. Calcúlase que o prezo estará sobre 12 euros. A anotación será no propio local sindical, por teléfono ou a través do correo electrónico.