O vindeiro xoves día 10 de xuño ás 20:00 do serán habera unha charla antimilitarista no local da C.G.T. de Vigo, charla enmarcada dentro da campaña pola Obxección Fiscal 2010. Será impartida por un membro do Espazo Aberto Antimilitar.

A OFGM (Obxección Fiscal aos Gastos Militares) é a non disposición a colaborar cun dos peores xeitos cos que o capitalismo se estende a nivel mundial: co militarismo e as guerras, aínda que estas sexan maquilladas últimamente como «intervencións humanitarias» ou «guerras contra o terrorismo».

Coa OFGM estamos desobedecendo activamente ao gasto militar no momento de realizar a declaración da renda (IRPF). A nivel puramente técnico, consistiría en deducir dos nosos impostos a parte que se destinaría a fins militaristas.

Comparte esta entrada ...