Este Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír a manifestarse polas rúas da Coruña, nesta ocasión co lema "CADA DESPIDO É UNHA AGRESIÓN. NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA".

Para a CGT a situación que está a vivir a clase traballadora é insostible. O despido libre, a existencia de máis de catro millóns de parados e a ameaza dunha nova reforma laboral e do sistema de pensións esixen que os traballadores amosemos firmemente o noso rexeitamento á situación e a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos intereses.

Por isto, convocámoste a que participes na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.

ESTE ANO NON PODEMOS FALTAR NINGÚN

BASTA XA DE DESPIDOS SALVAXES E SINDICATOS DOMESTICADOS

Xantar de confraternidade
Como outro anos, estamos organizando un xantar de confraternidade despois da manifestación. Os que estean interesados deberán anotarse antes do día 27 deste mes de abril. Calcúlase que o prezo estará sobre 12 euros. A anotación será no propio local sindical, por teléfono ou a través do correo electrónico.

Comparte esta entrada ...